Morreu Pablo Antoñana o pai creador dun universo literario centrado no diminuto país da súa invención,a República de Ioar Esta República iníciase en Viana, corre mugas cara ao norte polo despoblado de Longar, e abarca a parte oriental da Val de Aguilar con Desojo, a Berrueza enteira, jamás de moros poseida, e Sansol e O Busto, vilas occidentais do distrito dos Arcos.Ioar cheira a pólvora de pistola, trabuco e canón; a sangue, desvalimiento e morte", cheiros estes que marcaron unha obra e unha temática que o propio autor resumía en marzo de 2008 do seguinte xeito: "Todas las guerras me afectan y no puedo apartarlas de mi desde que conocí la gran matanza del 36. Desde entonces sopen que cuando un hombre mata a otro es un criminal destinado a la cárcel, mientras que cuando da la orden de asesinar a miles de inocentes es condecorado"
Para Antoñana a literatura era "compromiso con la hora y el tiempo que se vive" e a novela sinónimo de testemuña e denuncia. Por iso insistía en falar da guerra, a inxustiza, a maldade, o fracaso ou a pobreza. De feito, en todas a súa novelas aparecen dous grupos enfrontados e irreconciliables: os posuidores e os desposeídos