
A editorial galega Auga inicia a súa andaina coa presentación do seu primeiro título. Mercedes Pacheco é a responsable desta empresa con sede en Santiago que se estrea nas librerías cun manual escrito polo prestixioso naturópata Javier Akerman dentro da colección Ecosalud . Mercedes Pacheco, licenciada en Filoloxía Galega e Portuguesa, correctora e tradutora do francés, portugués e galego que continúa traballando coas principais editoras de Galicia e con outras do resto do país, aterra con nome propio no panorama editorial. O libro de Akerman, Tratamentos naturais de urxencia , presentarase mañá, venres, na Casa do Libro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario