Blog da Biblioteca do IES de Curtis: HOMENAXE A MADAM CURIE

16/11/08

HOMENAXE A MADAM CURIE


Poñemos a funcionar, dentro das actividades de dinamización de biblioteca, unha nova proposta: cada mes, seleccionaremos un personaxe destacado no mundo das artes ou das ciencias, nacido ou falecido nesas datas. Unha vez elixida esa persoa, diseñaremos traballos que intenten difundir entre o alumnado contidos relacionados coa súa achega á humanidade.


Este mes conmemoramos a data da morte de Madam Curie (7 de novembro), que, como todos sabedes, foi unha eminente científica francesa, pioneira no estudo da radioactividade e dúas veces Premio Nobel, primeiro de Física e posteriormente de Química.


Querémosvos contar que, dentro das actividades destinadas a subliñar a importancia desta investigadora, teremos proximamente na Biblioteca Sarmiento, baixo o lema ¡Vive os Cómics¡, ¡Vive a Ciencia¡, unha pequena exposición sobre os superheroes de Marvel, pois non vos esquezades que, tras os poderes dos superheroes atopamos a posibilidade de coñecer algún principio científico relacionado coas súas capacidades sobrenaturais.

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas