Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Luis Pousa O ombligo do mar

5/1/09

Luis Pousa O ombligo do mar


Hai lecturas poderosas que che sacoden, que che tomban. O ombligo do mar , do xornalista da Voz e escritor Luís Pousa, é ese tipo de evangelio apócrifo. Sae en galego e castelán, en Espiral Maior, e será un libro de prosa poética que atraerá como un imán os premios, porque os merece. O autor, que é un home bo, imprescindible, fai o amor cunha cidade, A Coruña, pero tamén ten tempo para catalogar o ceo de Fisterra como un «ceo de tigres tristes». É esta unha lectura de lápiz vermello, para subliñar as frases fermosas, terribles. Para saborearlo en voz alta, como se tocan as campás e cantan as sirenas. Estamos ante un corán urbano. O argumento é a vida, a morte. E o amor que redime, «a arboleda do teu corpo». Hai «nubes barrocas como femias de Botero» e unha cidade, que, cando ten luz, parece «un escorial luminoso». Están polas páxinas o sucio Bukowski e as enumeraciones minerales de Octavio Paz ou Neruda. Está Nietzsche, o filósofo (non confundir co medio Netzer, que foi do Madrid). Sabe Pousa, que as horas «son de alambre» e, aínda así, intenta «nomear o tempo e os soños». E emerge como un pecio do naufragio a figura do pai, que morre e «do que non recordamos nin a voz». Emerge para deixarnos unha gravata de seda sobre o recordo. Porque o difícil é seguir, quedarse e seguir. Esta é a segunda operación a corazón aberto que vive Luís Pousa. *Publicado por César Casal na Voz de Galicia, 2 de xaneiro do 2009

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas