Blog da Biblioteca do IES de Curtis: 1/10/11 - 1/11/11

31/10/11

A festa do Samaín

A antiga festividade céltica do Samaín (pronunciado /ˈsˠaunʲ/ da lingua irlandesa antiga samain) foi habitualmente descrita como unha comuñón cos espíritos dos defuntos que, especialmente nas datas do 31 de outubro ó 1 de novembro, terían autorización para camiñar entre os vivos. Abríanse as portas entre este mundo e alén, dándolle á xente a posibilidade de reunirse cos seus antepasados mortos.

Os celtas celebraban co Samaín o paso do ano, a fin do tempo das colleitas e, con el do ano vello, e o comezo do inverno e, con el, do ano novo. Igualmente, o Samaín era o momento no que as ánimas dos mortos retornaban ás súas casas para visitar os familiares aínda vivos. Nesta visita aproveitaban para buscar alimento e quentarse co lume da lareira, polo que era costume deixar o lume aceso nesta noite e nunca varrer a lareira para non afastar as ánimas; por veces tamén se deixaba unha cadeira baleira, co seu servizo de comida e bebida, para que as ánimas se achegasen á mesa familiar. Coincidía así, nesta noite do 31 de outubro ó 1º de novembro, a festa do paso dun ano a outro, co momento da apertura ás ánimas do outro mundo.Disque, nestas mesmas datas, prendíanse lumes sagrados e que con esta cacharela inicial alimentábanse as lareiras de todas as casas. Estas fogueiras tamén podían cumprir o obxectivo de guiar os mortos na escuridade da noite e facilitarlles así que atopasen os seus fogares e os seus parentes.

Afírmase que polo Samaín era costume baleirar nabos de gran tamaño para pórlles dentro candeas, e esta tradición, conservada en Irlanda, puido ter sido exportada aos Estados Unidos de América polos irlandeses coas migracións a este país no século XIX e comezos do XX. De ser así, a tradición tería continuidade nas festas de Halloween, do que sería o seu precedente, nunha adaptación do Samaín na cultura estadounidense, semellante a un Entroido, na que os nabos foron substituídos por grandes cabazas. Co paso do tempo, a influencia cultural estadounidense no resto do mundo conseguiu que o Halloween regresase a Europa para converterse nunha festividade cada vez máis popular.

A partir da década de 1990, comezou a celebrarse en Galicia o Samaín, mantendo a denominación celta. O profesor Rafael López Loureiro é o principal defensor da tese da galeguidade desta festa. Para el, o costume sobreviviu en Galicia ata épocas relativamente recentes (polo menos ata hai uns 30 anos) en que esmoreceu para converterse, unicamente, nunha celebración do día de Defuntos. López Loureiro realizou un estudo no que recolle testemuñas e referencias documentais desta tradición e creou unha unidade didáctica que utilizou nos colexios de Cedeira e, pouco despois, de Santiago.

Segundo este investigador, a tradición esténdese por toda a antiga xeografía céltica europea. En España, está presente en localidades rurais de Asturias, Aragón, Cantabria, Castela e León ou Madrid. Respecto a Galicia, vieiros.com afirma que "atopámola en toda a súa xeografía, non faltando esta tradición en ningunha das súas bisbarras e aportando un folclore similar aínda que dándolles nomes diferentes". Comprobou que se mantiña vivo en Cáceres, na zona de fala galega, así como nas áreas galegofalantes de León e Zamora.

Xoán Xosé Pérez Labaca tamén defende a pervivencia do Samaín en Galicia, e escribe que "aquí era fai uns anos, nalgúns sitios aínda é, moi habitual polas vésperas do Día de Defuntos coller cabazas ... e facer con elas caras aterradoras cuns ollos e unha nariz abertos e colocando uns pauciños, como dentes, na feroz boca aberta, ás que se lle poñía dentro acendido un cabo dunha vela".

Outros autores, como Méndez Ferrín defenden, polo contrario, que se trata dunha falsa tradición, inexistente en Galicia ata esta recuperación, un "costume imposto polo imperialismo norteamericano", que se quere presentar como tradición céltica galega como froito dunha corrente ideolóxica celtista.

Sexa como for, o Samaín xa non está presente só en Cedeira. Ano tras ano outras localidades galegas únense a esta celebración que hoxe se pode ver en Santiago de Compostela, Ferrol, Narón, Palmeira, Ourense, Vigo, nas Rías Baixas, Cambados… Esta celebración formou parte da candidatura á declaración da UNESCO do patrimonio inmaterial galego-portugués na candidatura multinacional "As tradicións orais galego-portuguesas"

 Fonte: Galipedia, a Wikipedia en galego

28/10/11

A revista Tempos Novos crea unha publicación en galego na rede: temposdixital.com

Un paso máis na recuperación do espazo para os medios en galego na rede. A  revista Tempos Novos, que iniciou a súa andaina no ano 1997, comezará proximamente a súa edición dixital.
Información, opinión e debate na rede son as cartas de presentación desta publicación que  pretende "abrir o campo" de contidos, incluíndo ademais textos dirixidos a un público máis novo (entre 18 e 35 anos de idade), ampliando así o espectro do público lector do medio en papel. Por iso inclúe unha sección de deportes e prestará especial atención ás novas formas da cultura, manténdose na liña de xornalismo de análise e interpretación que vén caracterizando á revista Tempos Novos.
 Toda a información en: http://temposdixital.com/


ABRINDO PORTAS NA BIBLIOTECA SARMIENTO

O equipo de biblioteca vén de rematar as sesións de formación de usuarios para o alumnado novo do centro. Como sempre, faise uso dun recurso creado polo propio equipo para explicar como funciona este espazo: nel os rapaces ven que material poden vir buscar, onde o poden atopar, como buscalo... Despois dese breve recorrido, da man da CDU, todo hai que dicilo, pasouse á parte práctica: en pantalla teñen que facer corresponder lombiños con áreas de saber, autores e obras completas, crear eles mesmos sinaturas... Organizouse, a continuación, unha busca nos andeis: por equipos deben localizar os libros, revistas, DVD que se lles piden nunha lista. Certo é que se foron desenvolvendo cunha habilidade máis que aceptable.
Para rematar presentáronselles os blogs da Biblioteca Sarmiento e deuselles un tríptico con información útil para manexarse con soltura neste lugar do centro.
Esperamos que sigan vindo por aquí para practicar. Agardámolos con ilusión.

27/10/11

Un documental para retratar o Movemento 15-M

Preme sobre a imaxe para ver o video promocional


Indignados. Do 15-M ao 20-N, dirixido por Antoni Verdaguer, recolle ao longo de case unha hora os testemuños dunhas 70 persoas que falan das orixes, as razóns, os problemas e o futuro das mobilizacións cidadás que se iniciaron en España e que se foron estendendo por medio mundo. A historia comeza cunha reunión entre internautas e o exdirector da Academia de Cine, Álex da Igrexa, e chega á actualidade fiando entrevistas a protagonistas do movemento.


A rodaxe de Indignados arrincou o pasado día 3 de outubro na Praza de Catalunya, o epicentro das protestas en Barcelona, e continuou na Porta do Sol de Madrid, ademais de en Sevilla, Málaga, Valencia, Bilbao e Logroño.

Estrearase gratis en Internet o 3 de novembro.

Fonte: El País

Praza pública


Presentouse o novo xornal dixital Praza Pública. Despois de meses de malas novas, de peches de diarios galegos e en galego como Galicia Hoxe, A Nosa Terra ou Xornal de Galicia, e de dixitais tan importantes como Vieiros.com e o propio Xornal.com, chegan novas esperanzadoras.

Podes ver a presentación da web premedo aquí.

26/10/11

LA ZONA FANTASMA. 16 de octubre de 2011. ‘La perversión de viejos’

Mucho se ha escrito a lo largo de la historia sobre los sinsabores y lacras de la vejez, al parecer incontables y desde luego infinitamente mayores que sus ventajas. Entre estas últimas destacaban sobre todo tres: sabiduría, respeto de los más jóvenes y la llamada “dignidad de las canas”. La primera hace ya tiempo que se comprobó o reconoció que no existía, es decir, que, o bien estaba ya en cada persona antes de alcanzar la ancianidad, o no hacía acto de aparición con los años, así, como por ensalmo. Y es más, a medida que uno los va cumpliendo, no es raro descubrir que sus certezas menguan, lejos de crecer. Quizá en eso consista en parte la sabiduría, en dudar y ver más matices y más penumbras, pero francamente, de ser así, se trata de una sabiduría poco útil y desconcertante, si es que no descorazonadora, porque uno la asociaba siempre con la idea de mayores discernimiento y claridad. En cuanto al respeto, eso desapareció de nuestra faz de la tierra cuatro o cinco décadas atrás, y su falta no ha hecho sino ir en aumento. De la manera más contradictoria que cabe imaginar, cuanto mejor se conserva la gente y más le tarda en llegar la verdadera ancianidad, no la del calendario; cuanto más longeva es la población y más le dura la plena posesión de sus facultades, antes se la considera “vieja” para lo que realmente importa: para trabajar, para intervenir, para aconsejar y traspasar su experiencia. Hay numerosas personas a las que se prejubila con cincuenta años o menos, y lo habitual es que, con esas edades, nadie les ofrezca ya un nuevo empleo. A muchos de esos individuos los aguardan tres decenios o más de estar mano sobre mano, aburridos e insatisfechos, sintiéndose casi parásitos de la sociedad.

El pretexto para semejante disparate (y a menudo humillación) es que hay que hacer hueco a los jóvenes. Pero hoy son precisamente los jóvenes quienes se ven más faltos de oportunidades, con trabajos muy precarios y mal pagados, o sin perspectiva, siquiera, de ir a conseguir ninguno, de poderse estrenar en el mundo laboral. Uno se pregunta a veces quién diablos está ocupado y “produce” en nuestro país, y cómo es que a esa especie en aparentes vías de extinción, en vez de protegerla y tratarla con mimo las autoridades varias, todas ellas la machacan a diario y procuran por todos los medios impedirle ejercer su tarea. Pero esto sería asunto de otro artículo, aunque ya creo haber dedicado alguno a la cuestión.

Volvamos a la tercera supuesta ventaja de la vejez, la dignidad de las canas, por seguir con la expresión clásica. Eso es algo que, con excepciones, también se ha procurado desterrar, mediante lo que llamaría la perversión o corrupción de los ancianos, algo en verdad novedoso. Corrupción de menores y de la juventud siempre ha habido, pero ¿de los viejos? Una de las características de esta época haragana y reacia al esfuerzo es la tendencia a persuadir a todo el mundo de que no tiene que avergonzarse ni arrepentirse de nada y ha de estar muy orgulloso de como es. Tradicionalmente las personas poseían cierta conciencia de sus limitaciones, defectos o imperfecciones, y buscaban ponerles remedio si era posible, o si no disimularlos, nunca exhibirlos. El ignorante intentaba dejar de serlo; el zafio observaba y aprendía a comportarse; el inmensamente gordo adelgazaba o se vestía con ropas que no hicieran resaltar su obesidad, sino que la atenuaran; el demasiado peludo no iba por la calle con una camiseta sin mangas, y quien padecía unas carnes fláccidas no las enseñaba. La prédica actual es que no hay por qué esconderse ni sentir el menor pudor (esa noción anticuada y “represora”). La propaganda vigente es la de los brutos, que siempre han existido pero no eran predominantes: “¿Qué pasa? Soy así, y a mucha honra. Soy ignorante, soy zafio, soy una foca, soy un orangután, soy un pellejo colgante, y como tal me exhibo, orgulloso de mi ser”.

Era natural que a los viejos se los convenciera de lo mismo, es decir, se los pervirtiera. Yo he tratado con muchos, de los dos sexos, y si algo tenían todos era una enorme dignidad, independientemente de su educación. Y sentido del ridículo, y conciencia de lo que no se adecuaba a su edad. Casi todos vestían con esmero, pulcritud o incluso elegancia. Pocos soltaban un taco, la mayoría mostraba serenidad, y ninguno hacía el ganso. Ahora se los ha convencido de que deben ir cómodos y “modernos”, de que la edad es sólo un “estado mental” y de que por lo tanto conviene juvenilizarse o infantilizarse hasta la misma puerta del ataúd. Uno pasea por las calles de nuestras ciudades y ve de continuo a vejestorios con pantalones cortos y camisetas criminales con lemas, o luciendo bajo techado estúpidas gorras de baseball con la visera hacia atrás; a rotundas matronas mostrando el inencontrable ombligo entre lorzas o exhibiendo muslos elefantiásicos. Pone la televisión y los oye contar con regocijo groserías y obscenidades impropias hasta en adolescentes, no digamos en ellos. Los ve haciendo el ganso y el idiota por doquier. Los ve intentando ligar patéticamente, cuando otra de las ventajas que se presuponían a la vejez era que hombres y mujeres podrían descansar por fin de la fatigosa tarea de “impresionar” a los del otro sexo y, consecuentemente, de hacer el memo (todos hacemos el memo cuando nos a aplicamos a eso, a cualquier edad). Sí, a los viejos actuales se los ha pervertido y con ello se los ha condenado al bochorno, una de las pocas cosas de las que -en medio de sus sinsabores- solían estar a salvo.

JAVIER MARÍAS

El País Semanal, 16 de octubre de 2011

HAY ALTERNATIVAS - Vicenç Navarro, Juan Torres e Alberto Garzón

HAY ALTERNATIVAS
Propuestas para crear empleo y bienestar social en España


Un libro fronte á ortodoxia económica dominante.

Segundo os seus autores, o próposito do libro é desmontar a falsidade, difundida ata a saciedade por responsables políticos, por medios de comunicación e por pretendidos economistas de prestixio, de que non hai alternativas á crise financeira e económica actual, salvo as medidas neoliberais de recortes sociais de gasto público.

Pretenden estes autores demostrar que si hai alternativas máis eficaces para saír da crise e xerar emprego e benestar social. Medidas "máis xustas e humanamente satisfactorias".

Analizan, en linguaxe próxima para non expertos, a causa pola que o sistema financeiro internacional, debido ao comportamento irresponsable dos bancos, vén abaixo e como a partir dese momento diminuíu a actividade económica por falta de crédito, caeu a recadación de ingresos, os déficits disparáronse e a débeda subiu de forma acelerada.

O libro analiza causas e especialmente dá alternativas. Intenta desmontar "o pensamento único".

Podes descargalo íntegro aquí (por cortesía dos autores).

María Reimóndez, convidada á UmbriaLibri 2011, en Italia

A escritora María Reimóndez viaxará no próximo mes de novembro á Feira do Libro UmbriaLibri, en Italia, a onde acudirá como autora convidada para participar nunha mesa redonda que compartirá con outras autoras estranxeiras traducidas ao italiano. A súa novela O Club da calceta foi publicada en italiano pola editorial Gran Via (Il club della calzetta).

Vía Xerais

25/10/11

VIII Premio de Narración Curta do Concello de Curtis "HAPPY CURTIS , cóntanos o día máis feliz da túa vida"

BASES:

1. Convócase o VIII Premio de Narración Curta do Concello de Curtis "HAPPY CURTIS , cóntanos o día máis feliz da túa vida".

2. Os traballos presentados deberán estar escritos en lingua galega.

3. Os textos deberán ser orixinais, inéditos, e non premiados en ningún outro certame.

4. Deberán enviarse escritos en formato word e cunha extensión comprendida entre os 3000 e os 5000 carácteres (espazos incluídos).

5. Enviaranse á seguinte dirección de correo electrónico: happycurtis@concellodecurtis.org. Achegarase no arquivo unha última folla que conteña unha copia do DNI, enderezo, teléfono de contacto, e a categoría á que pertence.

6. A data límite de entrega é o 30/11/2011.

7. Establécense dúas categorías:

1.1A. Dos 12 ós 18 anos.

2.1B. Dos 19 anos en diante

e dous premios en metálico para cada categoría:

1.Categoría A:
Primeiro premio de 200 euros
Segundo premio de 100 euros

Categoría B:
Primeiro premio de 350 euros
Segundo premio de 150 euros

8. En calquera das categorías o premio poderá quedar deserto se o xurado considera que os presentados non acadan un mínimo de calidade.

9. Os traballos que non cumpran as presentes bases quedarán fóra de concurso.

10. O xurado estará composto por membros de recoñecido prestixio dentro do mundo da cultura, a lingua e as letras.

11. Os traballos premiados pasan a ser propiedade do Concello de Curtis, que se reserva o dereito de publicación a través dos medios que considere oportunos e sen afán de lucro.

12. A presentación das obras supón a aceptación destas bases.

Para calquera dúbida, escribir ó correo electrónico do certame: happycurtis@concellodecurtis.org ou chamar ó 651046603.

24/10/11

Día da Biblioteca


Para celebrarmos o Día da biblioteca (24 de outubro), o mes da biblioteca escolar (segundo convocatoria da IASL), un curso máis, a Consellería de Educación edita un cartaz cunha imaxe dun autor galego. Nesta ocasión, Emma Ríos, ilustradora do mundo do cómic, interpreta o lema proposto, Biblioteca escolar, última xeración, e ofrécenos unha visión alegre e cómplice do que son e poden ser as bibliotecas escolares: lugares de encontro e de convivencia, espazos de aprendizaxe e de contacto gozoso coa cultura escrita; integración dos distintos soportes e formatos que albergan a información e os contidos culturais, oportunidades para soñar e imaxinar; apoio para a adquisición de competencias básicas e construción de coñecementos de calquera tipo; escolas de cidadanía.

Ilustrado por Elena Odriozola e texto do escritor Patxi Zubizarreta.

23/10/11

Filosofía Hoy

Unha revista intersante de filosofía e a que vale a pena suscribirse

El arte de leer

14 octubre 2011

EL ARTE DE LEER


"Uno ha de ser capaz de leer humanamente, con todo su ser.Tenga las convicciones que tenga, uno es más que una ideología; y Shakespeare tanto más te habla cuanto mayor es la parte de ti que eres capaz de llevar hasta él" (Harold Bloom: Cómo leer y por qué)



Leer es una actividad en la que se nos instruye desde muy pequeños y sobre la que se nos insiste constantemente a lo largo de toda nuestra educación. Así nos ejercitamos en cosas como la lectura comprensiva, el comentario de texto, etc. Sin embargo, estas formas de leer, con sus procedimientos y objetivos propios, no agotan el amplio espectro de posibilidades que se despliegan al abrir un libro. La lectura puede ser también entendida y practicada como un ejercicio filosófico en sí mismo, esto es, como una actividad transformadora del yo. Veamos por qué y cómo.

En primer lugar, la práctica de lectura crea un tiempo y un espacio para la reflexión. No se trata de leer para "estar informado" o "culturizarse", tampoco para reafirmarnos en nuestras propias ideas y creencias, sino para reflexionar a partir del establecimieto de un diálogo con el texto.

En segundo lugar, la lectura es una actividad que transforma nuestra manera de ser y percibir... Si la lectura es plena, la acogemos con la totalidad de lo que somos(no solo con el intelecto). Es una práctica dirigida a la formación de uno mismo que contribuye a liberarnos de prejuicios, convenciones y pensamientos alienantes.

Por último, la lectura puede trascender el ámbito del cuidado del yo (Foucault) y facilitar un cambio de visión.... La lectura permite al lector tomar conciencia de una realidad que lo excede saberse parte de una totalidad, intuir la universalidad...

(...)

La lectura se convierte en un ejercicio filosófico al conducir al conocimiento de uno mismo y del mundo. Pero, ¿cómo ejercitamos el arte de leer? Mediante el cultivo de una determinada disposición interior caracterizada por dos actitudes:

1.- Atención y concentración. Leer es algo que sólo puede hacerse cuando se está plenamente centrado. Quien lee habita el presente y aprende a prescindir de lo superfluo. ¿Qué necesitamos para leer? Nada, sólo el texto y la propia presencia lo más libre posible de lastres: preocupaciones, inquietudes, expectativas, etc.

2.- La apertura interior. ¿Cuántas veces leemos para confirmar ideas previas? En su lugar, hablamos de una lectura lo más libre posible de expectativas ideológicas...

Ada Galán, en Filosofía Hoy, nº 7

22/10/11

Como papá

As actitudes dos maiores son fundamentais na creación de hábitos lectores. Non só os pais e nais senón todos nós debemos contribuír co noso exemplo a fomentalos. Eis unha simpática campaña finesa de fomento da lectura.



19/10/11

2011 Ano de Álvaro Cunqueiro

 O vindeiro 22 de decembro cúmprense cen anos do nacemento de Álvaro Cunqueiro. Con motivo desta celebración foron moitas as actividades organizadas para dar a coñecer a vida e a obra do escritor mindoniense. Dende a biblioteca Sarmiento queremos contribuír con esta  pequena homenaxe ao recoñecemento desta figura das nosas letras.

 Sirva esta pequena selección de textos, carteis  e obras que expoñemos na biblioteca e nos taboleiros dos corredores e das aulas, para que o alumnado do noso centro se achegue ao universo deste orixinal e xenial escritor.

15/10/11

Roberto Varela asegura na Feira Internacional do Libro de Frankfurt que “a constante progresión do libro galego é o mellor termómetro da nosa cultura”

  
Roberto Varela, hoxe en Frankfurt
Roberto Varela, onte en Frankfurt
   "O conselleiro de Cultura e Turismo presentou dos dous primeiros títulos da colección ‘Galician Classics’, destinada a recoller en lingua inglesa as obras máis destacadas da literatura clásica galega. Trátase de ‘Collected Poems’, a recompilación en inglés da obra poética de Lois Pereiro, e de ‘Folks from Here and There’, a tradución de ‘Xente de aquí e de acolá’, de Álvaro Cunqueiro.

   Na presentación, Roberto Varela avanzou que a colección ‘Galician Classics’ continuará en 2012 coa versión en inglés de ‘Longa noite de pedra’, para conmemorar o centenario de Celso Emilio Ferreiro

    O expositor da Xunta, que hoxe acolleu a reunión do conselleiro co presidente da Asociación Galega de Editores, Manuel Bragado, e outros representantes do sector, conta coa presenza de 19 editoriais galegas. No evento participan uns 7.500 expositores de 100 países".
Información completa aquí

14/10/11

Febre

Sae do prelo a obra de Héctor Carré  gañadora do Premio Fundación Nova Caixa Galicia-Claudio San Martín de Literatura Xuvenil 2011.

Á espera de térmolo en man, velaquí a presentación editorial do libro:

Carmucha, unha moza de dazasete anos, non ten medo de nada nin se amedrenta ante ninguén. Despois de coñecer as inxustizas que se cometen na mina de volframio, as atrocidades do corrupto e desapiadado cabo Marelo, e sendo consciente da actitude submisa daquelas mulleres, decide mudar o rumbo da súa vida de señorita e poñerse ao servizo das persoas máis humildes. Félix, o fillo dos caseiros da súa familia, será dende entón o seu gardacostas, máis tamén o seu máis leal conselleiro, a súa sombra… Carmucha, esta afouta heroína, terá que enfrontarse a un inimigo infinitamente máis forte ca ela para acadar a súa independencia e liberarse da tutela paterna. A represión, a inxustiza e a violencia daquel tempo do volframio, no inicio dos anos corenta, entrelázanse nesta páxinas coa esperanza, o amor e a loita pola liberdade e a igualdade. Un western moderno, onde a pesar de que a súa loita é xusta, os heroes non son perfectos nin están exentos de culpa.

10/10/11

Manifesto contra a marxinación dos medios en galego




 Onte foi presentado en Santiago un manifesto en defensa da lingua galega e en contra da marxinación do idioma propio de Galicia . Pódese ler o documento completo e asinar no seguinte enlace:
       http://marxinaciondogalegonosmedios.es/

6/10/11

Adeus a Steve Jobs

Falece Steve Jobs, o home que revolucionou o computador persoal cos Mac, o cine de animación con Pixar, a música co iPod, os móbiles co iPhone, e pretendía cambiar os medios de comunicación co iPad.

Thomas Tranströmmer - Premio Nobel de Literatura 2011

Tomas Tranströmer (Estocolmo, 1931). Escritor, poeta e tradutor sueco. Desde moi novo alternou o seu traballo de psicólogo coa escritura de poesía. Desde a publicación do seu primeiro libro, 17 dikter (17 poemas) en 1954, aclamado pola crítica, a súa produción creceu sen présa e sen pausa, á vez que a súa obra foi sendo traducida a distintas linguas; na actualidade os seus poemas poden lerse en máis de corenta idiomas. Xunto a Swedenborg e Strindberg, é un dos escritores suecos que máis influíu na poesía universal.

Tranströmer gañou os premios Bonnier de Poesía, o Premio Internacional Neustadt de Literatura, o Oevralids, o Petrach de Alemaña, e o galardón sueco do Foro Internacional da Poesía.
A academia sueca outorgoulle o galardón polo seu estilo sustentado no valor da palabra e na súa capacidade por crear unhas imaxes impactantes próximas ao surrealismo.

Fillo dun xornalista -que o abandonou cando tiña tres anos- e dunha mestra de escola, Tranströmer gañouse a vida como psicólogo en centros penais mentres elaboraba unha obra poética sen présa.

En 1990, Tranströmer sufriu unha hemiplexía que afectou á súa capacidade no fala pero que non lle impediu seguir escribindo. Dezaseis anos antes de que isto sucedese, o poeta previu o que ía ocorrer nun dos seus poemas máis sobrecolledores, Bálticos.

"Entón chega o derrame cerebral: parálise no lado dereito
con afasia , só comprende frases curtas,
di palabras inadecuadas.
Así non alcanzan nin o ascenso nin a condena.
Pero a música permanece, segue compondo no seu propio estilo".



«Os poemas de Tranströmer permítennos acceder ao máis profundo dunha imaxinación desbordante, admirable... Estes poemas móstrannos a un dos mellores escritores das últimas cinco décadas.»
The New York Estafes Book Review

«Hai poetas que nos fan máis intelixentes, máis espertos, que nos volven sutís ou sentimentais ou contraditorios. Tranströmer colócanos no mundo, niso que chamamos realidade e que se diferencia do realismo en que a realidade carece de sentido. Pero nos fai sentir fascinación por existir nel».
Carlos Pardo

El cielo a medio hacer

Banda deseñada

06/10/2011

10.6.2011 | Categoría: General

ies|Brión|Taboleiro da Lingua

IES de Brión - Taboleiro da lingua

Visitas á biblioteca escolar

Visitas á biblioteca escolar dos alumnos de primeiro curso da ESO



Un ano máis os alumnos e alumnas de primeiro curso visitaron a biblioteca do centro nunhas sesións orientadas cara a formación de usuarios. A idea destas charlas é dar a coñecer aos novos alumnos e alumnas a situación da biblioteca, os materiais dos que dispón, a súa organización espacial na sala, o sistema de clasificación e ordenación, os servizos que oferta (sala, empréstito a domicilio, acceso a internet, mediateca, etc.).

Tamén se falou da función das bibliotecas na sociedade, na evolución destas cara a un novo concepto: o de mediatecas, centros de recursos para a formación, a información e o tempo de lecer, onde os novos soportes e medios de transmisión da cultura e do coñecemento están cada día máis presentes.

A sesións, duns cincuenta minutos de duración, foron coordinadas dende o equipo de biblioteca, contando coa colaboración do resto de profesores e do técnico en biblioteconomía que colabora co centro. A principal sorpresa foi descubrir que a maioria dos rapaces e rapazas que acudiron xa eran usuarios habituais da biblioteca, a pesar de levar pouco tempo no instituto. Toda unha inxección de ánimo para o equipo que participa e colabora no proxecto de biblioteca de centro.

Cara ao vindeiro trimestre, estas sesións complementaranse con novas charlas, dirixidas aos alumnos e alumnas de primeiro ano, onde se mostrará en profundidade o catalogo on-line do Proxecto Meiga e como procurar materiais nel, para logo localizalos autonomamente na sala. Tamén se organizarán sesións dirixidas ao resto de niveis académicos, con actividades de procura documental empregando as ferramentas que a biblioteca do centro pon a disposición da comunidade educativa.

5/10/11

Fiebre y lanza

Algunas novelas consiguen que me sienta parte de ellas y ya no puedo dejar de leerlas hasta el final porque parece que se tratase de mi propia vida.

"En una vida como la mía da tiempo a demasiadas cosas. Bueno, no da tiempo a nada y a la vez sí da: a demasiadas cosas. Mi memoria está tan llena que a veces no lo soporto. Quisiera perderla más, quisiera vaciarla un poco. O no, eso no es cierto, prefiero que aún no me falle. Lo que quisiera es que no se me hubiera llenado tanto. De joven, ya sabes, uno tiene prisa y teme no vivir lo suficiente, no, disfrutar de experiencias lo bastante variadas y ricas, uno se impacienta y acelera los acontecimientos, si puede, y se carga de ellos, hace acopio, la urgencia del joven por sumar cicatrices y forjarse un pasado, esa urgencia es bien extraña. Nadie debería tener ese miedo, los viejos deberíamos enseñárselo a la gente, aunque no sé cómo, hoy no los escucha nadie. Porque al final de cualquier vida más o menos larga, por monótona que haya sido, y anodina, y gris, y sin vuelcos, habrá siempre demasiados recuerdos y demasiadas contradicciones, demasiadas renuncias y omisiones y cambios, mucha marcha atrás, mucho arriar banderas, y también demasiadas deslealtades, eso es seguro. Y no es fácil ordenar todo eso, ni siquiera para contárselo a uno mismo. Demasiada acumulación. Demasiado material brumoso y amontonado y a la vez muy disperso, demasiado para un relato, aun para uno solamente pensado. Y no hablemos de las infinitas cosas que caen bajo el punto ciego del ojo, cada vida está llena de episodios literalmente invisibles, uno ignora lo que pasó porque simplemente no lo vio, no hubo posibilidad de verlo, buena parte de lo que nos afecta y nos determina está tapado, cómo decir, no se ofreció a la visión, se sustrajo, no hubo ángulo."
Javier Marías, Fiebre y lanza

4/10/11

Biblioteca do IES de Brión

Son as 5 da tarde e atópome nesta nova Biblioteca o cal me trae o recordo da nosa Biblioteca Sarmiento. Ademais descubro que Pablo Naveira acórdase tamén do noso centro, de min e Reme, a nostalxia é inevitable. Aínda que pouco a pouco vou atopando o meu sitio neste novo destino, supúsome algunas dias de nerviosismo e mal durmir.
Este ano teño pensado ler co alumnado de 2º de ESO o delicioso e sorprendente libro de Mark Haddon El curioso incidente del perro a medianoche. Ata o de agora nunca impartira clases na ESO, todo un novo reto que para min suporá un desafío.
Son as 5 da tarde e agora terei que subir a dar clase de 2º de Bacharelato e falar de Platón con este calor. Pasei do frío absoluto o extremo contrario. Nesta clase leva dando o Sol todo o día e algún día vou medir a temperatura por curiosidade.
Apertas a tod@s dende Brión.

3/10/11

Voto feminino


O 1 de outubro cumpríronse  80 anos da aprobación, na República, do voto femenino.
Recollido na Constitución de 1931, no seu artigo 36 dispoñía que "os cidadáns dun e outro sexo, maiores de 23 anos, terán os mesmos dereitos electorais conforme determinen as leis".
Un recordo para Clara Campoamor.

1/10/11

Como se crea o diñeiro

"Dicía a economista Joan Robinson que o principal motivo para estudar economía era precisamente para evitar ser enganados polos economistas (...) A economía non é unha ciencia exacta, pero aínda así hai quen se consideran posuidores da verdade absoluta. E para ameazar o seu inmenso poder non só fai falta ter razón senón tamén un forte respaldo social e político, pois as facultades de economía non as poboan necesariamente os mellores economistas senón tamén e, case sempre de forma maioritaria, aqueles máis recompensados polo seu papel de divulgadores dunha determinada ideoloxía (...) Hai que saber economía. Porque non saber implica quedar calado ante os argumentos que xustifican recortes sociais e perdas no nivel de vida -mídase esta como se queira-, e iso implica estar continuamente á defensiva. E ningunha batalla se gaña se un non move un dedo por amagar un ataque..."
  
Economista, investigador da Universidade Pablo de Olavide (Sevilla).
Coordinador do Consello Científico de ATTAC.

Este documental explica de xeito fácil e didáctico como se crea o diñeiro, así como quen realmente son os beneficiados con este sistema que apunta á esclavización de todas as persoas e a consecuente realización dun goberno mundial en mans duns poucos.





Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas