Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Aspasia de Mileto

6/3/09

Aspasia de Mileto



Nacida no ano 470 a.C. na cidade grega de Mileto(Asia Menor). Estivo unida a Pericles, o político que instaurou a democracia en Atenas. Esta muller que se comportaba como unha hetaira, formou parte dos círculos intelectuais e políticos do seu tempo e foi profesora de retórica no círculo de Pericles.
No século V. e IV. a. d. C. organizouse en Atenas un movemento de emancipación feminina que exerceu un impulso destacado na educación e na participación da muller na vida intelectual. Nesa época vivían en Atenas as hetairas ou cortesás, estas mulleres non eran atenienses e polo tanto non tiñan a condición de cidadás e non estaban suxeitas ás leis da cidade, isto permitíalles estudar as artes e interesarse pola filosofía e a política.

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas