Blog da Biblioteca do IES de Curtis: A PAZ É COUSA DE TODOS.

31/1/09

A PAZ É COUSA DE TODOS.


30 DE XANEIRO: un día máis dos 365 que tén o ano para ter ben presente que a paz é a materia prima máis valiosa para construir a sociedade deste século XXI. Non pensamos só na sociedade galega, nin na española, pensamos en tódalas sociedades do mundo, nas que latexan desde hai tempo e nas que han de vir. Cremos na PAZ e na súa forza, cremos tamén na capacidade das xeracións de hoxe e de mañá para traballar por ela e conseguila e, nas aulas do noso IES, esforzámonos para que o noso alumnado crea e traballe tamén para eso. Facémolo durante todo o ano... e hoxe tamén.

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas