Blog da Biblioteca do IES de Curtis: A pola de oliveira

21/1/09

A pola de oliveira


Leva na man a póla de oliveira,
arma de luz nacida en terras ocupadas,
en terras sementadas de corpos e de sangue,
Sabra e Shatila se presentan.
Do outro lado do muro
volve o pantasma vivo da crueldade,
o monstro do pasado que dispara
selectivamente á pola de oliveira.
Do outro lado do muro tentan
que caia da súa mana póla de oliveira.
Mais, a pesar da crueldade,da carraxe, da rabia,
aínda hai mans que se erguen,que insisten, en termar
da póla de oliveira.
Aínda hai un cadáver que agarda
a terra que lle pertence para plantar
sobre a súa carne e o seu sangue
unha oliveira.

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas