Con motivo do Día dos namorados promovemos desde o Equipo de biblioteca a reconstrución escrita e gráfica de historias de amor de todos os tempos, relacionadas coa literatura, co cinema, coa arte, coa historia...
Grazas aos departamentos de linguas do noso IES conseguimos, co traballo na aula, artellar unha fermosísima exposición feita con paneis en castelán, galego, francés e inglés onde se recollen imaxes e narracións de máis de cincuenta historias sentimentais que forman xa parte da nosa cultura: Píramo e Tisbe, Romeo e Julieta, Ana Karenina e Bronski, Calisto e Melibea, Cyrano e Roxane, Celso Emilio e Moraima... Estes e moitos máis personaxes enchen o corredor da entrada neste mes, no que o concurso Amor omnia vincit, artellado sobre a información dos paneis, espera poder premiar aos máis curiosos... e aos máis habilidosos na busca de información.Páxinas
"Non hai ningunha lectura perigosa. O mal non entra nunca pola intelixencia cando o corazón está san"
Jacinto Benavente
Jacinto Benavente
Mostrando entradas con la etiqueta AMOR OMNIA VINCIT. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta AMOR OMNIA VINCIT. Mostrar todas las entradas
16/2/17
RECONSTRUIMOS NAS AULAS HISTORIAS DE AMOR... DE TODOS OS TEMPOS
Con motivo do Día dos namorados promovemos desde o Equipo de biblioteca a reconstrución escrita e gráfica de historias de amor de todos os tempos, relacionadas coa literatura, co cinema, coa arte, coa historia...
Grazas aos departamentos de linguas do noso IES conseguimos, co traballo na aula, artellar unha fermosísima exposición feita con paneis en castelán, galego, francés e inglés onde se recollen imaxes e narracións de máis de cincuenta historias sentimentais que forman xa parte da nosa cultura: Píramo e Tisbe, Romeo e Julieta, Ana Karenina e Bronski, Calisto e Melibea, Cyrano e Roxane, Celso Emilio e Moraima... Estes e moitos máis personaxes enchen o corredor da entrada neste mes, no que o concurso Amor omnia vincit, artellado sobre a información dos paneis, espera poder premiar aos máis curiosos... e aos máis habilidosos na busca de información.13/2/17
NOVA EDICIÓN DO CONCURSO AMOR OMNIA VINCIT
Con motivo da celebración do Día dos Namorados, mañá, 14 de febreiro, colocaranse no corredor da biblioteca máis de 50 carteis elaborados polo alumnado do IES baixo a coordinación do profesorado de linguas (inglés, francés, latín e grego, galego e castelán). Neles recóllense historias de amor de todos os tempos e de diferentes ámbitos da realidade (literatura, mitoloxía, cinema, pintura, ciencia...).
O equipo de biblioteca convoca, coa axuda do profesorado arriba citado, unha nova edición do concurso Amor omnia vincit, no que o alumnado inscrito deberá respostar tres cuestións diarias sobre información diversa recollida na exposición: animádevos, os dous equipos que acaden mellores resultados teñen o premio asegurado!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas
