Páxinas
"Non hai ningunha lectura perigosa. O mal non entra nunca pola intelixencia cando o corazón está san"
Jacinto Benavente
Jacinto Benavente
Mostrando entradas con la etiqueta Matemáticas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Matemáticas. Mostrar todas las entradas
13/5/15
Biblioteca escolar... matemático!!!
Biblioteca escolar... matemático!!! é o lema elixido este ano para o cartel da campaña de comezos de curso nas bibliotecas escolares galegas. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria continúa así a liña iniciada no pasado curso, coa que se pretende incidir na función da biblioteca como apoio ás necesidades das distintas áreas de aprendizaxe. Nesta ocasión, o lema xoga a salientar o papel imprescindible da biblioteca escolar e, ao tempo, quere lembrar a necesidade de espertar o interese polas matemáticas, achegándose a elas de forma natural e incitando a descubrir a súa presenza na natureza e nos obxectos que nos rodean.
O ilustrador David Pintor foi o encargado de poñer imaxe ao lema desta campaña e velaquí a súa interpretación: unha biblioteca matemática polos catro costados, chea de vida e ben ilustrativa do que este espazo educativo pode ofrecer ao noso alumnado.
Existen xa interesantes experiencias en bibliotecas escolares galegas que contemplan entre as súas actividades propostas concretas arredor das matemáticas. Agardamos que esta nova iniciativa sirva para apoiar novas propostas e favoreza unha maior presenza desta área do coñecemento nas bibliotecas escolares e no día a día dos centros.
20/11/11
20/3/11
Centenario da Real Sociedade Matemática Española
O diario "El País" iniciou un concurso de resolución de problemas de Matemáticas relacionado co Centenario da RSME (Real Sociedad Matemática Española)
O concurso durará 30 semanas e pódese ver en que consiste e o enunciado do primeiro problema no seguinte enlace premendo aquí.
6/2/11
27/6/10
Un paseo a través das matemáticas!
"Unha película para todos os públicos!
Nove capítulos, dúas horas de matemáticas, que te levarán pouco a pouco ata a cuarta dimensión..."
Nove capítulos, dúas horas de matemáticas, que te levarán pouco a pouco ata a cuarta dimensión..."
A película "Dimesiones, un paseo a través de las matemáticas" de Arelién Alvarez, Étienne Ghys e Jos Ley, foi o Premio d'Alembert 2010, que outorga a Société Mathématique de France (SMF).
Se queres seguir vendo o resto dos capítulos (nove en total) preme aquí
16/5/10
CURIOSIDADES MATEMÁTICAS
Ante a proximidade da celebración da Feira Matemática, nesta semana que xa vai tocando fin o Departamento de Matemáticas, organizou dentro da Biblioteca Sarmiento unha exposición sobre materiais ben curiosos deste campo do saber: libros antigos e doutras culturas, aparellos de uso cotián para o ensino matemático hai xa moitas décadas, narrativa e humor gráfico relacionados con esta disciplina... Noraboa pola idea e polo éxito da iniciativa entre profesores e alumnos.
2/4/10
Nature by numbers
A TEORÍA TRAS A PELÍCULA
A animación arranca presentando unha sucesión de números. Unha serie moi famosa e recoñecida dende hai moitos séculos no mundo occidental grazas a Leonardo de Pisa, unha matemático italiano do século XIII, tamén chamado Fibonacci. Por iso coñéceselle como Sucesión de Fibonacci, aínda que xa fora descrita con moita anterioridade polos matemáticos hindús. (máis)
27/12/08
Mate

¿PORQUÉ NO HAY PREMIO NOBEL EN MATEMÁTICAS?
Se cuentan varias historias: La más conocida dice que la esposa de Nobel tenía amoríos con Mittag-Leffler un matemático de la época por lo que en venganza no incluyó dicha asignatura en los premios. Otra dice que se llevaba mal con Mittag-Leffler quien tendría posibilidades de ganar el premio. Parece que ninguna de ellas es cierta pues Nobel no era casado y apenas conocía a dicho personaje. Se cree que la verdadera razón es que Nobel consideraba las matemáticas poco útiles en la vida práctica.
Se cuentan varias historias: La más conocida dice que la esposa de Nobel tenía amoríos con Mittag-Leffler un matemático de la época por lo que en venganza no incluyó dicha asignatura en los premios. Otra dice que se llevaba mal con Mittag-Leffler quien tendría posibilidades de ganar el premio. Parece que ninguna de ellas es cierta pues Nobel no era casado y apenas conocía a dicho personaje. Se cree que la verdadera razón es que Nobel consideraba las matemáticas poco útiles en la vida práctica.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas


