
Pensando no Reis e ao modo do Monopoly parece que existe desde hai algún tempo un xogo dirixido aos bibliófilos: o Bookopoly, no que se negocia con libros. Con tres libros, constrúes unha librería; con tres librerías, unha biblioteca. Hai xéneros literarios, datos con títulos e autores... até se pode ser elixido Presidente do Club Lector!
Un pequeno problema é que o xogo non se atopa en ningua das duas linguas maioritarias en Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario