Blog da Biblioteca do IES de Curtis: 1/10/10 - 1/11/10

28/10/10

SAMAÍN, HALLOWEEN, DIFUNTOS... LLAMAN A LA PUERTA DE LA BIBLIOTECA


No podíamos permanecer ajenos a este halo de misterio, de terror, a esta llamada de lo sobrenatural ligada a las fechas que se aproximan: por ello el panel de entrada a la biblioteca recoge una muestra de carteles informativos sobre el orígen del Samaín, de la fiesta de Halloween, sobre la representación de don Juan Tenorio a comienzos de noviembre... Acompaña a esta exposición, ahora ya en el interior del recinto de la biblioteca, otra con libros y películas relacionadas con la temática de lo misterioso y de lo terrorífico: todos estáis invitados a compartirlas y, cómo no, a hacer uso de los materiales que la componen.

¿CÓMO USAR LA BIBLIOTECA Y NO FRACASAR EN EL INTENTO?


Uno de los objetivos del equipo de profesores que se encargan del funcionamiento de la Biblioteca Sarmiento es mostrar al alumnado la eficacia y la utilidad de este espacio a la hora de llevar adelante sus diferentes tareas. Para ello, además de abrir a diario las puertas del espacio físico de esta zona del centro, se están realizando en diferentes cursos de ESO actividades in situ de formación de usuarios: qué tipos de fondos existen, cómo se clasifican, en qué anaqueles están, cómo se demanda su préstamo, cuánto tiempo puede llevarse a casa, cómo informarse de las novedades adquiridas... No sólo es necesario ofrecer materiales: es preciso enseñar como acceder autónomamente a ellos en cualquier biblioteca.

MAÑÁN VENRES, 29: MAGOSTO


É tempo de outono: vai un pouco máis de fresco, empezan a medrar  cogumelos, no chan empezanse a mesturar cores verdes e ocres dun xeito ben fermoso... e as castañas están xa en tempo de comida. Por iso, e atendendo á chamada do costume, mañán venres, no tramo final da xornada, farase o magosto no patio cuberto de centro. Para ambientar a festa, a corticeira da entrada deste espazo acolle fotografías sobre o tema e ¡deliciosas! receitas que teñen a castaña como ingrediente básico. Tomemos nota.

OUTONO MICOLÓXICO NO IES DE CURTIS



Un ano máis andamos a voltas cos cogumelos: hoxe xoves saímos, como xa é tradición,  cunha parte do alumnado do centro para recoller mostras das especies máis habituais nas terras de Curtis. Velaquí unha mostra do que se recolleu, á vista de todos os que queiran visitala (zona de entrada ).

Caballeros, 1: Los Episodios reeditados.

Caballeros, 1: Los Episodios reeditados.: "La catedrática de la Universidad de Vigo, Dolores Troncoso, acaba de finalizar una reedición única de Los Episodios Nacionales de Galdos en..."

Ha muerto Francisco Garfías

Ocurre a veces que la mano toca
el cielo y no lo sabe.
Estaba Dios aquí. ¿Lo habéis sentido?
Estaba en la sonrisa de aquella flor del cáncer.
Ella no lo sabía del todo, pero a veces
le exaltaban tumultos de Dios por todas
partes.
Tanto que repartía Dios en cada mirada.
Tanto que entre las sábanas le crecía,
abrazándole,
y se llenaba toda de un Dios multiplicado
como se llena una hostia grande.
Ocurre a veces que la mano toca
más allá de la muerte y no lo sabe.


Estaba Dios aquí. ¿No lo habéis visto?
Y al callarnos se oía
la Eternidad crujiéndole en la sangre.
Francisco Garfias

27/10/10

Actualidade

Diego Calvo (Delegado Territorial) dá por "cerrada" a polémica pola supresión do ciclo de Electricidade   La Voz de Galicia 27/10/2010


Os pais dos alumnos afectados: "Necesitamos apoios e non discursos políticos"   El Mundo 26/10/2010

26/10/10

A volta coa auctoritas

Con moita frecuencia confundimos a auctoritas coa potestas que tan ben distinguían os romanos. A primeira ten que ver coa autoridade moral que temos que gañar cada día coa nosa profesionalidade, co bo exemplo, co respecto, coa dedicación, co cariño, cos afectos e os sentimentos, coa persuasión e a convicción, co diálogo, coa comunicación, con xenerosidade, cos nosos coñecementos, experiencia, comportamentos e condutas, sabendo e preparando a materia… esta ascendencia moral non se compra no supermercado, nin se compra nin se vende, apréndese e constrúese cada día, con moito esforzo, con ilusión, con vocación, con amor por este fermoso oficio, o de ensinar, aprender e compartir cultura, saber e sabedoría… mentres que a potestas, polo contrario, consiste nun conxunto de facultades públicas que son outorgadas, desde fóra, a unha persoa de acordo cunhas formalidades ben definidas, trátase dun poder que non emana da condición persoal do titular, senón que está relacionada coa forza e a imposición coercitiva, con aquilo que Maquiavelo dicía: o príncipe debe infundir temor e impoñerse pola forza da espada… por iso, o debate sobre a autoridade debera ser moral, ético, profesional, humanista, educativo…, non simplemente administrativo ou xurídico, nin vingativo, o desquite do 68, en palabras de Sarkozy, ou de tantos e tantas que añoran un pasado que xa está escrito.
MANUEL DIOS DIZ

Auctoritas ou protestas?

"... O profesorado traballa con persoas concretas, con ritmos e necesidades distintas, non en función de intereses económicos, mercados, ventas, beneficios, audiencias… ou votos. Por iso o tempo educativo non ten nada que ver coa fugacidade do tempo televisivo, radiofónico ou electoral..." (para ler o artigo completo,  preme aquí)


Vía Xornal.com 26/10/2010

Actualidade

Los padres encerrados en Curtis anuncian más protestas   La Voz de Galicia 26/10/2010

Una semana de encierro   La Opinión 26/10/2010

23/10/10

Actualidade do conflito do IES

El alcalde de Curtis denuncia irregularidades en la supresión del ciclo   La Opinión 23/10/2010

O conflito do instituto de Curtis adquire tinguiduras políticas   La Voz de Galicia 23/10/2010
 
A austeridade en Curtis - Carlos Aymerich   Xornal.com

Sen comentarios

Javier Caínzos (alcalde de Curtis) solicita a alumnos, pais, profesores e dirección do IES de Curtis que cumpran con responsabilidade e dilixencia o seu labor para que «non volvamos sufrir situacións deste tipo»

La Voz de Galicia 22/10/2010

Por Carlos Aymerich. Portavoz parlamentar do BNG

“Seus fillos son uns fracasados, persoas irrecuperábeis para esta sociedade, pensan vostedes que podemos gastar recursos públicos neles cando desaproveitaron as oportunidades que se lles deron?” Quen así se despacha, diante de pais e profesores que lle reclaman a abertura do primeiro curso do ciclo medio de FP de electricidade no IESP de Curtis para o que hai alumnos matriculados, é o señor Mira Lema, director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. Os aludidos son rapaces e rapazas cuxa única culpa é querer estudar e formarse e facelo na súa comarca e profesores con vontade de traballar, cuxo único pecado foi o de animar aos rapaces a se matricular no centro. “Secuestradores de alumnos”, na versión do bizarro director xeral. Desde o pasado luns un grupo de pais e nais do Instituto de Curtis están pechados no centro. E seguirán até que a Consellaría abra o ciclo de electricidade. A situación no IESP de Curtis reflicte ben a verdadeira face da austeridade do PP. Unha falsa austeridade agravada nuns orzamentos para 2011 carentes de estratexia para combater a crise, que aplican un recorte brutal ao gasto social e que teiman no reparto inxusto da carga tributaria: renúnciase a actuar sobre o tramo autonómico do IRPF para incrementar os tipos aplicábeis aos rendimentos máis altos ao tempo que se introduce un novo imposto sobre a auga que van pagar mesmo os que se abastecen de pozos particulares ou traídas comunitarias. Recortan 1.177 millóns de euros a respecto de 2010. E o reparto destre recorte ilustra as prioridades de Feijóo: o 40% do recorte, 476 millóns de euros, perpétrase nas políticas sociais. Haberá 183 millóns menos en Sanidade, 157 menos en Educación, 65 menos en Vivenda, 38 menos en Servizos Sociais e 32 menos en Emprego malia prever a propia Xunta que o paro medrará en Galiza un 2% en 2011. Máis 20.000 desempregados máis a sumar aos 40.000 que Feijoóo xa producíu desde a súa chegada ao Goberno. Outro 23% do axuste, 269 millóns, afecta ás políticas económicas e sectoriais: 126 millóns menos para o Medio Rural, 55 menos para Desenvolvemento Empresarial, 26 menos para Turismo, 24 menos para Pesca, 19 menos para Industria e 10 menos para Comercio a sumar aos 20,5 millóns (un 2% do recorte total) que a Xunta do PP minora en I+D+i e aos 56 millóns (un 5% do tesoirazo) que se lle resta a Lingua e Cultura.
Á vista destes dados caben poucas dúbidas de que o pulso que pais, nais, alumnos e profesores están librando en Curtis coa Xunta do PP vai alén dun ciclo formativo. Faise en nome dos trescentos profesores que a Xunta suprimíu este ano no ensino secundario, dos coidadores e pedagogos que faltan, dos alumnos amoreados nas aulas por riba do ratio legal, da supresión de ciclos, itinerarios e optativas. Faise, pois, en nome da defensa do ensino e dos servizos públicos en xeral. Por iso a Xunta do PP non vai ceder facilmente. Por iso os pais e nais de Curtis precisan de todo o noso apoio porque a súa batalla líbrana en nome de todos.
Ligazon ao texto no Xornal
Na Voz de Galicia


 Na imaxen Fátima Sanchez, Sara Rendal , Rita García, ex alumnas do centro na XVII Semana Cutural nos falaron de Inmortales y perfectos

22/10/10

A memoria da lingua

"O galego só o fala xente cateta de pobo". "O galego era o plebeo e o castelán era o mellor". "Se falabamos galego nas escolas dábannos cunha vara nas mans". Son só algunhas das máis de 15 testemuñas que recolleron o grupo As Candongas do Quirombo -formado por Andrea Núñez, Xandra Santos, Lara Rozados, Laura Fernández e Raquel Rei- para o documental A memoria da lingua. Un filme co que estas cinco mozas amosan "a represión lingüística dende a perspectiva máis vivencial", indica a xornalista Lara Rozados. "Quixemos ver os niveis de implicación afectiva da lingua, é dicir, até que punto a represión lingüística é determinante e actúa na xente", engade.

Vía Galicia Hoxe.com e Canal de Candongas do Quirombo

Encerro de pais, nais e alumnos en TVE1


Retransmisión en directo

Ver minutos de 44:51 a 48:45  e de 02:04:16 a02:05:40

20/10/10

Calquera postura é boa para...

Facelo de pé fortalece a columna,
 
 
boca abaixo estimula a circulación do sangue,
boca arriba é máis pracenteiro,
facelo só é bonito, pero egoísta,
 
 
en grupo pode ser divertido, no baño é moi dixestivo, no coche pode ser perigoso...
 
 
Facelo con frecuencia desenvolve a imaxinación,


entre dous enriquece o coñecemento, de xeonllos resulta doloroso...
 
 
En fin, sobre a mesa ou sobre o escritorio,
 
 
antes de comer ou na sobremesa,
 
 
sobre a cama ou na hamaca,
 
 
nus ou vestidos,
 
 
sobre o céspede ou a alfombra,


con música ou en silencio,
 
 
entre sabas ou no baño:
 
 
Facelo, SEMPRE é un acto de amor.
 
 
Non importa a idade, nin a raza, nin o credo,
 
 
nin o sexo, nin a posición económica...

... Ler sempre é un pracer

Fado para Loli


Gaivota - Carlos do Carmo


Se uma gaivota viesse
trazer-me o céu de Lisboa
no desenho que fizesse
nesse céu onde o olhar
é uma asa que não voa
esmorece e cai no mar

Que perfeito coraÇão, no meu peito bateria
meu amor na tua mão, nessa mão onde cabia
perfeito o meu coraÇão

Se um português marinheiro
dos sete mares andarilho
fosse, quem sabe, o primeiro
a contar-me o que inventasse
se um olhar de novo brilho
ao meu olhar se enlaçasse

Que perfeito coraÇão, no meu peito bateria
meu amor na tua mão, nessa mão onde cabia
perfeito o meu coraÇão

Se ao dizer adeus à vida
as aves todas do céu
me dessem na despedida
o teu olhar derradeiro
esse olhar que era só teu
amor, que foste o primeiro

Que perfeito coraÇão, no meu peito bateria
meu amor na tua mão, nessa mão onde cabia
perfeito o meu coraÇão


como diría Pink Floyd ...how I wish you were here

Os libros dan a felicidade

Vía Trafegando ronseis

18/10/10

Ilustrado


Debut literario de Miguel Syjuco (Manila, 1976). 
Todo empeza cando no río Hudson, de Nova York, aparece o cadáver de Crispín Salvador, patriarca das letras filipinas, e con el desaparece o manuscrito da súa suposta obra mestra, ata que Syjuco parece como o seu discípulo e único amigo, entón a novela toma rumbos metaliterarios e realidade e ficción se confunden, mentres se traza unha biografía política, social e cultural do arquipélago asiático, dende o pasado colonial e a independencia de España ata o caótico presente.

Boa pregunta



"El presupuesto debe equilibrarse, el Tesoro debe ser reaprovisionado, la deuda pública debe ser disminuida, la arrogancia de los altos funcionarios públicos debe ser moderada y controlada, y la ayuda a otros países debe eliminarse para que Roma no vaya a la bancarrota.
La gente debe aprender nuevamente a trabajar, en lugar de vivir a costa del Estado."


MARCO TULIO CICERON
Año 55 a.C.

Vidas post-it, Iolanda Zúñiga


O primeiro libro de Iolanda Zúñiga, Vidas post-it, volve ás librarías. 
Publicado orixinalmente en 2007 dentro da colección Abismos, pensada para novos narradores, empeza agora unha segunda vida na serie Narrativa de Xerais.

Contos curtos, concisos e veloces que alimentan un receitario de tropezos na vida. Unha tras outra, predominan as situacións cotiás guiadas por condimentos universais: incomunicación, soidade, desamor, abismo, sexo, rutina, violencia, melancolía, drogas, medo e outras miserias que murchan, afogan e desesperan, todo adobado coa fugacidade, precisión e brutalidade da vida sen decorados.

Iolanda Zúñiga (Vigo, 1975) tamén e autora do poemario Amén, Amén (Xerais, 2008) e de Periferia, unha historia sobre a precaridade cotiá e a falta de oportunidades nos suburbios. Novela coa que obtivo  O Premio Xerais de Novela 2010.

Estase a falar.

Un encarapuchado asasinou de tres disparos a Mario Dacosta, parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, cando saía da reunión do consello nacional no que a executiva, co seu voceiro á cabeza, Óscar Quiroga, presentou a súa dimisión.Os feitos aconteceron pouco despois das seis da tarde, cando Dacosta se dispuña a arrincar o seu coche, estacionado no aparcadoiro do Hotel Congreso de Santiago de Compostela. Segundo fontes da Delegación do Goberno, o pistoleiro achegouse ao parlamentario e asestoulle tres tiros, fuxindo posteriormente nun vehículo Renault Clio. Un dos disparos impactoulle na cabeza, provocándolle a morte. Os servizos sanitarios trataron de reanimalo no lugar do crime, sen éxito, durante media hora.
O presidente en funcións da Xunta de Galiza, Felipe Méndez Tarrío, cualificou o suceso de “atentado contra a democracia”. O vicepresidente Óscar Quiroga, amosouse “conmocionado” e afirmou que “Galiza saberá estar á altura das circunstancias” ante un asasinato “que enche de rabia a todos os demócratas, e especialmente aos nacionalistas galegos”. Fernando Xelmírez, secretario xeral UPG, partido integrado no Bloque e no que o parla-mentario militaba dende 1982, amosouse conmocionado polo suceso e cualificou a Dacosta de “camarada insubs-tituible e extraordinario patriota galego”. Horas antes do crime, Óscar Quiroga anunciara a súa dimisión ao comezo do consello nacional da formación frontista, conclave no que tamén presentou a súa renuncia toda a executiva. Abríase así unha nova etapa despois da derrota sufrida nos comicios autonómicos do 1 de marzo, cuxos resultados devolveron a maioría absoluta ao Partido Popular en detrimento do bipartito formado por PSdG-PSOE e BNG.
Alberto Cudeiro, un detective elegante con ínfulas taoístas, recibirá da dirección do BNG o encargo de investigar este crime, que o levará, tamén, a resolver un enigma relacionado coa guerra civil.
Páxina de Xerais

Asasinato no Consello Nacional

Asasinato no Consello Nacional é unha novela de Diego Ameixeiras, publicada por Edicións Xerais en setembro de 2010. . O autor contaba con outra dúas obras; Tres segundos de memoria e Dime algo sucio A obra é una homenaxe a Manuel Vázquez Montalbán e seu Asesinato en el Comité Central (1981).
Está protagonizada polo detective Alberte Cudeiro e a acción principal ten lugar en abril de 2009. No tempo narrado hai frecuentes analepses, desde 1936, até o momento do asasinado de Mario, pasando pola década de 1980 , e de 1990 e 2000 nos que transcurre a mocidade de diversos personaxes. Pode, tamen, apreciarse algunha prolepse, pois algún dos personaxes menciona proxectos futuros, que na vida real foron levados a cabo (como un congreso sobre a lingua organizado polo IGEA). A novela está chea de referencias culturais contemporáneas, desde musicais (Sonic Youth, The (International) Noise Conspiracy, Real Filharmonía de Galicia, The Melvins, Alice in Chains...), cinematográficas (Michelangelo Antonioni...), filosóficas (Michael Löwy, Jürgen Habermas, Gilles Deleuze, budismo...) ou literarias (Sam Spade...).
Hai unha forte presenza da política nacional, estatal e internacional contemporánea. Menciónanse tamén os clásicos do galeguismo (Castelao, Bóveda, Vilar Ponte, Risco ou Otero Pedrayo).Tamén se fai referencia a outros elementos da cultura galega pasada (como a Emilia Docet, miss España 1933) e contemporáneos (Inditex).
O espacio e , tamen, reconocible. A acción discorre principalmente en Santiago de Compostela do que atopamos moitos espazos abertos (Alameda, Bonaval, zona vella...), aparecen espazos pechados como as sedes da UPG e o BNG, o Auditorio de Galicia, ou bares e discotecas de sona (Maycar, Ruta, O Dezaseis...). O piso de Alicia está en Bertamiráns (Ames). Amais da acción inicial e final en Ourense, hai desprazamentos a Ferrol e Pereiro de Aguiar.

Asesinato en el Comite Central.

 Se reclama a Pepe Carvalho para resolver un caso —en esta ocasión se trata de descubrir al asesino del secretario general del Partido Comunista de España—, el detective inicia sus averiguaciones, realiza sus contactos, es objeto de persecución y de violencia (los rasgos de «novela negra» son evidentes) y finalmente el caso se resuelve.
 Interesa más lo que «hace» Pepe Carvalho que lo que piensa. La novela  esencialmente acción. La acción transcurre en Madrid , el novelista nos ofrece el clima de  Madrid, contemplado desde la perspectiva de un periférico, el barcelonés Pepe Carvalho. Y Vázquez Montalbán consigue efectivamente ofrecer esta visión distanciada, crítica y en ocasiones manifiestamente injusta de un barcelonés que visita la Villa y Corte. Pero, además, la acción del relato se sitúa en el seno del Comité Central del Partido Comunista de España, un mundo cerrado, con leyes propias, con personajes que aparecen en clave (aunque el conocedor puede descifrar la identidad de los más destacados por los detalles que se le ofrecen). Conocida es también la militancia política del autor —hoy en el Comité ejecutivo del PSUC— lo que añade a la novela el interés de quien escribe sobre lo que conoce directamente, incluidas algunas diferencias de matiz que hoy interesan principalmente a algunos comentaristas políticos.
En Asesinato en el Comité Central se mezclan dos géneros de raigambre popular, el policíaco y el de política-ficción, que el autor había ofrecido ya en su Yo maté a Kennedy.
 El novelista parece enfrentarse a su mundo con una dolorida mueca. Hay un amargo sentido del humor, teñido de poesía y de sentimiento, una meditación sobre la impotencia del poder o de la ambición
La operación estilística viene en función de una voluntad de crónica de lo inmediato. La novela hispánica de los últimos años tiende a situar la acción en el pasado: los años cincuenta, los cuarenta, la guerra civil. El novelista aparece entonces ejercitando el oficio de historiador, aunque sus historias sean inmediatas. Vázquez Montalbán prefiere la crónica de raíz periodística, la inmediatez de la noticia y sus posibilidades de influir con su comentario. Asesinato en el Comité Central tiene en buena medida la efectividad de una crónica o reportaje sobre el comportamiento y la mentalidad de los diversos escalones que componen el aparato del Partido. Éste brota diseñado por un narrador comprometido, capaz de distanciarse, aunque incapaz de superar la nostalgia por el ideal. Su Pepe Carvalho no es evidentemente un trasunto del autor, aunque tenga mucho de él; aquél es un ex militante, un cínico, un irrecuperable, pero también un ser generoso, inteligente, audaz, poseedor de una especial sangre fría. Y ambos, criatura y autor, coinciden en muchas actitudes que el aficionado a la obra de Vázquez Montalbán descubrirá a través de su obra.

Epílogo conmemorativo del 25º aniversario de Carvalho

No me gustó el libro entonces y además debo confesar que no me gusta el personaje de Carvalho, como héroe literario; puede que sea un buen detective, pero políticamente es un aventurero, cínico y golfo, tan gourmand como gourmet, y además inclinado al chuleo. Incluso no terminé de leerlo, al extremo de que no llegué a enterarme de quién asesinaba al secretario general y años después todavía le pregunté al autor si había sido la CIA o el KGB.
No me gusta Carvalho y, sin embargo, me gusta Manolo Vázquez Montalbán como escritor, como hombre fiel a posiciones de izquierda y hasta como persona, en la medida en que le he tratado. Recuerdo que mi primer conocimiento de él fue a través de la sección que publicaba en Triunfo —la capilla Sixtina— bajo la firma de Sixto Cámara que leía con fruición en aquel tiempo. Por entonces nos conocimos también en una de aquellas reuniones clandestinas que celebrábamos en París.
Poco después de publicado el libro nos encontramos casualmente en Dubrovnik y le invité a cenar marisco del Adriático en un restaurante de aquella hermosa ciudad, a la que sólo faltan los canales para hacerte vivir la impresión de que estás en Venecia. No recuerdo ya de qué hablamos aquella noche, ni creo que para mí fueran importantes los temas de conversación; lo que me interesaba era mostrar a Vázquez Montalbán que seguía respetándole como escritor y como camarada, a pesar del asesinato.
Pero en aquel tiempo la novela —libro político— me cayó mal. Manolo terciaba en el debate —al menos así lo entendía yo— como un "renovador de izquierda" —también los había de derecha—, un comunista iconoclasta con cierto tinte libertario, que en ese momento aportaba el refuerzo de su excelente pluma a una operación contra el eurocomunismo.
Tal como yo veía las cosas Vázquez Montalbán daba una mano al frente antieuro que estaba formándose entre renovadores de derecha y de izquierda, prosoviéticos dogmáticos y simples aspirantes a trepar hacia la dirección del partido. Yo pensaba ser uno de los que veían con más claridad el futuro, al plantear la necesidad de una nueva formación política que uniera las fuerzas de izquierda, lo que a mi juicio exigía no empezar destruyendo al PCE eurocomunista. Seguramente no acerté, pues no logré colocar esa idea en el centro de la actividad del partido hacia el futuro. Pero si algo puede aminorar mis errores fue el sinsentido de la operación vasca dividiendo el partido para incorporarse a una Euzkadiko Esquerra que terminó disolviéndose en el PSOE; o el otro sinsentido de enfrentar al PSUC con el PCE, rechazando el eurocomunismo; o la operación de las "células comunistas" de las que luego surgió el PCPE montada por la Embajada soviética, que en las elecciones del 82 dio la consigna de votar al PSOE.
Leer el texto completo

17/10/10

La cena, Herman Koch

Ata onde é capaz de chegar un pai para encubrir un fillo que comete un delito inxustificable? Debe prevalecer o instinto de protección paterna ou a lealdade a unhas normas sociais que garanten a coherencia e a fortaleza do grupo?

En decembro do 2005 un terrible suceso conmoveu Barcelona: tres mozos de familias acomodadas asasinaron a unha indixente nun caixeiro automático. O escritor holandés Herman Koch quedou impresionado pola noticia e decidiu tomala como base argumental da súa última novela, La cena, unha novela ácida e provocadora que apunta sen miramentos a toda unha clase social acomodada dos Países Baixos e, por extensión, de toda Europa, instalada nunha inercia de autosatisfacción e compracencia, e indiferente cara ao devir da xeración que ha de sucedela.

 Dous irmáns e as súas respectivas esposas cítanse a cear nun   luxoso e exclusivo restaurante de Ámsterdam, empezan falando da última película de moda e acaban discutindo sobre o futuro dos seus fillos de quince anos Michel e Rick, que, segundo algúns indicios, poderían estar envolvidos nun caso de violencia grave. Así pois, tras a sobremesa, a tensión entre os comensais alcanzará o seu punto culminante e a cadea de segredos e revelacións confluirá nun final dramático no que ninguén poderá esgrimir a súa inocencia.

Caballeros, 1: Toponimía. Coruña

Caballeros, 1: Toponimía. Coruña: "No Blog de Basteira Sobre A Coruña son moitas as teses que tratan explicar a sua orixe; nos extremos a de Caridad Arias, que non tivo proble..."

Todo é silencio. Crónica de Sandra Faginas

A CONSTRUCIÓN MÍTICA DO NARCOTRÁFICO
MANUEL RIVAS RESOLVE NA ESCURIDADE DUN TEMPO NO QUE A MAFIA DETURPOU A ALMA DE BRÉTEMA, TRASUNTO DUNHA GALICIA QUE SE ENGANCHOU AO DELITO E Á MORTE
O remate da última novela de Manuel Rivas (1957) deixa no padal aínda o sabor asalitrado desa prosa súa anfibia que desta vez arrastra como o mar atlántico a historia ficcionada do narcotráfico galego. Unha obra, Todo é silencio, construída desde a mítica duns personaxes que representan a orixe dunha nova evanxelización: o demo agochado nos oráculos dos caciques contrabandistas que abandonan o vello mundo, o tabaco, e aspiran outro novo, a cocaína. Un paso que lle serve ao autor para resolver na escuridade dunha época, desde os sesenta aos oitenta, na que a mafia deturpou as almas, as institucións, e, tamén, a linguaxe. De aí que dende o título suxerido nese verso seseante rosaliano («Todo é silensio mudo, soidá, dolor») as palabras queden convertidas en sentenzas, nun xogo orixinal dun narrador implicado no celme dos sucesos da historia, que permite que os personaxes cuspan ladaíñas e refráns como a Biblia fai cos salmos.

Porque desta vez, como sucedeu en Os libros arden mal, Rivas indaga dun xeito moito máis acentuado nas relacións da linguaxe e o poder, do crime, nunha volta iniciática á orixe proverbial onde os personaxes aparecen desposuídos da fala, do reclamo, do canto da verdade, da defensa, tal e como se nos anuncia na primeira frase: "A boca non é para falar, É para calar." Este arranque mudo serve como unha salmodia, esa mesma que inspirou a obra («Os ídolos dos pobos son prata e ouro [...] teñen boca, pero non falan, teñen ollos pero non ven, teñen oídos, pero non oen») para atraernos á creación dun universo paradoxal, real e ficticio, material pero non espiritual, terreal mais non divino, no que o mar enturbia simbolicamente a relación dos personaxes, como un ser supremo, que dá e quita a vida, nun trasunto da Xénese.

Neste invisible fío é onde sucumbe o lector que queda enleado na rede tecida por Rivas nesa dobre lectura (real e mítica) na que por un lado se recoñece nuns feitos dos que se cumpren 25 anos a impunidade dunhas bandas que se instalaron no sur de Galicia e a metafórica duns seres poliédricos muxidores e vítimas desa malla delitiva (Leda, Fins Malpica, Brinco e Mariscal...) con distintas respostas ao culto idolátrico artificial representado polo capitalismo do po máxico. Pero na mirada de Rivas o que sorprende en rigor é que non hai apaixonamento, nin sequera un ápice de distancia, nin unha fenda pola que escorregue unha dobrez irónica de quen olla afastado para eses seres verdaeiramente ficticios, non, o autor narra desde dentro cara a fóra como un deles, fundido, oculto na mafia da literatura para ofrecernos unha prosopografía perfecta da outra cara de Galicia, a secreta, que agocha outro mar de almas corrompidas.

En Todo é silencio, Rivas dinamita a acción tamén para pervertela nunha estrutura cronolóxica que vaia abalando entre o ritmo frenético dos diálogos e o apousamento descritivo dunha paisaxe devoradora. É nese fímico transcorrer alicerza unha obra que non encaixa no cualificativo de novela negra, no sentido de que se ofrece a cara escura dunha sociedade que podrida sobreviviu a un tempo no que mar disfrazou a morte de cor branca ata que a boca por fin dun grupo de madres se abriu para berrar. Sandra Faginas

Todo é silencio comentado por ARUME

Manuel Rivas xoga cun serio handicap: son altas as expectativas que crea porque raras veces decepciona. Parte dunha posición condicionada, sempre por riba do esperable e, por tanto, os lectores xulgan máis esixentes as súas novas propostas. Con outros, máis novos, menos prometedores, a benevolencia evita censuras graves. Con Rivas, a lectura comeza con sospeitas, parangóns e permanente receo. Tamén é certo que a cambio os seus devotos perdoan os pequenos desfondamentos, os seus clichés demasiado familiares. Pero hai que recoñecerlle o desafío que supón sempre a súa saída á palestra cada certo tempo, cun bó grupo de lectores, nada inxenuos, que coñecen as súas zunas e o seu modo de narrar singular.
Esta novela de Todo é silencio (cuxo título rememora o verso rosaliano) tampouco defrauda esa determinación previa. Atopamos os signos inequívocos da narrativa de Rivas: a presencia simbólica e poderosa dos mapas ou da escola ou da figura do mestre ilustrado de estirpe republicana (neste caso co engadido tamén ilustrado dos indianos que construiron escolas por toda a xeografía galega); a zooloxía ou a botánica como fonte inesgotable de metáforas; os equívocos lingüísticos que Rivas anota en forma de lista no seu caderno habitual (como puiden ver eu nunha memorable para min ocasión en que tiven a honra de presentalo), as patoloxías siquiátricas (a epilepsia dun dos protagonistas, as ausencias, a adicción doutro, a tendencia melancólica que conduce á desesperación ou á negación dun mesmo) como punto de partida para o fluxo estrañado da conciencia; a onomástica ou os modismos como arranque enxeñoso de brincadeira; a épica que remata grotesca por contraste entre a gravidade do momento e o ridículo do esceario (como na anécdota do búho avisador); o lirismo marino de peixes e escuma (a descripción da praia, ese outro mapa ou croquis que un bota en falta como apéndice e que espero que Xerais achegue en vindeiras edicións); a retranca amablemente irreverente, inocua pero chusca, que impregna boa parte dos diálogos; a anatomía humana (unhas dedas, unhas unllas, o cabelo deses cancerbeiros do cemiterio) como síntoma do porvir.
Pero tamén atopamos a rica lingua de Rivas (léxico preciso, frases breves, case con ritmo de versos, parágrafos circulares, recurrentes) en perfecto estado de forma. A posible grandeza do libro reside nese aspecto, como ocorre case sempre cos seus textos, sexan novelas, contos, crónicas ou cortos artigos xornalísticos. Rivas, neste caso, escribe unha novela con claras compoñentes dramáticas. Eu auguro unha pronta versión cinematográfica ou mesmo unha posta en escea inmediata. A narración é máis ben unha sucesiva suma de escenificacións calculadas, con acotacións, descripcións precisas do lugar que ocupan no esceario (o bar, ese mundo coral de tanta teatralidade, pero tamén a escola abandonada, derruida, a comisaría, a habitación). Di el que escribe con/por golpes de mar. A composición da novela en corenta e cinco cadros, ao tempo divididos ás veces por pequenas esceas ou simplemente mediante a incorporación dun branco na páxina que ben pode representar un silencio ou a palpable mostra de que o narrador colle aire. Lembrei eu ao ler as súas declaracións o primeiro verso da famosa oda de Gimferrer: “Tiene el mar su mecánica como el amor sus símbolos.” Porque a pesar de que o libro parece escrito a pequenos e reducidos impulsos, estes, como as brazadas dos remos das dornas (esa metáfora que tanto gusta a Rivas de remar de cara á costa para ver o que vamos deixando atrás), levan un ritmo pautado, que ordenan o conxunto con precisión case matemática.
A historia que conta Rivas constitúe unha especie de epítome do mundo do narcotráfico nunha vila calquera das rías galegas. Para iso elixe unha poboación inventada, Brétema, construida por acumulación e ao tempo por síntese de todas, con eses elementos naturais (praia, peirao, duna, rochas, cons, vaos) que outorgan validez universal e identificatoria á paisaxe. O tempo, inconcreto mesmo na precisión de estacións ou de anos pero descifrable nos costumes, nas cancións ou nos modelos automobilísticos, vai desde os anos 70 do contrabando do tabaco (explicado de forma algo apresurada como derivación do estraperlo ou do comercio do wolfram) aos anos (máis ben na segunda parte) 80 ou 90 da fariña, da incorporación dos cárteles internacionais e da violencia extrema. O ambiente descrito, para quen vivira, por exemplo, no Cambados (as camisetas amarelas de fútbol tendidas ao sol) dos miñanco e dos charlíns, resulta tristemente coñecido a través dos continuos relatos que as xentes contaban naqueles días: adolescentes que contribuían ás descargas, partidas de billar ata as tantas da madrugada nun bar de carretera, as planeadoras á porta da casa en Tragove, os contrabandistas tomando o café no mesmo bar das tertulias fronte ao mar de frades. O telón de fondo e mesmo a fasquía de boa parte dos personaxes obedecen a materiais fascinantes que se poden atopar na boca de tantas persoas que viviron aquel tempo nas vilas da costa galega. Os secundarios desta novela de Rivas chegan a ter cara e rostro na miña memoria persoal: poden semellar ás veces demasiado tópicos (“Que diálogo! Mágoa de telenovela”, p. 123), pero tamén o mundo daquela tendía a recrear perfiles cinematográficos, en acenos ou en vocabulario aprendidos en películas, como recorda, entre outras, a extraordinaria Gomorra de Saviano ao describir o gusto dos capos da camorra napolitana por remedar aos gángsteres de O Padriño ou de Goodfellas ou nesta novela na predilección que amosan os protagonistas polos western, que eles chaman do oeste.
O que fai singular este relato é precisamente o que escapa a esa especie de operación de acrisolamento do narcotráfico: a colocación dos focos narrativos en tres protagonistas novos, un triángulo que nas primeiras esceas semella o modelo de Dous homes e un destino ou de Jules et Jim, que son os que dan coherencia e xustificación a todo o relato. Os primeiros cadros presentados a modo de xogos adolescentes con eles posúen unha forza extraordinaria e advirten ao lector afeito ás voces de Rivas de que todos eses momentos han cobrar interese a medida que van medrando. Fins Malpica, Leda Hortas e Víctor Rumbo forman a columna vertebral da novela e das súas propias historias van cobrándose ás dos demais. Nos paratextos desta novela se insiste na importancia doutro protagonista, o Mariscal, que aparece citado desde a primeira frase. Este personaxe, o capo máximo, cunha historia digna de ser contada polo miudo (cousa que elude Rivas, quen prefire o resumo, magnífico a pesar do teor algo esperable das peripecias), ofrece interese porque, de todos, é o único que ten algunha formación intelectual, o que lle permite a Rivas (non ao narrador que debería construirse autónomamente)* xogar coa súa innegable facilidade para as ocorrencias de corte lingüístico, aínda que abusa delas en moitas ocasións. Non é, porén, para min, e malia o intento de enriquecelo con matices contradictorios (a entrevista coa xornalista non é das mellores partes da novela), o verdadeiro protagonista do libro. Eu prefiro máis esa introspección ausente de Fins (a súa relación con Mara daría para algo máis, creo eu), a ambigua e silenciosa presencia dunha Leda contemplada desde lonxe ou a revoltosa e desacougante figura de Brinco, un dos personaxes se cadra máis atractivos da historia, a pesar da súa aparente vida salvaxe chea de tópicas anécdotas e historias máis ou menos adiviñables.
MAIS
Rivas, neste Blog

16/10/10

Premio Planeta 2010

Riña de gatos, unha novela de intriga e reflexión, de Eduardo Mendoza, adxudicouse o Premio Planeta 2010.

O autor, que se presentaba baixo o pseudónimo de Ricardo Medina, asina un relato que se traslada á primavera de 1936. Un mozo inglés que é experto en pintura española antiga viaxa a España para taxar un posible Velázquez descoñecido, pero en Madrid xa se anuncia o que será a Guerra Civil...

"É unha novela de intriga e non quero desvelar moitas cousas", dixo. "Pero hai aventuras, misterio e reflexión sobre un momento histórico como é a preguerra civil". Segundo Mendoza trátase dun libro que "formula dilemas morais" ao lector que ten que posicionarse" "en varios aspectos". Unha narración na que interveñen personaxes reais e de ficción.

Web Premios Planeta de Novela

15/10/10

Déjame ir, madre

 ”El odio siempre me ha sido ajeno”. Rudolf Höss (comandante del campo de exterminio de Auschwitz)

"Mi madre me dio un beso rápido en la mejilla y se acercó a la maleta que había junto a la puerta de casa.Me dominó el pánico.
-No te vayas -le supliqué.
Ella volvió sobre sus pasos y me miró exasperada.
-¿Así mantienes las promesas? Me has prometido que serías valiente y no dejas de lloriquear. Pero es inútil, Helga: tengo que irme, no me hagas las cosas más difíciles.
-No te vayas, mamá, por favor, no me dejes sola -volví a suplicar.
Cogió la maleta y, al volverse, dijo con el dedo levantado:
-Y cuando salga por la puerta no empieces a gritar y despiertes a tu hermano, ¿has entendido? ¿Me lo prometes?
Mi madre cerró la puerta detrás de ella. No volví a verla hasta treinta años después.

Caballeros, 1: De lenguas y dialectos

Caballeros, 1: De lenguas y dialectos

12/10/10

Todo é silencio - Manuel Rivas

Manuel Rivas presentará oficialmente o seu novo traballo en Santiago de Compostela nun acto que terá lugar o vindeiro xoves día 14 ás 19.30 na libraría Couceiro, na Praza de Cervantes. Durante o acto intervirán o propio Manuel Rivas, a cantante Iria Peña e os guitarristas Gastón Rodríguez e Miguel Ladrón de Guevara e o editor Manuel Bragado.

"Todo é silencio" narra o irresistíbel ascenso social de Mariscal, un capo contrabandista, e das almas que habitan Brétema, o universo que domina ao seu antollo. En Brétema, na costa atlántica, houbo un tempo en que as redes do contrabando, reconvertidas ao narcotráfico, acadaron tanto poder que estiveron moi preto de controlar o poder social e as institucións. Todo é silencio narra tamén a vida dun grupo de amigos, aos que une dende a infancia o andar á crebas, á procura de restos de naufraxios, no escenario sempre sorprendente do mar de Galicia. Ese mar que fala cos signos que deita na beira. Dende moi pronto, o destino da xente nova estará determinado pola sombra odiosa e engaiolante a un tempo do omnipresente Mariscal. Unha novela, Todo é silencio, que relata como os círculos do crime rodean e corrompen, non sempre con éxito, o extraño feitizo da condición humana.

Co libro de Rivas, Xerais bate unha marca histórica ao convertérense os 12.000 exemplares de saída na tirada inicial máis alta da historia da editorial.

Asasinato no Consello Nacional - Diego Ameixeiras

Un encarapuchado asasinou de tres disparos a Mario Dacosta, parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, cando saía da reunión do Consello Nacional no que a executiva, co seu voceiro á cabeza, Óscar Quiroga, presentou a súa dimisión. Os feitos aconteceron pouco despois das seis da tarde, cando Dacosta se dispuña a arrincar o seu coche, estacionado no aparcadoiro do Hotel Congreso de Santiago de Compostela. Segundo fontes da Delegación do Goberno, o pistoleiro achegouse ao parlamentario e asestoulle tres tiros, fuxindo posteriormente nun vehículo Renault Clio. Un dos disparos impactoulle na cabeza, provocándolle a morte. Os servizos sanitarios trataron de reanimalo no lugar do crime, sen éxito, durante media hora. O presidente en funcións da Xunta de Galiza, Felipe Méndez Tarrío, cualificou o suceso de “atentado contra a democracia”. O vicepresidente Óscar Quiroga, amosouse “conmocionado” e afirmou que “Galiza saberá estar á altura das circunstancias” ante un asasinato “que enche de rabia a todos os demócratas, e especialmente aos nacionalistas galegos”. Fernando Xelmírez, secretario xeral UPG, partido integrado no Bloque e no que o parlamentario militaba dende 1982, amosouse conmocionado polo suceso e cualificou a Dacosta de “camarada insubstituible e extraordinario patriota galego”. Horas antes do crime, Óscar Quiroga anunciara a súa dimisión ao comezo do consello nacional da formación frontista, conclave no que tamén presentou a súa renuncia toda a executiva. Abríase así unha nova etapa despois da derrota sufrida nos comicios autonómicos do 1 de marzo, cuxos resultados devolveron a maioría absoluta ao Partido Popular en detrimento do bipartito formado por PSdG-PSOE e BNG. Alberto Cudeiro, un detective elegante con ínfulas taoístas, recibirá da dirección do BNG o encargo de investigar este crime, que o levará, tamén, a resolver un enigma relacionado coa guerra civil.


Vía Xerais

O bilingüismo ou a imposición do español

O que se presenta neste post é un excelente documento social e histórico. Un anaco de realide materializado nun colexio de Friol que bate con toda a forza nos sentidos deixándoche pampo .
Trátase dun documental do programa "Vivir cada día" do ano 1979 no que se revela a forma na que toda unha xeneración foi educada. Alén do machismo e o rancio catolicismo, o ensino consistía na radical imposición do español, ou como o define a mestra que aparece no vídeo con toda a carga de desprezo do propio e o fomento do odio ao galego, o fundamento do ensino xiraba arredor da implantación do bilingüismo de ahí que o alumnado galegofalante tivese dificultades para expresarse, "por la falta de vocabulario" e en consecuencia "prefiera mantenerse callado"...


11/10/10

Best Seller

Despues de 1640, La Celestina cae en el olvido, se prohíbe en el Índice y desaparece del mercado editorial, para luego recibir nueva atención y nuevo impulso en el siglo pasado, cuando comienza el boom de sus ediciones modernas y nueva ola de traducciones a los idiomas del mundo entero (polaco, ruso, árabe, japonés, etcétera), llegando a ser hoy día el texto medieval que más de edita y el más estudiado por los medievalistas. En 1985, Joseph Snow contaba, amén de casi un millar de estudios, 132 ediciones modernas de la obra y unas 80 traducciones a otras lenguas, aparecidas tan sólo en una cincuentena de años (1930-1985), eco quizás de lo que pudo ser su éxito en el Siglo de Oro (incluyendo lo perdido), cuando editar un libro costaba carísimo y cada volumen se vendía a un precio imposible, lo que da más realce al inmenso número de ediciones celestinescas áureas.
Una obra mistriosa con, aún, muchos problemas que resolver: aparición de temas candentes para la época como la magia y la prostitución,obra de género incierto entre teatro y narrativa, su anonimato y doble redacción autorial, los retoques y adiciones editoriales, un texto movedizo que va creciendo a medida que aparecen las ediciones (se pasa de un acto 1.º suelto, según se nos declara, a una Comedia en 16, a una Tragicomedia en 21, y a una obra en 22 actos en 1526). A ello se añade el misterio de la cuestión del autor, ya que la obra aparece sin nombres en la portada, y el autor, Fernando de Rojas, se esconde entre unas versos acrósticos revelados al lector por otra persona, Alonso de Proaza, en un segundo momento, y entre muchas contradicciones (ya que se declara además que el primer acto se halló en Salamanca inacabado y ajeno).

10/10/10

Os días adiados

Io, tan marabillado quedei da túa nacenza
no lucífero raiar daquel outono, tanto,
que desistín destes versos ata hoxe. A mar
devalara na lúa chea. Saíches do quirófanocoa túa nai sorrinte, envolta nun pano verde.
“Mira, Xabi, é lindísima…” acertou María
e asomeime de punteiras ao teu repouso.
Arrolándote, berberechiña, embebido
ni cinsento azul dos teus ollos abertos
ao tremelucente cubismo dos claroscuros,
conxureime contigo contra o mundo. Todo
o tiñas pequeno: O nariz no que che sorbía
o moco, a boca axeitada á mamila,
as mans aínda pechadas, as orellas sen furar
ao non pedilo ti (co tempo, traspasarías
tamén a lingua) e os pés de dedas miudiñas;
dun calcañar piquei sangue, unha pinga para
probar a túa saúde. Os meus ósos xa tiñan
un sempre polo que se soster e afeiteime
a cabeza, tirando os pelos do pasado:
Pretendía nacer contigo, outra vez. Pinteite
no colo materno, trono de deusa xitana,
para que estiverades no portal de todos
os misterios das Xubias e agora, tras
vintecatro voltas ao sol, a forma rodante
do canto escuro chegoulle ao fartureiro
amor sacro: O teu arroto leiteiro, filla!
Vilar de Locrendes, setembro, 2007


Non é a primeira vez que Xavier se achega ao mundo das letras: Pintor por Italia é o seu diario de viaxe por aquel país que deixou ao mundo o Renacemento
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas