Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Lois Pereiro
Mostrando entradas con la etiqueta Lois Pereiro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Lois Pereiro. Mostrar todas las entradas

13/6/11

LOIS PEREIRO. BREVE ENCONTRO

UN ACHEGAMENTO COMIQUEIRO Á BIOGRAFÍA E Á OBRA DO POETA LOIS PEREIRO

Esta novela gráfica, en branco e negro, de Jacobo Fernández Serrano, constitúe un singular e fermoso achegamento comiqueiro á vida e á obra do poeta homenaxeado na Letras Galegas 2011.
Iníciase cun breve encontro no que o autor homenaxea a película de David Lean, percorrendo cada unha das etapas da vida do poeta monfortino. Dende o seu nacemento na vila de de néboa e trens, pasando polos días de descubrimento da adolescencia, as primeiras loias en Madrid, o envelenamento e doenza posterior provocado pola colza, as viaxes europeas, as antoloxías coruñesas de amor e desamor, a edición do primeiro libro, os días da conversa ultramarina e da modesta proposición, ate a poesía última de amor e enfermidade. A novela inclúe ademáis a edición gráfica dalgúns dos textos máis emblemáticos do poeta, así como as visións do creador arredor da súa figura. Como sinalou Manuel Rivas, esta novela gráfica “non trata de condecorar a Lois nin de poñelo nun pedestal. Trata de facelo reexistir, de andar por aquí de novo”.

10/5/11

Vento Lois

   
          TRANSMIGRACIÓN

Esta enerxía xa non vai ter fin
non foi creada nin será destruída.
Irá ocupando diferentes vidas,
transformándose en emocións alleas
situadas noutros corpos paralelos,
en simultáneas procesións
sen pausa.
Nun cálido universo apaixonado
voume dosificando con usura,
ata que chegue a hora de voltar,
canso e feliz,
ó punto de partida.

           Lois Pereiro: Poesía última de amor e enfermidade (1995)

8/5/11

VENTO LOIS


Poema a Ánxel Fole



E líquidos telúricos, a terra

que se soña a si mesma e se fai 

lenda.

O murmurio invernal

o vran no voo das vésporas ó sol 

e o lume coa viciosa liturxia do candil 

sombras letais 

na quente perspectiva das lareiras 

cerimonia das intrigas da infancia 

Algo para crer algo auto de fé.

Terra e máis terra brava brava 

mais maina e cruel 

violenta, visceral,

secreta, infame, inmemorial, 

amada, fole, a terra 

anxel, fole e a morte

a morte anxel a morte 

en ti 

the end.


                                            PEREIRO, Lois: Poemas 1981/1991. 
                                                                Compostela, Positivas, 2010 ( 2ª ed.)









.

5/5/11

Vento Lois



(Ausencia ou presencia non alteran

a distancia do espírito,

que xa internou nela.

E os elementos das novas tecnoloxías

van elaborando os nosos afectos...)




X



Tristemente convivo coa túa ausencia

sobrevivo á distancia que nos nega

mentres bordeo a fronteira entre dous mundos

sen decidir cal deles pode darme

a calma que me esixo para amarte

sen sufrir pola túa indiferencia

a miña retirada preventiva

dunha batalla que xa sei perdida

resolto a non entrar xamais en ti

pero non á tortura de evitarte.

xullo, 95

                             
                     PEREIRO, Lois: Poesía última de amor e             enfermidade                            











4/5/11

Vento Lois


¿ QUE É GALICIA ?

Galicia... data
Run...

A. Auga. Aire. A Amnesia do vencido, a Atracción do Abismo, a Árbore xunta á Árbore, e a alegría do espazo circundante. A alma é o Atlántico e é o cantil o corpo da súa chamada Atroz.

B. Barroco: a Beleza usual feita materia en pedra no Bordo do Bosque omnipresente.

C. Calma. Castelao, Curros, Cunqueiro, Cultura, Celebración e Culpa: unha conciencia Céltica do Cosmos.

D. Difícil definir esa Dor, Dobregar o Destino, conseguir que o Desexo nos siga sendo útil. (Diluvia)

E. Espiral no Espazo Esférico. Emigración: Estímulo do noso Exilio interior que nos leva polo leste cara a Europa, polo mar cara ao Éxito e cara á Enfermidade, e sempre cara ao Eterno Extrañamento do Espírito.

F. Fogo de Fogar. Fantasía. Fábricas, Febre e Formas do Futuro, Figuras do pasado. O Fenómeno atmosférico da Felicidade, e todas as Festas do mañá...

G. Gráficas do Granito, auga e silencio, onde transborda a alma da Gulfstream. O xemir das Gaitas, e no carácter esa amable presenza da Graxa.

H. Historia: Herbicida o esquecemento. A Humidade, o "Horror vacui" e a Humildade impídennos converter a Historia en Heroísmo. Nosa Herdade adestrada na fuxida, coa sabedoría das feridas vellas, por nosas propias mans soamente vencidos.

I. Ironía: arte de converter o Inferno nun conto de Inverno.

J. Son oriental. Rotundidade sureña.

K. Kilowatios por terra mergullada.

L. Loito: manchas na paisaxe, bólas negras sobre o tapete verde.

M. Lega Mortos o Misterio da Música, pero o Miño vaise levando ese Misterio ao Mar.

N. Norte. Noite. Néboa. Negro: materia poética nacional.

Ñ. Nh/ gn/ ñ.

O. Oeste: "Galicia atende e obedece á chamada do Oeste" (R. Otero Pedrayo). Tantos séculos de Ofensas e de Esquecemento crean anticorpos no Organismo dun pobo, e esa continua Ofensa da historia xerará no Orgullo deste pobo apracible o destrutivo Osíxeno do Odio, a Obsesión do fracaso e da culpa.

P. Poesía. Patria. Paixón. Perigo de extinción, perdidos en nosa propia Pureza, da necesidade de ser un Pobo. A nosa indiferenza alimentará o Proceso de autoxenocidio que vivimos. Paisaxes dispersas, aliñados entre os Perfís do Pasado, coa Presenza dunha vexetal sensación de eternidade. Paixón e Poses "punk", reflexos Postmodernos e altas horas nos diques urbáns da noite.

Q. Química da dor Quintaesencia do medo. Aí, pegado a min, quen ri?

R. Río: o Rumor da vida, a Relixión das augas. As Risas xorden sempre onde Reina a calma, na quietud profunda de quen coñece o Risco e domínao. Rural: corre sangue Rural por estas veas; e se algunha vez a Razón opón Resistencia, recoñécese o galego na terra, na lenta vitalidade da árbore, na invencible Resignación da herba.

S. O Son da Soidade e o Silencio. O Salvaxe Sarcasmo dos Soños do presente, e a Silente atracción polo Suicidio: o Sil. O Miño é o noso Sangue, o Sil a súa Sombra. Serenos e Sombríos, finalmente transcende o Sorriso astuto.

T. Terra. E o Tempo, e o Trastorno e as súas Tebras. A Tradición dunha triste Tenrura. A Terra é o principio, e todo existe nela e para ela.

U. Utopía: compaxinar o desexo e a necesidade dos nosos soños.

V. Vacas en Vales mollados, e a férrea Vontade dos Vellos encadeados á terra, co Vicio do seu fatalismo escéptico. Verde. Verde e máis Verde sobre outros Verdes, e por detrás: Verde.

W. Whisky: noite urbana. Galicia é Wagneriana, ou é máis ben un Wolfgang Amadeus enfermo de paisaxe, soñando con Sibelius?.

X. 25 de Xullo.

Y. e

Z. Fin
Guión televisivo de Lois Pereiro emitido pola TVG (25-07-1998)

3/5/11

Vento Lois


(Pouco antes de morrer, Raymond Carver
escribiu o inicio dun poema:
“¿E conseguiches o que
querías desta vida?
Conseguino, si.
¿E que querías?
Considerarme amado, sentirme
amado na terra”

Eu tamén podería dicir o mesmo...)


                                    PEREIRO, Lois: Poesía última de amor e enfermidade 1992-1995. 
                                  Santiago de Compostela, Positivas, 2010 (3ª edición)               

29/4/11

Oito por oito

Oito cancións para oito poemas

Hoxe lemos na web oficial do poeta do Incio: 
   
“Dunha banda a poesía de Lois Pereiro, da outra, a música de Alexandro González. O resultado é Oito cancións para oito poemas, un traballo musical que é posible grazas a unha Bolsa de Primeira Obra da Fundación Caixa Galicia. O traballo conta coa colaboración de Xabier Deive, Lino Braxe, Antón Patiño, Mini Rivas" 

 En resumo: Poesía de Lois Pereiro + música  =  oito por oito

30/7/10

LOIS PEREIRO en castelán


Galicia… data
Run…
a. Agua. Aire. La Amnesia del vencido, la Atracción del Abismo, el Árbol junto al Árbol, y la alegría del espacio circundante. El Alma es el Atlántico y es el Acantilado el cuerpo de su llamada Atroz.
b. Barroco: la Belleza usual hecha materia en piedra en el Borde del Bosque omnipresente.
c. Calma. Castelao, Curros, Cunqueiro, Cultura, Celebración y Culpa: una conciencia Céltica del Cosmos.
d. Difícil definir ese Dolor, Doblegar el Destino, conseguir que el Deseo nos siga siendo útil. (Diluvia) e. Espiral en el Espacio Esférico. Emigración: Estímulo de nuestro Exilio interior que nos lleva por el Este hacia Europa, por el mar hacia el Éxito y hacia la Enfermedad, y siempre hacia el eterno Extrañamiento del espíritu.
f. Fuego de hogar. Fantasía. Fábricas, Fiebre y Formas del Futuro, Figuras del pasado. El Fenómeno atmosférico de la Felicidad, y todas las Fiestas del mañana…
g. Gráficas del Granito, agua y silencio, donde transborda el alma de la Gulfstream. El gemir de las Gaitas, y en el carácter esa amable presencia de la Grasa.
h. Historia: Herbicida el olvido. La Humedad, el “Horror vacui” y la Humildad nos impiden convertir la Historia en Heroísmo. Nuestra Heredad adiestrada en la huída, con la sabiduría de las heridas viejas, por nuestras propias manos solamente vencidos.
i. Ironía: arte de convertir el Infierno en un cuento de Invierno.
j. Sonido oriental. Rotundidad sureña.
k. Kilowatios por tierra sumergida.
l. Luto: manchas en el paisaje, bolas negras sobre el tapete verde.
m. Lega muertos el Misterio de la Música, pero el Miño se va llevando ese Misterio al Mar.
n. Norte. Noche. Niebla. Negro: materia poética nacional.
ñ. Nh/ gn/ ñ.
o. Oeste: “Galicia atiende y obedece a la llamada del Oeste” (R. Otero Pedrayo). Tantos siglos de Ofensas y de Olvido crean anticuerpos en el Organismo de un pueblo, y esa continua Ofensa de la historia generará en el Orgullo de este pueblo apacible el destructivo Oxígeno del Odio, la Obsesión del fracaso y de la culpa.

p. Poesía. Patria. Pasión. Peligro de extinción, perdidos en nuestra propia Pureza, de la necesidad de ser un Pueblo. Nuestra indiferencia alimentará el Proceso de Autogenocidio que vivimos. Paisajes dispersos, alineados entre los Perfiles del Pasado, con la Presencia de una vegetal sensación de eternidad. Pasión y Poses “punk”, reflejos Postmodernos y altas horas en los diques urbanos de la noche.
q. Química del dolor Quintaesencia del miedo. ¿Ahí, pegado a mí, quién se ríe?
r. Río: el Rumor de la vida, la Religión de las aguas. Las Risas surgen siempre donde Reina la calma, en la quietud profunda de quien conoce el Riesgo y lo domina. Rural: corre sangre rural por estas venas; y si alguna vez la Razón opone Resistencia, se Reconoce el gallego en la tierra, en la lenta vitalidad del árbol, en la invencible resignación de la hierba.
s. El Sonido de la Soledad y el Silencio. El Salvaje Sarcasmo de los Sueños del presente, y la Silente atracción por el Suicidio: el Sil. El Miño es nuestra Sangre, el Sil su sombra. Serenos y Sombríos, finalmente trasciende la Sonrisa astuta.
t. Tierra. Y el Tiempo, y el Trastorno y sus Tinieblas. La Tradición de una
triste Ternura. La Tierra es el principio, y todo existe en ella y para ella.
u. Utopía: compaginar el deseo y la necesidad de nuestros sueños.
v. Vacas en Valles mojados, y la férrea Voluntad de los Viejos encadenados a la tierra, con el Vicio de su fatalismo escéptico. Verde. Verde y más Verde sobre otros Verdes, y por detrás: Verde.
w. Whisky: noche urbana. ¿Galicia es Wagneriana, o és más bien un Wolfgang Amadeus enfermo de paisaje, soñando con Sibelius?.
x. 25 de Xullo*.
y. y
z. Fin

28/7/10

Pingas poéticas

Superou doadamente o valado dos soños da súa amada
e penetrou naquel xardín alleo co seu inferno dentro
e sen máis nada.
Na viaxe nocturna que emprendemos
polo interior dun corpo diferente
un acto de amor é un fluído urxente...
A inmersión no silencio é o que distingue
aos que aman con espírito suicida
dos que somentes son
un soño breve

9/7/10

Edinburgh Edinburgh

¿Onde se deita a noite en Edinburgh?
¿á esquerda do castelo de carbón diamante
cun sol negro?

dura pedra escocesa que me garda
da hipnose contaxiosa das Highlands
empapando a alma en frío
cervexa calvinista whisky ateo
Cruel máxica dura
espectro dos meus soños agresivos
volverei por ser teu
na túa pel e na escuma do desexo

7/7/10


O Leo Arremecághona (Todo o que fagho pódese baixar de balde d'A Regueifa Plataforma: http://www.aregueifa.net/ )
Somos marxe. Exiliados na propia terra. Por iso na Academia alguén entendeu por fin que había que meter un punki dentro. Que había que bvotarlle colLois. Panta Lois. Todo ou nada. É o intre límite da loita final. 15 anos. É urxente. Temos que okupar o secuestrado Panteón de Galegos/as Ilustres. Cuspirlles nas tumbas para lles mandar unha húmida mensaxe de vida e furia necesaria.

3/7/10

Pereiro

...só puiden evitar vivindo á sombra
inocularlle para sempre a quen amaba
doses letais do amor que envelenaba
a súa alma cunha dor eterna
sustituíndo o desexo polo exilio...

30/6/10

Manuel Vilanova


Dentro dos títulos fundamentais encadrados nas promocións literarias da década dos 80 é de lei reparar na figura de Manuel Vilanova que como poeta está considerado un dos autores que marcou a paso da literatura socialrealista á preocupación máis esteticista dos anos oitenta.
E direivos eu do mister das cobras (Editorial "La Región", Ourense, 1980) ten sido considerado por Álvaro Cunqueiro, Varela Jácome, Fernández del Riego, Xosé Mª Álvarez Blázquez e moitos outros, como o poemario máis anovador da lírica galega contemporánea

29/6/10

Na Galiza dos oitenta

Este ano cando abordemos nas aulas a obra de Lois Pereiro teremos que reparar no politicamente incorrecto que foron eses momentos da movida, e, teremos que reparar en canto máis libres éramos entonces.
Varios libros poden axudarnos a entender aqueles anos; Bos Tempos para a lírica, de Xavier Rodríguez Baixeras, Sete leccións de poesía, de Manuel Forcadela, e Espazos do poema, de Xosé María Álvarez Cáccamo, en que os tres poetas, dende diferentes ópticas, realizan asexos da poesía da súa xeración.

27/6/10

En 1995 aparece a Poesía última de amor e enfermidade. Con só dous libros publicados xa define un estilo literario curto e tenso, cualificado como de economía expresiva: non se excede en recursos formais, emprega abundantemente o establecemento dicotómico de realidades elementais (amor/desamor, vida/morte). Neste derradeiro libro, en vida, de Lois, que foi reeditado nos últimos tempos, atópase un novo xeito de entender a existencia: para aprehendela en profundidade é necesario ter conciencia da morte. Isto pode ter unha interpretación vitalista que encaixaría coa ríxida etiqueta de poeta maldito, ao entender que esta postura fronte á vida nace da súa propia experiencia, que se mergulla na liña que a separa da morte.
Lois Pereiro morre pouco despois, en 1996. Nese ano do seu finamento, o seu irmán, Xosé Manuel, fai que saia á luz Poemas para unha Loia, constituído a partir de composicións da época madrileña, xa publicadas naquela revista Loia, e dun ensaio: "Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia". Nel expón moitas das súas ideas e conviccións sociais e políticas, ofrecendo unha panorámica que inclúe unha chea de referencias directas a escritores, filósofos ou políticos dos que bebe.
Ademais, deixou oito capítulos dunha novela inacabada, Náufragos do paradiso, publicados naquela revista que fora dirixida por Manolo Rivas, Luces de Galiza.
Pero Lois Pereiro tamén lle puxera letras ás melodías do grupo punk Radio Océano, que o seu irmán lideraba. Porque o esforzo de Lois estivo canalizado cara á contracultura, na que militaba con vehemencia. E así, as súas verbas tamén se debuxan en fancines ou en escollidos guións.
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas