Páxinas
"Non hai ningunha lectura perigosa. O mal non entra nunca pola intelixencia cando o corazón está san"
Jacinto Benavente
Jacinto Benavente
Mostrando entradas con la etiqueta día das letras galegas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta día das letras galegas. Mostrar todas las entradas
5/5/11
Vento Lois
(Ausencia ou presencia non alteran
a distancia do espírito,
que xa internou nela.
E os elementos das novas tecnoloxías
van elaborando os nosos afectos...)
X
Tristemente convivo coa túa ausencia
sobrevivo á distancia que nos nega
mentres bordeo a fronteira entre dous mundos
sen decidir cal deles pode darme
a calma que me esixo para amarte
sen sufrir pola túa indiferencia
a miña retirada preventiva
dunha batalla que xa sei perdida
resolto a non entrar xamais en ti
pero non á tortura de evitarte.
xullo, 95
PEREIRO, Lois: Poesía última de amor e enfermidade
31/3/11
Mundo Lois
A seguir deixamos un video producido por MUNDOLOIS, espectáculo ideado por Antón Reixa
que "pretende suministrar a calquera espectador profano no coñecemento de Lois Pereiro unha visión fonda, sedutora e interdisciplinar da súa personalidade artística".
Lino Braxe pon a voz. Lois o poema.
Lino Braxe pon a voz. Lois o poema.
Mundo Lois from Mundo Lois on Vimeo.
22/2/11
Habemos de ir ao Incio. Lois Pereiro 2011
Vídeo documental realizado por dous colegas que nos aproxima á figura do poeta home que este ano está a protagonizar o Día das Letras.
Vía: TRAFEGANDO RONSEIS
Vía: TRAFEGANDO RONSEIS
28/7/10
Pingas poéticas
Superou doadamente o valado dos soños da súa amada e penetrou naquel xardín alleo co seu inferno dentro
e sen máis nada.
Na viaxe nocturna que emprendemos
polo interior dun corpo diferente
un acto de amor é un fluído urxente...
A inmersión no silencio é o que distingue
aos que aman con espírito suicida
dos que somentes son
un soño breve
16/5/10
17 DE MAIO: CAMIÑANDO POLAS LETRAS
A actividade da Biblioteca Sarmiento para a conmemoración do 17 de maio xirou nestes días arredor dos escritores homenaxeados ao longo dos anos nesta data, cunha especial adicación ao poeta do Caurel; o obxectivo foi achegar a toda a comunidade retazos de cultura, de poesía, de Galicia... a través da palabra, da imaxe, da música e mesmo da natureza... Para iso organizáronse actividades diversas: exposicións sobre autores galegos, cunha dobre versión en viñeta e en formato divulgativo, panel sobre Uxío Novoneira (fotos, textos, citas sobre a súa personalidade e labor...), libros á man (fóra dos andeis e ó alcance de todos: tocar, ver, ler...), mostra de flora típica galega, proxección permanente no recinto da biblioteca sobre o autor homenaxeado... Velaquí a nosa proposta, chea, como sempre, de ilusión ...
6/4/10
Rosalía para o día das letras galegas

A artista uruguaya Luz Darriba, esta organizando unha iniciativa que consiste en cubrir de libros as principais prazas das cidades de Galicia(ACoruña ,Lugo , Ourense ,Pontevedra , Vigo , Tui , Santiago) para o día das letras galegas. Dentro desta iniciativa tamén podemos encontrar outra moi curiosa que consiste en escribir con libros unha estrofa do poema "negra sombra" en cada cidade para completar o poema entre todas, un homeaxe a Rosalía de Castro.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas



