Blog da Biblioteca do IES de Curtis: 3º PDC
Mostrando entradas con la etiqueta 3º PDC. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 3º PDC. Mostrar todas las entradas

20/12/11

LIBROS QUE LEMOS... E QUE VOS RECOMENDAMOS. PARTE 1

Os alumnos de 3º C de ESO lemos neste trimestre varios libros da literatura galega e castelá: queremos falarvos deles e recomendarvos aqueles que máis nos gustaron.



Eu lin unha colección de relatos que tratan sobre historias e lendas antigas cheas de situacións que dan medo: Cando petan na porta pola noite de Xabier P. Docampo.
Recoméndovos especialmente o relato O Forneiras, no que un espírito acaba coa vida dun home tras comerlle os órganos pouco a pouco. Recoméndolles esta colección a todos os que lle gusten as lendas de medo.

TADEO



Elixín: No pidas sardina fuera de temporada A. Martin J. Rivera. Non me arrepinto de lelo xa que nos presenta temas moi directos relacionados coa actualidade.Este libro cóntanos a historia dun adolescente que exerce como detective: metese nun mundo de drogas e abusos só por conseguir un despacho onde se ubicar.


JONATHAN




Tamén lemos: El chico rumano de Javier Alfaya e Mecanoscrito da segunda orixe de Manuel de Pedrolo, pero non nos gustaron tanto como os anteriores.



 

LIBROS QUE LEMOS... E QUE VOS RECOMENDAMOS. PARTE 2

Seguimos, os alumnos de 3º C, coas nosas recomendacións de lectura:


Lin Trece anos de Branca, de Fernández Paz.
Gustoume moito porque a protagonista, que é unha adolescente, conta a súa vida a partir dunhas fotos. E recomendaríao a todos aqueles que busquen nun libro sinceridade e experiencias de xente da nosa idade.

SANDRA






    He leído el libro  El asesinato de la profesora de Lengua de Jordi Sierra i Fabra.

Me gustó mucho porque en él  aparecen protagonistas de nuestras edades: unos alumnos se ven obligados a pasar unas pruebas y resolver unos enigmas para poder aprobar esta asignatura. Lo recomiendo porque está lleno de acción y de intriga.


FÁTIMA





Lin o libro de Agustín Fernández Paz Rapazas: é un conxunto de relatos nos que os personaxes principais son mozas. O que máis me gustou foi Un curso con Ana; sentinme moi identificada coa protagonista porque gustariame actúar coma ela e defender a igualdade de capacidades entre homes e mulleres.
 
ROCÍO
 
 
 
 
 
Tamén lemos: Tristes armas de Marina Mayoral, El asesinato del profesor de matemáticas de Jordi Sierra i Fabra e El niño con el pijama de rayas de John Boyne.
 
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas