
El dixo, recordo que unha das cousas que máis me gustaban cando era neno era facer cabanas con cartóns e caixas de madeira da froita que nos daban no mercado.Xuntabámolas e desafinado á lei da gravidade, eramos capaces de facer que se sostiveran. Ata que chovía, claro.Dentro, fumei os primeiros cigarros, rin moitísimo con outros nenos e nenas e vin unha e outra vez aquela revista que un lle roubara a seu pai que a trouxera de Holanda.Por iso quero facer unha cabana pero contigo dentro.E levarte a comer alí.E chuparte os dedos para que non manches as mans.Ela, que coñecía o conto, dixo que si.Que por que non lle facía a casiña de chocolate.
No hay comentarios:
Publicar un comentario