Blog da Biblioteca do IES de Curtis: 1/3/11 - 1/4/11

31/3/11

Mundo Lois

 A seguir deixamos un video producido por MUNDOLOIS,  espectáculo ideado por Antón Reixa
que "pretende suministrar a calquera espectador profano no coñecemento de Lois Pereiro unha visión fonda, sedutora e interdisciplinar da súa personalidade artística".
Lino Braxe pon a voz. Lois o poema.


Mundo Lois from Mundo Lois on Vimeo.

27/3/11

27 de marzo: Día Mundial do Teatro

Cada 27 de marzo celébrase o Día Mundial do Teatro, data da inauguración do Teatro das Nacións, en París.
Jessica A. Kaahwa
Esta conmemoración foi creada en 1961 polo Instituto Internacional do Teatro (ITE), organización non gubernamental dependente da Unesco que ten a súa sé en París.
Os membros do consello consultivo do ITE elixiron a Jessica A. Kaahwa, directora  e actriz de teatro de Uganda, para dar vida á mensaxe internacional deste ano.
 Esta semana, e coincidindo con esta data, tamén se deron a coñecer os Premios María Casares do noso sistema teatral.
Parabéns ao noso Quico Cadaval.

25/3/11

MILES GLORIOSUS, Plauto



Miles Gloriosus non parecía ser o protagonista, a pesar de selo debido ó papel que realizou Palestrión.
Daba a impresión de que a obra xiraba ó entorno ó escravo. Tivo poucas intervencións,cremos que puido actuar máis e dun xeito menos finxido.

                                             David e Miguel

Palestrión  é un personaxe da comedia Miles Gloriosus. Nesta obra cómica,  Palestrión, desempeña o papel do escravo de Pirgopolinices. Caracterízase pola súa astucia e a naturalidade coa que actúa fronte a un amplo público, pero sobre todo polo seu manexo das  palabras e dos xestos.
                                                                                                                    Patricia e Celeste

A FUNCIÓN DO CORO, MEDEA


Das obras que vimos, a que máis nos gustou foi a de Medea. En concreto, o que máis nos chamou a atención, foi o coro ainda que na representación estaba situado no escenario, e non nun espacio propio (oschestra), como na época clásica.
O coro fai que a obra se entenda mellor, pois os actores que o interpretan dan información ó público sobre os feitos que se levan a escena. 
A actriz que representaba a voz do corifeo pareceunos moi boa: directa, creíble e moi metida na atmósfera tráxica da obra.


                                                                                                                    Noelia & Paula

CUESTIÓN DE INSTINTO


Gustaríanos falar das aptitudes dramáticas dos actores para a traxedia e para a comedia. Despois de ver Medea e Miles Gloriosus, observamos que había un mesmo actor que actuaba de Jasón (personaxe tráxico) nunha obra e de Periplectómeno (personaxe cómico) na outra. Démonos conta de que tiña mellores aptitudes para a comedia: xesticulaba moi ben e facía rir con facilidade; sin embargo no papel de Jasón viase moi finxido. Valoramos, de todos modos, o esforzo do artista para pasar dun rexistro a outro.

                                                 Cristian e María

Opinións dos espectadores:

“Dentro das dúas obras de teatro que fomos ver, destacamos a traxedia de Medea. Nela salientamos a representación da actriz que realizaba o papel de Medea, a protagonista. Impresionounos a naturalidade da sua actuación,  visible nos seus xestos e na fluidez do seu discurso , e a empatía co persoaxe que estaba a representar”.

        Ana Gestal e Lucas Miraz

 " A traxedia Medea grazas a interpretación dos seus personaxes, en especial da protagonista e do coro, é cautivadora, está chea de emoción e sentimentalidade e non deixa indiferente. Sen embargo, con Miles Gloriosus créase un ambiente moi alegre e riseiro, centrado na figura de Palestrión, o escravo argalleiro".
                                                                                                       Isabel Cabado
" A traxedia Medea representouse cun forte sentimento, grazas ao ambiente creado polas voces do coro e pola xenialidade dos  seus actores. O Miles Gloriosus foi unha comedia moi amena e divertida, debido principalmente a simpatía dos actores".  
                                                                                       
                                                                                                       Ánxela Varela


" Da traxedia de Eurípides, na cal a violencia e a vinganza son a parte primordial da historia, gustaríame destacar a atemporalidade dos feitos e a emoción que aporta o coro, o que me permitiu conectarme coa historia con maior facilidade. Miles Gloriosus resultoume moi divertida, e destacaría a adaptación da obra aos nosos tempos, introducindo léxico  e accións da actualidade".
                                                                                                                                                                                                   Cristina Miraz


" A traxedia de Medea é unha obra na que se mesturan sentimentos complexos e intensos, que dan lugar a un desenlace tráxico e inhumano, aínda que xustificable. Foi unha obra intensa e emotiva, debido á magnífica actuación do coro e da protagonista. Pola contra, a comedia de Plauto é unha obra pensada para rirse: as situacións de equívoco, as pelexas e enganos buscan a risa e entreter ao espectador, consegido grazas ao escravo Palestrión e demais personaxes arquetipos graciosos das obras de Plauto".    
                                                                                                                                                                                                   Lucas Varela


" Con respecto as obras quédome coa traxedia, xa que o tema que trata, o egoismo, é un tema que está presente na nosa sociedade. Nesta peza teatral vese como os personaxes o único que queren é conseguir os seus obxectivos, sen importarlles o dano que causen".
                                                                                                               Sara Abad

"A traxedia de Medea trata un tema moi actual, como é a separación e as consecuencias que esta pode acarrear. Neste caso, é a muller quen doida pola separación mata aos seus fillos,  este  tipo de  feitos podémolos observar desgraciadamente no presente, no que vivimos. O engano é un tema que trata a comedia de Miles,a base de enganos e mentiras os actores fixéronos pasar un bo anaco".
                                                                                                     Carla Gayoso


"Miles Gloriosus fíxome rir moito. O personaxe que máis me chamou a atención foi Palestrión, porque a maneira na que falaba e o seu comportamento era gracioso. Para o ano gustaríame volver".
                                                                                                        Uxía Iglesias


Unha vez máis en Lucus Augusti cos Clásicos Grecolatinos

Unha vez máis o IES de Curtis non faltou á cita co Festival de Teatro Grecolatino en Lugo, que cada ano organiza a Sociedade Galega de Estudos Clásicos. Nesta ocasión as dúas representacións ás que asistimos, que corrían a cargo do grupo de teatro Parrocha, herdeiro de Sardiña e que é toda unha referencia en teatro clásico, son consideradas obras maestras dentro do xénero.

Pola mañá o grupo puxo en escea unha versión da Medea, de Eurípides. Trátase dunha traxedia, que conta a historia dunha muller, Medea, e a súa descomunal sede de vinganza despois de ser ultraxada e humillada polo seu home Jasón. A acción sitúase en Corinto e está chea de emoción e dunha sucesión de sentimentos moi intensos, que se ven moi ben amparados por un coro, típico da traxedia grega, que lle dá moita intensidade a obra. Medea, ao sentirse tremendamente mal polas accións do seu home, decide tomar cartas no asunto argallando unha vinganza que rematará coa morte de algúns dos personaxes, incluídos os seus propios fillos.

Pola tarde o espírito de Plauto estivo outra vez vivo en Lugo, cuns actores que non paraban de brincar e moverse por toda a escea. Nesta ocasión a comedia representada foi o Miles Gloriosus. Conta a historia de Pirgopolinices, o soldado fanfarrón, e Filocomasia, unha xove namorada de Pleusicles, pero que está co soldado despois de ser levada a Éfeso sin o seu consentimento. Ésta xunto co escravo Palestrión e un vello pintoresco argallarán a maneira de volver a xuntar aos xoves namorados e deixar ao soldado preso nun engano, que ferirá o seu enorme ego cunha serie de mentiras entrelazadas e unha trama destinada a provocar a gargallada do público.



24/3/11

Micromachismos



Non deixes de ler o seguinte artigo de Luis Bonino:

White Ravens 2011

Moito nos comprace ler noticias así:

Os White Ravens son as distincións coas que todos os anos a Internationale Jugendbibliothek de Munich selecciona os libros de todo o mundo máis importantes en literatura infantil e xuvenil. Son en total 250 títulos en 36 linguas, que pasarán a formar parte dun catálogo e estarán presentes na Feira do libro Infantil de Bologna, a cita máis importante en LIX do mundo.
En galego son dúas as obras escollidas: Contos para nenos que dormen deseguida (Kalandraka) de Pinto&Chinto e O pintor do sombreiro de malvas (Xerais) de Marcos Calveiro. Estes dous libros xa recibiron hai un par de meses os premios Fervenzas Literarias, outorgados polos lectores, ao Mellor libro infantil e ao Mellor Libro xuvenil, respectivamente.

Fervenzas literarias, 22 de marzo de 2011


Na seguinte ligazón pódense consultar os outros libros seleccionados.

23/3/11

" Ti creas a historia"

 


O escritor e ilustrador Anxo Fariña visitou o noso centro e mantivo un encontro co alumnado de 1º de ESO .  Ensinounos como a partir de calquera obxecto, por vulgar e corrente que sexa, podemos crear unha historia. Xogamos con el a caracterizar os personaxes de Os Megatoxos e  vimos como deseñaba cunha facilidade abraiante o retrato dun compañeiro.


Por se isto fose pouco, Anxo propúxonos participar nunha versión de Os Megatoxos que está preparando para a banda deseñada con ideas que os rapaces lle achegan. Podemos axudar a crear a historia no enderezo megatoxos@megatoxos.com. Tamén é posible participar no blog para comentar os libros ou para preguntarlle o que queiramos: http://megatoxos.blogspot.com/

Grazas Anxo!

22/3/11

Cómo hemos cambiado - El colegio

O colexio da nosa infancia e como foi cambiando ao longo dos últimos 60 anos. Os cambios políticos, sociais e económicos modificaron a educación e tamén algunhas cousas relacionadas cos colexiais: transporte, alimentación, os xogos. O documental móstranos o desenvolvemento dun curso escolar, dende o seu inicio ata os exames de fin de curso. Tamén mostra cada un dos momentos dunha xornada escolar, faino a través de imaxes documentais pero, tamén, de secuencias de series dramáticas, sketches humorístico e cancións relacionadas co tema.


Vía Trafegando Ronseis e TVE a la carta

    21/3/11

    XA TEMOS GAÑADORES DO CONCURSO QUEN É ESA MULLER?


    Rematou hai uns días a terceira edición do concurso que organiza a Biblioteca Sarmiento para conmemorar o Día da Muller  Traballadora. O certo é que este ano a participación foi alta e os equipos funcionaron moi ben. Aquí vos deixamos imaxes das buscas de varios equipos.  Especialmente queremos dar as grazas a
    Reme e a Marco, que colaboraron para que a participación dos nenos con NEE fose posible. É tamén de agradecer a actitude de interese en intervir no concurso, o esforzo para descubrir os enigmas propostos e o correctísimo comportamento de todos os  participantes.


    A cousa realmente estivo moi disputada e ao remate concedeuse un premio ex aequo a dous equipos de 3º de ESO, que en breve recibirán os seus agasallos:

    ·        EQUIPO 6: 3º A ESO

    o       Iván Astray Ben
    o       David Fernández Ramos
    o       Cristian Pérez López
    o       Alberto Rivadulla Sánchez

    ·        EQUIPO 9: 3º B ESO

    o       Nuria Bello Barral
    o       Alba Núñez Aldudo
    o       Paula Penas Barreiro




    A todos, especialmente a Fernanda que no gusta de la poesía.

    Día Mundial da Poesía


    «A diversidade poética bríndanos outro xeito de dialogar. Permítenos descubrir que todos e cada un de nós, en calquera punto da Terra, compartimos os mesmos interrogantes e sentimentos. É unha faceta da nosa liberdade, é a nosa humanidade. Por iso a poesía debe ocupar o lugar que lle corresponde nos programas de educación de calidade. Mediante ao acceso á poética do mundo enteiro, os mozos poden dispoñer dun vector máis, diferente, sutil e fluído, para mellorar o seu coñecemento e comprensión dos demais. O descubrimento dun novo poema constitúe un acto de inmersión na lingua, pero tamén na emoción e a sensibilidade do outro, por máis distante que se encontre en termos xeográficos.».

    Mensaxe da Directora Xeral da UNESCO, con motivo do Día Mundial da Poesía, 21 de marzo de 2010

    20/3/11

    Centenario da Real Sociedade Matemática Española

    O diario "El País" iniciou un concurso de resolución de problemas de Matemáticas relacionado co Centenario da RSME (Real Sociedad Matemática Española)

    O concurso durará 30 semanas e pódese ver en que consiste e o enunciado do primeiro problema no seguinte enlace premendo aquí.

    Día mundial da poesía: 21 de marzo

    Lois Pereiro. Poesía última de Amor e Enfermidade

    1. Poemas póstumos (1992-94): "Curiosidade".

    Curiosidade

    Saber que está un á morte
    e o corpo é unha paisaxe de batalla:
    unha carnicería no cerebro.

    ¿Permitirías ti, amor deserto,
    que nesta fevre penitente abrise
    a derradeira porta e a pechase
    detrás miña, sonámbulo e impasible,
    ou porías o pé
    entre ela e o destino?

    novembro, 92

    19/3/11

    As palabras que move o mar

    As palabras que move o mar (Novidade)
    Toxo, Xaime (Autor/a)

    As palabras que move o mar son catro relatos longos que teñen como fío condutor a memoria e a construción da identidade alicerzada neses recordos que permanecen imborrables na nosa vida ao longo dos anos. Por que determinadas impresións de natureza emocional, visual, olfactiva, táctil nos acompañan nesta viaxe de asombro e dúbidas que é a vida durante toda a travesía? Un sinal, un nome nun papel, un arrecendo que fotografa un lugar na retina da memoria. O destino é ser devorados por ese vendaval que é o paso do tempo. As palabras que move o mar é un dique contra o que bate a marusía gris e invernal do esquecemento.

    18/3/11

    Anxo Fariña no IES de Curtis

     


    O martes, 22 de marzo, visitaranos o escritor e ilustrador Anxo Fariña. É o autor da colección Os Megatoxos, libros que contan a historia de catro rapaces que sofren unha  mutación a causa da picadura dun toxo, a cal lles outorga uns estraños poderes . A primeira das aventuras desenvólvese en Os Megatoxos e o aprendiz de druída.
    Na nosa biblioteca contamos tamén cos dous libros seguintes : Os Megatoxos e a espada esmeralda e Os Megatoxos e os Templarios da luz.
    Anxo Fariña conta con moitos lectores no noso centro que agardan expectantes a publicación do nº 4.
    Benvido Anxo!

    Por que hai que ler?!

    O pintor do sombreiro de malvas                
    Autor: Marcos Calveiro.
    Premio Lazarillo, 2009
    Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro Xuvenil, 2010


                                        Presentación editorial:

    Un adolescente é enviado pola súa nai dende París a pasar cunha tía unha boa tempada na vila de Auvers. Durante aqueles días do verán de 1890, coñecerá a Vincent, un pintor que semella beberse a vida con cada violenta pincelada sobre o lenzo e do que durante sesenta e nove días se fará inseparable, acompañándoo no seu deambular polos trigais e na súa infatigable loita contra os convencionalismos da vida provinciana. Mais o mozo tamén descubriá o amor, coñecerá algúns misterios sobre o seu pasado e se enfrontará por vez primeira á morte, o que o obrigará a tomar unha decisión sobre o futuro que lle agarda.

       Madriña do libro: Claudia Penas Fandiño (3º ESO)

    16/3/11

    A imaxe da esperanza

    Unha nena de 4 meses sobreviviu tres días entre os cascallos do tsunami.

    A vida desta pequena abriuse camiño no medio da destrución ocasionada polo terremoto e o tsunami que arrasaron o noroeste de Xapón.

    Escenas como estas ensínannos que en todas as situacións de dificultade e de desespero, non só hai mortes polas que chorar, senón tamén vidas polas que loitar.

    Terremoto en Xapón: o antes e o despois

    As fotos aéreas tomadas sobre Xapón revela a escala de devastación.
    (preme sobre a foto)


    TRISTEMENTE DE VOLTA A XAPÓN (PROX. INTERDISCIPLINAR)

    Acabamos de rematar a clase semanal do Proxecto Interdisciplinar: aínda que xa levamos uns días intentando instalarnos en Chile, hoxe sentimos a imperiosa necesidade de viaxar novamente a Xapón...
    Despois de observar perplexos e tristes as imaxes dun de tantos vídeos sobrea a destrucción que o tsunami provocou neste país tan querido para nós, quedámonos en silenció, mirándonos case sen saber que dicir.
    Pouco a pouco, as voces foron poñendo no aire as tristes novas que nos fan chegar os medios de comunicación: moitos desaparecidos, escapes radiactivos, destrucción e morte por todos os lados... E démonos conta do afortunados que somos hoxe, aínda que onte non fósemos conscientes do tesouro da tranquilidade e da rutina.
    Alba quedou sen palabras que dicirlle aos mozos xaponeses, pero Sabela animounos cunhas palabras cheas de calor: "Ánimo, que as axudas van ser moitas. Os problemas ás veces son difíciles de resolver, pero case todo ten solución". E pouco a pouco foron oíndose máis voces: "A min non me importaría que viñera á miña casa un mozo ou unha moza xaponesa, axudariamoslle uns meses". "Podemos ofrecerlle roupa, comida, educación...
    e o cariño dunha familia, que ao mellor xa non ten".

    Que mágoa que teña que pasar todo isto para que valoremos todo o que temos!

    Desde aquí, desexamos que este mal soño que está a vivir o país nipón remate canto antes!

    15/3/11

    Bibliotecas

    Velaquí tedes o resultado do traballo que sobre as bibliotecas realizou unha alumna do noso centro. Paga a pena!

    11/3/11

    ENTROIDO

    CONTOS SOLIDARIOS PARA NÓS

    O pasado venres recibimos na Biblioteca Sarmiento, a proposta do Equipo de Normalización Lingüística, ao contacontos chantadino Anxo Moure. Levounos da man, co sorriso nos beizos como tarxeta de embarque,
    polos sempre sorprendentes mares da ficción.








    Grazas polos teus contos solidarios. E, sobre todo, grazas por alimentar a idea de que a solidaridade, a paz e a reflexión son chaves esenciais para abrir o cofre que garda o tesouro dunha sociedade mellor.

    8/3/11

    A EDUCACIÓN NON É UN CONTO

    Baixo o lema A EDUCACIÓN NON É UN CONTO: POLOS DEREITOS DAS NENAS E AS MULLERES, millóns de persoas en todo o mundo mobilizaranse para recordar aos líderes políticos as dificultades que millóns de nenas e mulleres teñen para acceder a unha educación de calidade e para pedirlles que tamén recorden e cumpran o seu compromiso de destinar os recursos necesarios para facer realidade a Educación para Todos e Todas en 2015.

    Para iso, a actividade central da SAME 2011 (Semana de Acción Mundial pola Educación) consistirá na GRANDE HISTORIA, é dicir, na elaboración dun gran libro de contos escritos por alumnos, alumnas, docentes e personalidades destacadas do mundo da interpretación nos que se reflicta como o acceso á educación -ou a falta desta- poden marcar a vida das mulleres e das nenas.

    En España, a Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME) desenvolverase do 11 ao 17 de abril. Os contos elaborados polos alumnos e alumnas, docentes e todas as persoas participantes, presentaranse nos actos que celebremos en toda España, nos que, ademais, faremos chegar as peticións aos representantes dos gobernos locais, autonómicos e do goberno estatal para recordarlles os seus compromisos. Desta forma, unirémonos á mobilización mundial que estará a ter lugar ao longo e ancho do planeta.



    Día Internacional da Muller 1911 - 2011


    O día 8 de marzo cúmplense 100 anos da primeira celebración do Día Internacional da Muller. Nembargantes esta primeira celebración non radica nun acontecimento illado, senon que responde a unha cantidade de iniciativas que resumimos nas que siguen:

    -Tras o trunfo da Revolución Francesa xurdiu unha contradicción evidente: unha revolución que basaba a sua xustificación na idea universal da igualdadade natural e política dos seres humanos ("Liberté, Egalité, Fraternité"), negaba o acceso das mulleres ós dereitos políticos o que en realidade siñificaba negar a su liberdade e a sua igualdade respecto ó resto dos cidadáns . Así, Condorcet (1743-1794) escrbíu e sentóu precedente:

    El hábito puede llegar a familiarizar a los hombres con la violación de sus derechos naturales (...) Por ejemplo, ¿no han violado todos ellos el principio de la igualdad de derechos al privar, con tanta irreflexión a la mitad del género humano del de concurrir a la formación de las leyes, es decir, excluyendo a las mujeres del derecho de ciudadanía? ¿Puede existir una prueba más evidente del poder que crea el hábito incluso cerca de los hombres eruditos, que el de ver invocar el principio de la igualdad de derechos (...) y de olvidarlo con respecto a doce millones de mujeres?"

    “Essai sur l’admission des femmes au droit de cité", 1790.

    -Mary Wollstonecraft (1759-1797) a inglesa que desembarcóu nesa Revolución, abriu unha veta importante deixándose ouvir ca sua obra “Vindicación de los derechos de la mujer”(1792).

    - A Declaración de Seneca Falls (New York) , aprobada o 19 de xulio de 1848, e que podemos aventurar que se trata dun documento onde se expresa por primeira vez o que podería denominarse unha "filosofía feminista da historia".

    - O Women´s Day que as socialistas nortermericanas levaban celebrando dende 1908 e onde reinvidicaban o dereito ó voto pras mulleres.

    - A folga de 1910 das costureiras da fábrica Triangle Shirtwaist que protestaban polos baixos salarios, a xornada de 12 horas e as insoportables condiciós do traballo. Por certo, que moitas delas morrerían calcinadas, un ano despóis, na misma fábrica, por un incendio nunca clarificado.

    - Ese mismo ano celebrouse en Copenhague a Conferencia Internacional de Mujeres Socialistas, e aprobouse a proposta da alemá Clara Zetkin de crear o Día Internacional da Muller , como unha xornada de loita polos dereitos das mulleres. A proposta foi aprobada unánimemente por la conferencia de máis de 100 mulleres procedentes de 17 países.

    Así chegamos á primeira celebración do Día Internacional da Muller que se produciu o 19 de marzo de 1911, e foi seguida en Austria, Alemania, Dinamarca e Suecia.
    Nos primeiros anos, o Día Internacional da Muller festexábase en datas diferentes según os países, pero en 1914, a proposta das xermanas, o Día Internacional da Muller celebrouse por primeira vez o 8 de marzo en Alemaña, Suecia e Rusia. Non se sabe a ciencia certa o porqué da elección dese día concreto, aparte de que caía en domingo.





    7/3/11

    A beira do Mondego, ao pe do fado, esmorece o sol sobre a Universidade vella de Coimbra. Un saxo soa o lonxe e traeme recordos do Ultimo tango en Paris

    3/3/11

    COPYLEFT


    O Copyleft, en contraposición ao Copyright, é un grupo de licenzas que se utilizan e que garanten o dereito de calquera usuario a utilizar, modificar e redistribuír un programa ou os seus derivados, sempre que se manteñan estas mesmas condicións de utilización e difusión. É un concepto clave do denominado Software libre e o seu obxectivo principal é impedir que o material que se acolle a estas licenzas poidan quedar xuridicamente suxeitos a dereitos de autor.


    Engloba as seguintes licenzas:

    GPL: orientada principalmente a protexer a libre distribución, modificación e uso de software.

    Creative commons: sistema flexible de licenzas copyleft para o traballo creativo.

    Coloriuris: destinado aos creadores de contidos - literarios, musicais, audiovisuais e fotográficos - que utilizan o world wide web para a súa difusión, publicación e/ou posta a disposición que queiran ceder os dereitos patrimoniais das súas creacións dentro e fóra da rede.

    Licenza Aire Incondicional: especialmente realizada para a exposición "Aire Incondicional", levada a cabo no Centro de Arte Shedhalle (Zürich) e aplicada a unha serie de contidos dentro da exposición e a outros realizados durante o tour de presentacións en Suíza.

    Licenza Arte Libre: destinada a promover e protexer prácticas artísticas liberadas das regras exclusivistas da economía de mercado.

    Ampla información nos seguintes enlaces:
     
     
     
    Derecho de Internet - Blog de Javier de la Cueva, avogado especializado en Propiedade Intelectual.


    Entrevista con Javier de la Cueva

    CONCURSO QUEN É ESA MULLER?

    Dez nominacions para Un cranio furado nos María Casares

    Nesta ocasión entre as nominacions atopamos nominado a Rubén Ruibal polo texto orixinal da montaxe Limpeza de sangue, da compañía Espello Cóncavo . Compite na mesma categoría con Roberto Salgueiro e o seu maestro Vidal Bolaño por As Actas escuras
    Dos 37 espectáculos con posibilidades de premio, soamentes once acadaron representación nestes galardóns que convoca a Asociación de Actores e Actrices de Galicia.
    A montaxe O cránio furado,unha produción de PT Excéntricas, parte como favorita dos Premios con dez nomeamentos, entre eles os de maior peso, como mellor montaxe, mellor dirección ou mellor interpretación masculina.
    Un cranio furado (A Skull in Connemara) é unha obra mestra do Teatro contemporáneo continúa The Beauty Queen of Leanne, un bellísimo drama social do angloirlandéss Martin McDonagh pertecenta a sua Triloxía de Leanne (por transcorrer o tres obras no devandito pobo).

    FIN DA INVESTIGACIÓN... QUEN SON ESTAS MULLERES?

    Ao día de hoxe corresponde este último esforzo. Veña, que xa só quedan estas dúas mulleres!. Mañán empeza o Entroido e xa temos que dirixir a atención cara a outros asuntos. Ánimo!



             
               1. Os seus titores educaron o seu gusto polas letras e polas artes.
              2. Foi en momentos diferentes raíña consorte de Inglaterra e Francia.
             3. Participou na Segunda Cruzada co título de líder feudal do exército de Aquitania.
             4. Na súa corte favoreceu a tarefa dos trobadores e dos escritores de literatura cabaleiresca.
              5. Entre os seus fillos estaba Ricardo Corazón de León.


                       

                  
                1. Tiña 10 anos cando comezou a guerra civil española
                      2. Escribiu a súa primeira novela aos 17 anos.
                      3. Membro da Real Academia Española.
                      4. A Idade Media, a infancia e a posguerra son os temas que trata nas súas  obras.
                      5. Un premio literario leva o seu nome.



             
    1.  Escribiu baixo o seudónimo de Zoraida.
    2.  A súa familia está vinculada ao concello de Somozas ( A Coruña).
    3.  Viviu en Cuba.
    4.  Impulsou a creación de escolas e bibliotecas.
    5.  Foi periodista, mestra e escritora.

    2/3/11

    CONCURSO QUEN É ESA MULLER?

    HOXE, MÉRCORES... INVESTIGAMOS SOBRE ESTAS MULLERES

    Aquí tedes a tarefa de hoxe. Sorte!


     
    1. É unha bióloga vasca. 
     2. É defensora do uso de células nai embrionarias.
     3. Foi pioneira ao sentar as bases dunha industria    biotecnolóxica en España
     4. Fundou Genetrix, empresa do sector da biotecnoloxía.
     5. Actualmente, é ministra.


     
             1. O seu pai, membro do Partido Comunista   Búlgaro,  fuxiu do seu país por motivos políticos e instalouse nun país sudaméricano.
              2. É licenciada en Ciencias Económicas.
              3. Superou recentemente un cancro linfático.
              4. Na súa xuventude loitou activamente contra a ditadura do seu país, foi torturada  e condeada á cadea. Por iso se lle chamou a “Juana de Arco da guerrilla”.
              5. Ocupou numerosos postos políticos (entre eles Ministra de Enerxía) ata ser elixida, no pasado ano, máxima autoridade do goberno do seu país.


     

               
            1. Naceu en Cádiz.
    2.Realizou estudos de Periodismo, pero non rematou a carreira.
    3.E unha muller polifacética: o xornalismo, a radio, a literatura e os guións de cine forman parte da súa actividade.
    4. Está casada cun famoso novelista español.
    5. É a creadora dun coñecido personaxe da literatura infantil e xuvenil que   protagonizou unha longa serie de novelas moi exitosas. Mesmo foi levado ao cine.



    Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



    Deseño logo: shouvas