
O do mestre vello, o do mestre novo, o do guerrilleiro que amparou na casa, o do outro que mataron logo, o do afiador de coitelos, o do capadar que lle facía sangre cos dentes na c
aluga, o do cigano de ollos verdes aí abaixo, o do cura, e os outros nenos e nenas que María traía ao mundo sola, á historia que temos entre as mans.

Era sempre de noite o can negro de Sabucedo e chamábanlle Suspiro porque nun suspiro levaba o último alento das vidas que ano tras ano lle botaba a muller que cheiraba a fume, naqueles tempos que a xente prefire olvidar.
Sechú Sende; Made in Galiza
No hay comentarios:
Publicar un comentario