tag:blogger.com,1999:blog-4721872071975849941.post1151631201589613917..comments2023-07-14T17:29:02.392+02:00Comments on Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Fernando Trias de Bes gaña o Premio de Hoy con "El hombre que cambió su casa por un tulipán"Curtisbibliohttp://www.blogger.com/profile/12961074240378352856noreply@blogger.comBlogger2125tag:blogger.com,1999:blog-4721872071975849941.post-90064592878010483842009-04-28T22:50:00.000+02:002009-04-28T22:50:00.000+02:00!Qué aspecto tan Taylor Power tiene en esta foto T...!Qué aspecto tan Taylor Power tiene en esta foto Trías!Curtisbibliohttps://www.blogger.com/profile/12961074240378352856noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-4721872071975849941.post-46392615454744162922009-04-28T17:43:00.000+02:002009-04-28T17:43:00.000+02:00"TODOS TEMOS A CULPA"
O título "O home que cambiou..."TODOS TEMOS A CULPA"
O título "O home que cambiou a súa casa por un tulipán" (a obra presentouse ao galardón como "A síndrome dos necios") naceu a partir dun exemplo real, acontecido no principio do século XX, cando un bulbo de tulipán alcanzou prezos desorbitados e había xente que investía todo nesas flores. "A culpa e a responsabilidade é de todos", sentenciou.

Non obstante, o economista sinalou algúns responsables directos ("nós no seu lugar probablemente fariamos o mesmo") como os bancos centrais, os bancos de investimento, os reguladores, os dirixentes políticos ("que tamén son vítimas") ou os investidores. O "sistema de regras perversas", "que premia e non castiga", afecta tamén, segundo Trías de Bes, "á educación, aos valores e a outros aspectos sociais".

"A crise é un gran reflexo dunha sociedade que non quere sufrir, nin asumir a perda", puntualizou, engadindo que "non" hai solucións, senón paliativos". Entre eles, a suspensión temporal das débedas das familias por parte dos bancos. "Ninguén ten que ser perdoado, somos todos adultos, pero iso daríalles tempo ás familias para amortizar as súas débedas". O autor tamén pensa en crear un xogo infantil no que se ensine aos nenos a crear burbullas especulativas para que simulen os riscos de arruinarse.

VANTAXES NA CRISE
"A verdadeira crise é a crise da incompetencia e o inconveniente das persoas e países é a preguiza de encontrar solucións", denunciou, engadindo que "se hai vantaxes", entre elas está a de que "a creatividade nace da angustia". Non obstante, Trías de Bes non ve prazos concretos para o fin da actual situación. "Á parte de traballar duro, temos que deixar de falar dela", advertiu.

No caso específico de España, o economista cre que a situación sería grave independentemente de quen estivera no poder. Hai que entender a economía dende o punto de vista psicolóxico, antropolóxico e dende as políticas económicas creadas para a sociedade", concluíu.

Belén López Celada, directora de Temas de Hoxe e unha das xuradas que avaliaron as 62 obras presentadas (de España e América Latina), destacou que, coa segunda edición do galardón, se renova "a ilusión", "coa confianza que o ensaio divulgativo de amplo alcance continúe sendo un instrumento necesario para a difusión cultural e o debate construtivo".

"Este libro, de linguaxe alcanzable, vainos axudar a comprender o que acontece cunha sociedade con afán de enriquecerse con diñeiro doado", declarou pola súa banda Santi Santamaría, gañador da primeira edición do Premio co polémico 'A cociña ao nu'.Curtisbibliohttps://www.blogger.com/profile/12961074240378352856noreply@blogger.com