Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Día dos Namorados
Mostrando entradas con la etiqueta Día dos Namorados. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día dos Namorados. Mostrar todas las entradas

20/2/17

LENDO E VENDO... DE CORAZÓN

        
      Estes días os libros e as películas de temática sentimental que repousan nos andeis, cobran vida e saen do seu espazo cotiá para tenderlle a man aos lectores que gustan das historias de amor.



Nunha zona próxima á mesa de empréstitos e devolucións, calquera pode pasar e ler o lema que sobre as portadas en forma de corazón invita a coñecer a historia que garda cada libro ou DVD. E se non hai moito tempo ou ganas de vir pola biblioteca, nos corredores hai tamén colgadas imaxes de portadas de libros co correspondente lema... 

 
Xa o sabedes: non hai desculpa para non entrar no apaixonante mundo das ficcións sentimentais...

14/2/14

CONCURSO AMOR OMNIA VINCIT


CUESTIÓNS PARA O VENRES, 14 DE FEBREIRO (debe entregarse a tarxeta coas respostas mañán no primeiro recreo).

1. En que consiste o Complexo de Fedra?
2. Explica a orixe mitolóxica da árbore da que procede a mirra.
3. Segundo a lenda clásica, cal é a orixe do fenómeno acústico coñecido como eco?
4. Na reunión de onte liouse a de tirios e troianos: explica o significado da expresión suliñada e precisa que famosa raíña da antigüidade clásica a usou por vez primeira.

13/2/14

CONCURSO AMOR OMNIA VINCIT


CUESTIÓNS PARA O XOVES, 13 DE FEBREIRO (debe entregarse a tarxeta coas respostas mañán no primeiro recreo).

1. Que facía Leandro para visitar a Hero todas as noites e como o conseguía?
2. Que dous premios conceden os deuses a Filemón e Baucis en pago á súa hospitalidade?
3. En que relato mitolóxico aparece o personaxe chamado Polifemo e que cruento acto realiza no mesmo?

4. Explica cal é a orixe dos termos LAUREADO E BACHARELATO e indica con que parella mitolóxica se relacionan.

12/2/14

CONCURSO AMOR OMNIA VINCIT


CUESTIÓNS PARA O MÉRCORES, 12 DE FEBREIRO (debe entregarse a tarxeta coas respostas mañán no primeiro recreo).


1. Con que dous amantes ten relación a cor vermella dos froitos da moreira e cal é a razón desa cor?
 
2. Que proba, proposta por Penélope, deben superar os seus pretendentes para poder casar con ela? Quen consegue superala?
3. Que relación gardan con Eneas as cidades de Troia e de Roma?
4. Explica o significado da expresión A MAZÁ DA DISCORDIA e concreta con que historia de amor se relaciona.



11/2/14

CONCURSO AMOR OMNIA VINCIT


CUESTIÓNS PARA O MARTES, 11 DE FEBREIRO (debe entregarse a tarxeta coas respostas mañán no primeiro recreo)


1. A curiosidade xoga dúas veces en contra de Psique: explica en que consisten a dúas actuacións erróneas da moza e que consecuencias teñen.
2. Explica en que consiste o Síndrome de Medea e que relación ten co personaxe mitolóxico.
 
3. Que é un orfeón? Concreta que personaxe lle da nome e cal é a relación entre ambos.
4. Indica de que astro se namorou o pastor Endimión e que consecuencias tivo para el esa relación.



10/2/14

CONCURSO AMOR OMNIA VINCIT



CUESTIÓNS PARA O LUNS, 10 DE FEBREIRO (debe entregarse a tarxeta coas respostas mañán no primeiro recreo).

1. Explica de que relación naceu o Minotauro, en que illa grega vivía, quen o mata e como.

2. Cal foi a obra máis fermosa de Pigmalión e que lle concedeu Venus?

3. Que dous importantes personaxes históricos romanos foron amantes de Cleopatra?
4. Que lle pasa a unha persoa que calificamos como narcisista?

15/2/11

ADEUS AO DÍA DOS NAMORADOS... NON AO AMOR

mesa de materiais Biblio Sarmiento
Pasou o día dos namorados, pero na nosa biblioteca seguimos tendo á man de todos unha selección de materiais (DVD e textos) relacionados coa temática amorosa. Ah, e lembrade que


O  máis  difícil non é  o primeiro bico , senón  o  último ( Paul Geraldy)
 

14/2/11

A= (a+i+x)k

Amor(A) é a suma do apego persoal(a), o investimento parenteral ou familiar(i) e a sexualidade(x), e todo iso afectado polo ámbito(k).


"Sempre me fago cruces ao pensar como millóns de persoas de anos se namoraron e desnamoraron sen saber o que lles pasaba por dentro. Eu creo que non hai nada máis poético que a versión biolóxica e científica do amor"




Aínda que o libro xa é do 2007, o amor segue estando de actualidade e as reflexións de Punset non teñen caducidade.

QRT M8

13/2/11

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas