Blog da Biblioteca do IES de Curtis: 1/4/11 - 1/5/11

29/4/11

Oito por oito

Oito cancións para oito poemas

Hoxe lemos na web oficial do poeta do Incio: 
   
“Dunha banda a poesía de Lois Pereiro, da outra, a música de Alexandro González. O resultado é Oito cancións para oito poemas, un traballo musical que é posible grazas a unha Bolsa de Primeira Obra da Fundación Caixa Galicia. O traballo conta coa colaboración de Xabier Deive, Lino Braxe, Antón Patiño, Mini Rivas" 

 En resumo: Poesía de Lois Pereiro + música  =  oito por oito

27/4/11

Este sistema se acaba... REACCIONA

Entrevista a "DON" José Luis Sampedro


ESTE SISTEMA SE ACABA Jose Luis Sampedro... por hordashispanicas

(Barcelona, 1917)
Escritor, humanista e economista.
Exerceu a docencia na Universidade de Manchester e foi Catedrático de Estrutura Económica na Universidade Complutense de Madrid (1955-1969).
En 1969-70 exiliouse a Gran Bretaña como contestación ás deportaciones de catedráticos da Universidade de Madrid, dando clases nas Universidades de Liverpool e de Salford.
Tamén exerceu como subdirector (1962-1969) e asesor (1979-1981) do Banco Exterior de España, sendo senador por designación real (1977-1979).
Ocupouse de diversos aspectos da actividade económica, en especial da política industrial e da dinámica interna da economía. Entre as súas obras económicas podemos destacar: Principios prácticos de localización industrial (1957), Realidad económica y análisis estructural (1959), Conciencia del subdesarrollo (1973), Las fuerzas de nuestro tiempo (1967) e Inflación: una versión completa (1976).
É un novelista moi prolífico, de notoria popularidade e continuos éxitos.
Das súas obras literarias pódense destacar: Congreso en Estocolmo (1952), El río que nos lleva (1962), El cabello desnudo (1976), Octubre, octubre (1982), La sonrisa etrusca (1985), La vieja sirena (1990) e Real sitio (1993).
Desde 1990 é membro da Real Academia Española.
En abril de 2009 foi investido como Doutor Honoris Causa da Universidade de Sevilla.
O 22 de xullo de 2010 recibiu o XXIV Premio Internacional Menéndez Pelayo polas súas "múltiples achegas ao pensamento humano".
O Consello de Ministros de 12 de novembro de 2010 outorgoulle a Orde das Artes e as Letras de España "pola súa sobresaliente traxectoria literaria e polo seu pensamento comprometido cos problemas do seu tempo".

REACCIONA

REACCIONA. 10 razones por las que debes actuar frente a la crisis económica, política y social

Autores: José Luis Sampedro, Javier Pérez de Albéniz, Javier López Facal, Carlos Martínez, Ignacio Escolar, Rosa María Artal, Àngels Martínez i Castells, Juan Torres López, Baltasar Garzón, Federico Mayor Zaragoza, Lourdes Lucía

José Luís Sampedro, Federico Maior Zaragoza e Baltasar Garzón, entre outros, bríndannos 10 respostas cunha idea común: a necesidade de tomar postura e actuar pois aínda hai esperanza, hai solucións.




«Fronte aos perigos que afrontan as nosas sociedades interdependientes é tempo de acción, de participación, de non resignarse».
Stéphane Hessel

Reacciona trata de clarificar e canalizar a pesadumbre dun sector crecente da sociedade española coa crise económica, política e social que estamos vivindo, coa crise do sistema. E varios factores están en xogo: a nosa estabilidade, o equilibrio global, unha xeración de mozas sen futuro e o futuro mesmo. Unha mestura singular de especialistas, un comité de sabios, entre os que destaca José Luís Sampedro, que nos brinda dez respostas cunha idea común: a necesidade de tomar postura e actuar, de concienciarnos e espertar pois aínda hai esperanza, hai solucións. Unha cidadanía informada e responsable pode impedir os atropelos. Todos cun mesmo rumbo, cun obxectivo claro: defender a dignidade, a democracia e o ben común. chegou o momento. O primeiro paso é reaccionar.

23/4/11

Día do libro


Autor: Ratomik

Feliz Día do Libro


O lugar da lectura

Unha illa de luz na xema dos dedos.
Unha porta sempre entreaberta.
Unha duna cara ao vento.
Unha nube sobre a herba.
Unha casa encantada.
Unha laranxa do paraíso.
Unha pousada no inferno.
Unha man e unha fouce.
Unha carapucha vermella.
Unha bufanda colorada.
Unha alfombra no ceo.
A pulga e o xigante.
A rosa e o cravo.
A serpe e a mazá.
A fonte e o cervo.
A flor da candea.
A fenda do espello.
A lúa na boca.
A tona do tempo.
A pedra e o canto.
A voz e o silencio.
O lugar da lectura.



Carlos Negro

DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DO DEREITO DE AUTOR - 23 DE ABRIL


18/4/11

O idioma como aposta empresarial

E rematou a nosa Semana Cultural... Dende aquí queremos dar as grazas a todos os relatores e relatoras que, desinteresadamente, colaboraron connosco. Entre eles, Malú Bergantiños, unha das últimas relatoras da semana e responsable de comunicación de R, que nos explicou por que a súa empresa aposta polo galego. Velaquí algunhas das ideas que achegou na súa intervención:

R defende, dende a súa creación, o uso do galego como idioma de relación fundamental cos seus clientes e coa poboación de Galicia en xeral, e tamén como sinal de identidade intimamente ligada á marca e aos valores de innovación e desenvolvemento de Galicia. Para eles a lingua non é unha estratexia de mercado senón un trazo máis do seu xeito de ser que convive harmonicamente co resto dos sinais da identidade da empresa. Foron quen de incorporalo con naturalidade ás comunicacións empresariais, sen traumas nin balbordos, sen facer disto un acontecemento especial, respectando ocos para outras linguas e insistindo nas posibilidades do idioma para todo tipo de comunicacións, accións publicitarias e reclamos empresariais.
Consideraron que, ademais de tecnoloxía punta, cumpría apostar polo propio a todos os niveis, crer no que nos une aos de aquí e que nos diferencia do resto, confiar na forza que temos para quitar adiante os nosos proxectos e, sobre todo, querer a Galicia e estar orgullosos dela. A lingua é, sen dúbida, un dos sinais que nos vencella coa terra, que nos enriquece e distingue dos demais, que nos identifica fóra e que lle achega un valor engadido a todo o que facemos. Por isto, a aposta de R por Galicia e polo galego é permanente e incuestionable.
Consideran que “É máis importante o que es que o que vendes” e que por iso, “ a identidade da empresa, o seu valor engadido e diferencial gañaralle sempre a partida á mellor das campañas publicitarias”.

Grazas, R, por sentirte galega e grazas, Malú, polo teu bo facer e a túa profesionalidade.

15/4/11

Thomas Jefferson - A Banca

Sen comentarios

O NOSO ENCONTRO CON XOSÉ TOMÁS


O pasado luns, primeiro día da Semana Cultural do noso instituto, estivo con nós o ilustrador Xosé Tomás. A súa charla tratou sobre a historieta gráfica. Explicounos as partes que formaban a banda deseñada: bocadillos, viñetas, diferentes tipos de planos... Tamén nos dixo que as historietas non teñen por que ter linguaxe escrita: a iso chamoulle “silencios”. Quedounos ben claro, cos expemplos que nos mostrou,  que para ler este tipo de textos non fan falta palabras, abonda cun pouco de imaxinación e lóxica. Rematou facendonos ver a relación que hai entre a historieta e o cine, entre a maneira de construir unha viñeta e unha escea das que vemos en calquera peli. A nós gustounos moito a charla, tanto polo que aprendemos nela como pola utilidade que pode ter o que nos contou para pasalo ben coa lectura.


Lorena Caramés e Noelia Fontecoba. 2ºB ESO

Semana Cultural - Venres - Clausura

Venres 15 de abril

Hora: 8:45 – 9:50. Salón de actos.
Actividade: Semana das curtas galegas
Grupos: E4-XEAD-CMSMR

Hora: 8:45 – 14:25. Patio cuberto.
Actividade: Concurso de sobremesas
tradicionais franceses.
Grupos: Alumnado de francés.

Hora: 10:45 – 12:00. Aula Cc. Sociais
Actividade: Memoria gráfica de Curtis
Relator: Andrés Mariño SanMartín
Grupos: E2

Hora: 11:35 – 12:25. Salón de actos..
Actividade: O fenómeno lingüístico
de Angola
Relator: Benevides Mauricio (USC).
Grupos:.E3C-E4-B1

Hora: 12:45 – 14:00. Salón de actos.
Clausura: Conferencia a cargo do
catedrático de Zooloxía e Antropoloxía
Física da USC, Victoriano Urgorri.
Grupos: B2A-B1A-E4.

14/4/11

Lusofonía

Deixamos aquí este vídeo da RTP onde se fai un pequeno estudo das relacións da lingua galega e portuguesa. Maurício Benavides, profesor de lingua e literatura portuguesa  da Universidade Agostinho Neto e actualmente lector da USC, será un dos convidados desta semana cultural que con certeza ampliará e desenvolverá estes contidos. Tender pontes cara á lusofonía é o obxectivo deste encontro.


Dies dei

"Dies dei" de Nani Matos from Jorge Fernández on Vimeo.

Máis información sobre o filme

Hoxe connosco: Nani Matos

A Guarda (Pontevedra) 1966


Traballa en teatro desde o ano 1999. No eido audiovisual ten participado en teleseries como actor episódico, spots publicitarios e distintas curtametraxes, protagonizando “Esperanza para vivir”, “A guerra dos grelos”, “Reflexos” ou “Que me escribas”, entre outras. Dirixiu a curtametraxe Dies dei da que tamén é guionista.

Formación específica: Formado inicialmente na Escola de Teatro municipal de Gondomar e no obradoiro teatral “Eliseo Alonso” de Goián. Fixo os seguintes cursos: “O actor no espazo” por Jose Luis Raymond (2008). “Taller de interpretación ante a cámara” por Moisés Morales EGACI (2008) . “O intérprete diante da cámara” impartido por Mario Iglesias (2008). "Curso de creación escénica" por Ana Vallés (2006). "A arte do mimo segundo Marcel Marceau e outras formas do teatro xestual" por Blanca del Barrio (2006). “Taller de Guión: O oficio de escribir para cine e televisión”. Dirixido por Xosé Cermeño (2006). “Creación de guións de cine e televisión” por Nacho Vigalondo, (2005). “O humor na narración oral”. por Cándido Pazó, (2003). “En busca da identidade cómica” impartido por Leo Bassi, (2003). “Técnicas de improvisación” impartido por Luis “loco” Brusca, (2002). Escola municipal “Gondomarteatro”. (1998-1999). Aula de teatro "Antonio Férnandez" (1999-2002).


Filmografía:
Rías Baixas (1999)
Oculta identidade (2008)
O show dos Tonechos (2005)
Dies dei (2009)


Vía O portal audiovisual galego (culturagalega.org)

Semana Cultural - Xoves

Xoves 14 de abril

Hora: 8:45 – 9:50. Salón de actos
Actividade: Semana das curtas galegas

Hora: 10:45 – 11:35. Salón de actos.
Actividade: Curtas galegas hoxe, polo
realizador Nani Matos
Grupos: E3-B1

Hora: 10:45 – 12:00. Aula Cc. Sociais.
Actividade: Memoria gráfica de Curtis.
Grupos: E1.

Hora: 12:45 – 14:25. Salón de actos.
Actividade: A importancia da
formación continua.
Relator: Director da ESEI de Ourense.
Grupos; E4-B2A-XEAD-CMSMR.

13/4/11

PASEANDO POLO SÉCULO XIX... CON DONA EMILIA

Hoxe pola mañán fixemos unha viaxe moi especial: sacamos o billete na biblioteca Sarmiento e subímos ao tren do tempo, nesta ocasión conducido por Xulia Santiso, conservadora da Casa Museo de Emilia Pardo Bazán. Levounos de súpeto... ao século XIX e conseguiu meternos na pel de dona Emilia Pardo Bazán: como viviu, como se educou, que escribiu e por que o fixo así... Pero ademáis poidemos ver como era e para quen era a prensa nesa época,  como se vestían as mulleres hai un século,  cales eran as "funcións" que a sociedade lles encomendaba...

Fermosa viaxe chea de curiosidades dignas de ocupar un lugar na nosa memoria, tanto polo seu valor como polo entusiasmo  de quen nolas transmitiu.

Hoxe connosco: Xulia Santiso Rolán - Conservadora da Casa Museo Emilia Pardo Bazán

Naceu en Vilagarcía de Arousa, Pontevedra. Dende hai anos reside na Coruña.
Licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago, especialidade Museoloxía.
Especialista en Arte Contemporáneo.
Autora de numerosos artigos e conferencias en torno á figura de Emilia Pardo Bazán.
Dende o ano 2000, Conservadora da Casa Museo Emilia Pardo Bazán.
Premio Pedra do Destino 2008 á defensa, conservación e divulgación do Patrimonio Cultural de Galicia concedido pola Asociación de Amigos dos Museos de Galicia.


A Casa Museo, entidade pública que depende da Real Academia Galega, está ubicada no primeiro piso da na vivenda familiar da condesa, no número 11 da rúa Tabernas de A Coruña.
O proxecto da Casa Museo, con Xulia Santiso á cabeza, ten dous obxectivos: a musealización, que presenta e contextualiza a súa figura, e a dinamización, que formula iniciativas que a inclúen no espazo sociocultural que por dereito lle corresponde.
En xeral móstrase o universo íntimo da autora en espazos historicistas e, utilizando unha radical posta en escena, faise fincapé na súa faceta literaria.
O museo pretende ser anfitrión de experiencias sempre gratificantes, por iso priorízase a faceta educativa e propóñenllela aos visitantes que o desexen.


Enlaces:




Semana Cultural - Mércores

Mércores 13 de abril

Hora: 8:45 – 9:50. Salón de actos.
Actividade: Semana das curtas galegas
Grupos: CMAUT-CMIEAU PCPI

Hora: 10:45 – 11:35. Salón de actos.
Actividade: O idioma como aposta
empresarial.
Relatora: Malú Bergantiños, responsable
de comunicación de R
Grupos: B1-XEAD-CMSMR.

Hora: 10:45 – 12:00. Biblioteca.
Actividade: Achegándonos a Emilia
Pardo Bazán.
Relator: Xulia Santiso
Grupos: E4, clube de lectura Fendetestas.

Hora: 10:45 – 12:25. Taller tecnoloxía.
Actividade: Teatro, decorado, iluminación e
encadre.
Relatores: Ana Seoane e Bibiana Piñeiro.
Grupos: E2.

Hora: 12:45 – 14:25. Patio cuberto.
Actividade: Teatro, deshinbición,
improvisación e representación.
Relatores:Ana Seoane e Bibiana Piñeiro.
Grupos: E1.

Hora: 12:45 – 14:25. Salón de actos.
Actividade: Actuación musical.
Grupos: Alumnado de música.

12/4/11

UN POUCO DE NOVELA... E UN POUCO DE HISTORIETA GRÁFICA



Onte tivemos a sorte de ter no noso IES  a escritora Rosa Aneiros e o ilustrador Xosé Tomás: a tarde pasou ben rápido entre anacos de novela e de historietas gráficas.  Unha vez máis, a literatura cobrou vida entre nós.

Eduardo Barreiros, o Henry Ford galego

Vía Fundacion Barreiros




Témolo na Biblioteca

Semana Cultural: Martes

Martes 12 de abril

Hora: 8:45 – 9:50. Salón de actos.
Actividade: Semana das curtas galegas
Grupos: E1

Hora: 10:45 – 12:00. Salón de actos.
Actividade: Memoria gráfica de Curtis
Relator: Andrés Mariño SanMartín
Grupos: E34

Hora: 10:45 – 12:25. Aula Cc. Sociais.
Actividade: A rehabilitación da vivenda.
Relator: Juan Pinto Tasende. Arquitecto
Grupos: B2.

Hora: 12:45 – 14:25
Actividade: 30 anos do Parlamento de Galicia.
Relatores: Xesús Veiga, Antonio Campos,
José Antonio Santiso Miramontes.
Grupos: E3-E4-B1.

Hora: 15:30 – 17:30. Salón de actos.
Actividade: Proxección documental.

11/4/11

Hoxe connosco: Rosa Aneiros

Rosa Aneiros (Meirás-Valdoviño, 1976) é xornalista e traballa no Consello da Cultura Galega. Colabora habitualmente en distintos medios de comunicación impresos e dixitais, entre eles culturagalega.org (sección “Agardando as lagarteiras”), Diario de Pontevedra, El Progreso, Galicia Hoxe, Diario de Ferrol (a través da axencia AGN), El País, Grial, Fadamorgana ou Casa da Gramática, ademais do programa “Un día por diante” da Radio Galega. En 1999 presentou a súa primeira novela, Eu de maior quero ser á que seguiron Corazóns amolecidos en salitre (2002), Resistencia (Xerais, 2003, oito edicións dende a súa publicación), O xardín da media lúa (Galaxia, 2004), Veu visitarme o mar (Xerais, 2004), Ás de bolboreta (Xerais 2009), Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil, Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro Xuvenil, 2009 e Premio The White Ravens (Internationale Jugend Bibliothek), 2010 e Sol de Inverno (Xerais, 2009), Premio Xerais de Novela 2009 e Premio Fervenzas Literarias a Mellor portada adultos, 2009. Ten publicados relatos nos volumes colectivos Narradoras (Xerais, 2000); Relatos (1999), Relatos gañadores do Pedrón de Ouro 1998-1999-2000 (2001) ), Seis ferroláns (2003), Alma de beiramar perdida (2003), Botella ao mar (2003) ou Narradio (Xerais, 2003). Conta, ademais, no seu haber con recoñecementos como o Modesto Rodríguez Figueiredo (Pedrón de Ouro, 1998); o Manuel Lueiro Rey (1996); o Manuel Murguía (2001), o Carvalho Calero (2001), o Premio Arcebispo Juan de San Clemente (2003), o Premio Careón 2006 ou o Premio da Crítica Losada Diéguez (2005), ademais do Premio Caixanova Francisco Fernández del Riego en 2007 polo artigo xornalístico “A última vaca”. Os seus artigos literarios restán recollidos nos volumes Agardando as lagarteiras (culturagalega.org, 2003) e Ao pé do abismo (Xerais, 2007).

Hoxe connosco: Xosé Tomás

Xosé Tomás (Betanzos - A Coruña, 1971), é ilustrador, humorista gráfico e profesor de inglés de ensino secundario no IES Melide (A Coruña, España). O seu campo de traballo diversifícase en diferentes ámbitos :

-O groso da súa obra sitúase na ilustración infantil e xuvenil.
Títulos: O caderno azul (Xerais, Vigo), O neno que tiña medo dos robots / O robot que tiña medo dos nenos (Edebé, Barcelona), María é Maior (Baía, A Coruña), Ou pirata Metepata (Baía, A Coruña), Sabeliña e vos intres (Galaxia, Vigo), Contos de reis e de nadal (Xerais, Vigo), Ou afundimento do Tiránic (Baía, A Coruña), Misterio en Guernica (Baía, A Coruña), Ou soñador (Baía, A Coruña), Un fantasma no colexio (Edebé, Barcelona), Ou monstro dous Ancares (Galaxia, Vigo), Orballo dá mañá (Baía, A Coruña), Un marciano neste mundo (Baía, A Coruña), Ou lume dous soños (Baía, A Coruña), Ou tempo ao revés (Baía, A Coruña), Boasorte (Baía, A Coruña), Carolina e os caracois (Baía, A Coruña), Flis-fli-ris-flas (Galaxia, Vigo), Cando eu saiba ler (Galaxia, Vigo), Ou arco dá vella (Xerais, Vigo), O gran libro de relatos de Piratas e corsarios (Parramón, Barcelona), Rodribico e a noite (Baia, A Coruña), Rodribico aprende a voar (Baía, A Coruña), Rodribico e ou mar(Baía, A Coruña), Rodribico vai ao circo (Baía, A Coruña), Rodribico visita a cidade(Baía, A Coruña), Antón, se tal! (Baía, A Coruña), Chispo, ou esquío que venceu ao frío (Galaxia, Vigo), Ou souto escuro e perigoso (Xerais, Vigo), Vos amigos de Santi (Galaxia, Vigo), Vou ter un irmán (Galaxia, Vigo), Jo de major vull ser... (Bromera, Valencia), Choiva de ras (Planeta, Barcelona), e outros.


- En cómic realizou a obra Tolos, para a Universidade dá Coruña, e tamén Compañeiros, encargo da Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, así como o Proxecto Terra (Colexio de Arquitectos de Galicia), ou a serie Preventigirl.


- Publica diariamente unha viñeta cómica para La Voz de Galicia, e realiza colaboracións habitualmente para este diario; tamén fai humor gráfico para as revístas Tempos Novos e a Revista Galega de Educación.


- Traballa igualmente o cartelismo didáctico, e estende o seu labor ao mundo dos materiais multimedia, con traballos para a Xunta de Galicia, a Universidade dá Coruña, Deputacións e Concellos, e diversas empresas editoriais.


- Imparte con regularidade talleres de ilustración e cómic en centros de ensino primario e secundario para profesores e alumnos, e colabora na formación dos docentes (a través dos Centros de Formación do Profesorado e de movementos de renovación pedagóxica) nos usos didácticos do cómic e a ilustración.


- Foi recentemente enviado pola Xunta de Galicia como ilustrador infantil á Feira do Libro da Habana para presentar o panorama da ilustracion infantil e impartir diversas charlas e talleres didácticos. Así mesmo, a Embaixada de España en Nixeria convocouno para impartir un curso de ilustración infantil a profesionais nixerianos, e interveu neste ano 2010 no Colexio Español de Lisboa coa celebración de actividades didácticas a escolares ao redor da ilustración e o cómic.


- Actualmente está a realizar a súa tese doutoral sobre o papel interventor do ilustrador nos álbums infantilles ilustrados.


( Compleméntase esta panorámica do ilustrador cunhas palabras súas arredor do papel das ilustracións como complemento enriquecedor dos textos - extractado do seu blog- )


Comentaba un amigo (ou amiga) (…) a "inutilidade" da ilustración (quizais esa palabra é demasiado forte pola miña parte) cando o texto xa di o que sucede, xa describe o que se ve, e xa é abondo para crear mundos. Eu coincido. Pero coincido no sentido de que a ilustración no debe repetir o que o texto di, sen máis. A imaxe non deixa de ser unha lectura, a do creador-ilustrador, que interpreta a obra do creador-escritor. Pero a imaxe, cando é feita tras o texto (e ben podería suceder todo viceversa), pode estendelo, amplificalo, crear submundos onde non os había (ou onde non tiñan "por que non" existir). A imaxe pode, en fin, desbordar a historia inicial.

Semana Cultural - Luns

Luns 11 de abril

Hora: 8:45 – 9:50. Salón de actos.
Actividade: Semana das curtas galegas
Grupos: E2

Hora: 11:25 – 12:25. Aula Cc. Sociais.
Actividade: Enerxías renovables.
Relatora: Victoria Villoch. Responsable de
Medio Ambiente de Acciona Energía
Grupos: B2 (alumnado de Xeografía).

Hora: 16:20 – 18:00. Biblioteca.
Actividade: Encontro con Rosa Aneiros
Grupos: B1, club de lectura Fendetestas.

Hora: 16:20 – 17:10. Salón de actos.
Actividade: Obradoiro de banda deseñada.
Relator: José Tomás
Grupos: E1. (Colabora a ANPA)

Hora: 17:10 – 18:00. Salón de actos.
Actividade: Obradoiro de banda deseñada.
Relator: Xosé Tomás
Grupos: E2.(Colabora a ANPA)

9/4/11

Si esto es un hombre


Los que vivís seguros

En vuestras casas caldeadas

Los que os encontráis, al volver por la tarde,

La comida caliente y los rostros amigos:

Considerad si es un hombre

Quien trabaja en el fango

Quien no conoce la paz

Quien lucha por la mitad de un panecillo

Quien muere por un sí o por un no.

Considerad si es una mujer

Quien no tiene cabellos ni nombre

Ni fuerzas para recordarlo

Vacía la mirada y frío el regazo

Como una rana invernal

Pensad que esto ha sucedido:

Os encomiendo estas palabras.

Grabadlas en vuestros corazones

Al estar en casa, al ir por la calle,

Al acostaros, al levantaros;

Repetídselas a vuestros hijos.

O que vuestra casa se derrumbe,

La enfermedad os imposibilite,

Vuestros descendientes os vuelvan el rostro.

Primo Levi

8/4/11

A CULTURA CLÁSICA PERVIVE NA NOSA REALIDADE

Hoxe os alumnos de latín de 4º adicamos a clase a investigar sobre diversos síndromes, os cales levan o nome de persoaxes mitolóxicos e literarios do mundo clásico.


SÍNDROME DE DIÓXENES:
O síndrome de Dióxenes é un trastorno de comportamento; caracterízase polo total abandono persoal e social e polo aislamento voluntario. Xeralmente , acompañase da acumulación de moitos cartos e desperdicios. Bautizouse así porque facía referencia a Dióxenes de Sinope, un filósofo grego que promulgou os ideais de privación e independencia das necesidades materiais.

Cristian Sánchez Merelas , 4º ESO





SÍNDROME DE PIGMALIÓN

O síndrome de Pigmalión producese cando unha serie de circunstancias provoca un aumento ou detrimento das capacidades dun suxeito para realizar unha actividade. O síndrome adoita aplicarse ao efecto negativo. Obtén o seu nome da historia de Pigmalión , un escultor que vivía en Chipre: buscou durante moito tempo unha muller coa que casarse que debía cumprir unha condición : debía ser a muller perfecta. Frustado na súa busca ,decidiu non casar e adicar o seu tempo a creación de esculturas fermosas . Unha delas , Galatea , era tan bonita que Pigmalión namorouse dela. Afrodita, vendo o amor que sentía por Galatea , concedeulle a esta a vida.

Ana e Lucas. 4º ESO

                                
O COMPLEXO DE EDIPO


O Complexo de Edipo é un problema psicolóxico que ten as súas orixes no mito grego de Edipo, o cal casou coa súa nai sen sabelo. Consiste en establecer una relación especial coa nai, quizais non de tipo sexual, senon de codependencia, como vivir anclado na nenez, na que non es autosuficiente, e é túa nai a que fai todo por ti.
Edipo foi un rei mítico de Tebas, fillo de Laio e Iocasta, que sen sabelo matou ao seu pai e desposou a súa nai.
Patricia e Celeste, 4º LATIN





O SÍNDROME DE ULISES:


Co nome de Síndrome de Ulises coñécese o sindrome do emigrante con estrés crónico.Caracterizase por un estrés asociado a problemática dos emigrantes ao afincarse nunha nova residencia.
O nome ven da odisea que padeceu o mitico heroe Ulises para voltar desde Troia a sua patria grega,Ítaca.

David e Miguel, 4º LATÍN





SÍNDROME DE PENÉLOPE:
O síndrome de Penélope consiste nunha serie de problemas físicos e emocionais provocados na muller pola longa ausencia do home. Os problemas emocionais son: ansiedade, tristeza, desánimo, falta de motivación, sentimento de culpa, depresión ... A todo iso, asócianse complicacións físicas como a hipertensión, os mareos, as taquicardias...


Penélope era muller do heroe grego Ulíses. Este marchou á guerra de Troia e tardou 20 anos en volver. Ela era requerida por moitos pretendentes: para evitar a presión díxolles que os atenderia cando rematase de tecer unha tea para o seu sogro, Laertes; a tarefa presentábase como imposible, xa que ela mesma desfacía de noite o traballo realizado durante o día. Simboliza o amor e a fidelidade conxugal.

Noelia e Paula, 4º LATIN

7/4/11

POR FIN... PREMIOS PARA OS GAÑADORES

Vense de facer entrega dos premios aos gañadores do concurso Quen é esa muller? Un pequeno problema "loxístico" obrigounos a retrasar máis do que quixeramos este pequeno acto. Desde aquí animamos a todo o alumnado a seguir medrando coa biblioteca.

5/4/11

LITERATURA PARA TOCAR, PARA VER, PARA SENTIR...

Vén de conmemorarse, o sábado día 2 de abril, o día do libro infantil e xuvenil. No IES de Curtis , con tal motivo, sacamos dos andeis libros e DVD de literatura para os nosos adolescentes.
De súpeto, como por arte de maxia, apareceron ante nós os mundos máis variopintos e entretidos que poidades imaxinar... Pola mesa de exposicións da nosa biblio camiñan, incansablemente, da man J. London, Manuel Lourenzo, J. Verne, María Reimondez, Andreu Martïn, A. Fernández Paz, Quino, Goscinny e Uderzo, J. A. Rowling... Son tantos, que case non os podemos recoñecer...E falan e falan sen parar, facéndonos acenos coas mans para que entremos pola fabulosa porta da ficción: pódennos relatar os Contos por palabras, ou levarnos a Narnia ou ó colexio de Harry  Potter, tal vez prefiramos viaxar á lúa, ou ás profundidades do mar... que tal se probamos os efectos de contar estrelas? Nunca entrastes no país das marabillas? Pois xa o sabedes, nunca é tarde para explorar novos mundos, sobre todo cando o billete para viaxar está tan preto das nosas mans.

3/4/11

Cinema galego

O filme galego Crebinsky logrou no Festival de Málaga o premio ao mellor guión novel.

A próxima semana chega ás pantallas comerciais Crebinsky, un filme dirixido por Enrique Otero que logrou o seu paso polo Festival de Málaga non só dous galardóns senón, ademais, unha boa acollida por parte do público e da crítica. O propio Otero, coguionista do filme xunto a Miguel de Lira que, á súa vez, é o protagonista. Crebinsky concíbese como unha road movie auténtica, unha viaxe interior de encontros inesperados, sentimentos ocultos e recordos borrados.

Xunto a Miguel de Lira, comparten elenco Sergio Zaarreta e Luís Tosar, actor este último que o xoves á noite recibiu o Premio Málaga, o máximo galardón honorífico do festival. O outro filme galego a concurso, Doentes, volve do certame sen entrar no palmarés.

Clara dice, Carlos Roncero

Me voy a mi cuarto, dijo levantándose.
¿Al ordenador otra vez? ¿no?, dijo el padre más a modo de crítica que de pregunta.
Estás siempre delante de esa pantalla, añadió la madre, no sé como puedes perder tanto el tiempo.
Julieta sintió entonces un intenso impulso de coger su plato vacío y lanzarlo contra el televisor, pero no lo hizo; prefirió marcharse a su dormitorio con un nudo de impotencia y frustración en la garganta. Esa noche, sin embargo, no usó el ordenador; no por despecho hacia sus padres, sino porque por primera vez en su vida lo veía como un ente amenazante que probablemente cobraría vida para reclamar venganza.



Clara dice, é unha novela inspirada en feitos reais, que incide nun dos temas candentes da sociedade actual e que nos mostra o aspecto máis escuro que pode ter Internet na vida dos mozos, que adoptaron o correo electrónico, os chats e as redes sociais como ferramentas básicas para relacionarse co mundo que os rodea.
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas