Blog da Biblioteca do IES de Curtis: TIEMPO DE LEER: "LAS BRUJAS DE LA POSADA"

20/12/08

TIEMPO DE LEER: "LAS BRUJAS DE LA POSADA"


O pasado xoves, 17 de decembro, gozamos de novo na biblioteca dunha lectura dramatizada dun estremecedor conto de medo. Esta vez tratábase dun relato da antiga Roma, titulado "Las brujas de la posada", recollido por Fenando Lillo Redonet no seu libro El aprendiz de brujo y otros cuentos de Grecia y Roma. Conto que o autor escribiu tomando como base o Asno de oro de Apuleyo.


En catro sesións diferentes o alumnado de 2º ciclo da ESO asistiu á lectura acompañada dunha presentación en power point realizada polos seus compañeiros de 4ºESO-B Daniel, Isabel, Carla, Jorge e Cristina.
O próximo mes de xaneiro continuaremos con esta actividade dende o espazo da biblioteca, pero esta vez as lecturas seleccionadas xirarán en torno ao tema da PAZ.

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas