Blog da Biblioteca do IES de Curtis: TIC's
Mostrando entradas con la etiqueta TIC's. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta TIC's. Mostrar todas las entradas

12/11/12

Navega en galego

Fala a lingua de Galicia tamén na rede!!

O navegador da Internet fala por ti e nel vén, por defecto e como regra xeral, o español.

Neste blog (Navega en galego) sacámoste de dúbidas!

Aclarámosche de xeito automático cal é o idioma preferente do teu navegador.

De non usares  o idioma de Galicia, aparecerache unha vídeo-titoría e seguíndoa, nuns poucos clics poñerás a falar o teu navegador en galego.




20/2/11

Poesía Galega


PoesíaGalega.org é unha nova ferramenta web onde temos toda a poesía galega. 
O material audiovisual e os libros que se poden descargar de balde para a súa lectura. O proxecto naceu na USC, da man de Arturo Casas e un grupo de colaboradroes, e pretende ser un repositaro da crítica sobre poesía galega.

16/2/11

Sexamos educad@s tamén na Rede

Ao outro lado do ordenador hai xente á que podemos molestar ou ofender se descoñecemos as normas básicas de comportamento en Internet.

Con non esquecer que ao comunicarnos a través de Internet (mediante o correo electrónico, chats, grupos de noticias, mensaxería instantánea, foros...) detrás hai persoas igual que nós, teremos moito adiantado. As normas de etiqueta na Rede (ciberetiqueta ou netiqueta, do inglés netiquette) non son moi diferentes ás normas sociais de conduta que nos van inculcando dende a infancia. O que hai coñecer é o equivalente na Rede aos bos modais.

Pica aquí se queres coñecer esas normas básicas de comportamento na Rede.

15/2/11

IV Concurso "Ignacio López Bueno" de Presentacións Informáticas

O IES Terra de Trasancos convoca o IV Concurso "Ignacio López Bueno" de presentacións informáticas que este ano terá como tema "Recursos Naturais do 3º Mundo".
Nel poderá participar tódolos alumnos de ESO, Bacharelatos ou Ciclos de FP que estean matriculados no presente curso escolar en centros educativos de Galicia.
O prazo de presentación dos traballos finalizará o día 1 de abril. Os traballos poden entregarse na Secretaría do centro, envialos por correo ordinario en formato CD ou DVD, ou ben remitilos por correo electrónico poñendo como asunto IV Concurso Ignacio López Bueno.

2/11/10

Redelibros.com

En dez días presentarase en Vigo Redelibros.com, a primeira rede social exclusivamente dedicada ao libro posta en marcha en Galicia. A vocación deste espazo é dobre. En primeiro lugar, pretende ofrecer todos os servizos das redes sociais, tanto de facer comunidade como de mantela comunicada e, ao tempo, ofrecer espazo en liña para a venda destinado ás librarías pequenas.

O proxecto leva en marcha un par de meses e agora está na fase de sumar as librarías. Esta rede social é un espazo que ten case un millón de títulos catalogados, de maneira que os membros da rede poden facer comentarios, recomendalos uns a outros, poden incorporar novos títulos ao fondo ou pedir opinións sobre eles. Será tamén un espazo de venda para as pequenas librarías de Galicia.
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas