Páxinas
"Non hai ningunha lectura perigosa. O mal non entra nunca pola intelixencia cando o corazón está san"
Jacinto Benavente
Jacinto Benavente
20/2/09
Biografía de María Casares
A primeira versión en galego das memorias de María Casares sairá á luz a mediados de marzo. Baixo o título Residente Privilexiada, a editorial Trifolium publicará a autobiografía da actriz galega dentro da colección Contextos.
A actuación sempre foi o eixo central da existencia da filla de Casares Quiroga, e isto queda patente nas súas memorias: "A miña patria é o teatro, e o meu país de orixe a España refuxiada. Solteira. Un papel secundario na película Os nenos do paraíso, de Marcel Carné, supuxo o seu salto ó cinema, e pouco despois -en 1944- protagonizou As damas do bosque de Boloña, de Robert Bresson. Con apenas vinte anos, a actriz comeza a acadar fama en todo París, para converterse co tempo nunha celebridade en Francia. Foi alí onde desenvolveu integramente a súa carreira profesional, dentro dun universo cultural alleo ó propio no que se convertiu, nas súas propias palabras, nunha "residente privilexiada".
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas
No hay comentarios:
Publicar un comentario