Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Día da poesía

19/3/09

Día da poesía


"De amor e morte” na Coruña polo Día da Poesía
Biblioteca Miguel González Garcés. A Coruña20:30
MAR 20
O grupo Ouriol, coa poeta Eva Veiga e os músicos Fito Ares e Bernardo Martínez estará na biblioteca pública para lembrar un día fixado no Calendario da Letras.
O grupo Ouriol, coa poeta Eva Veiga e os músicos Fito Ares e Bernardo Martínez estará na biblioteca pública para lembrar un día fixado no Calendario da Letras. O grupo Ouriol conxuga música e palabra poética, neste caso desde a cantiga medieval até versos de hoxe, e con música creada especificamente para cada poema. Os autores e autoras seleccionados conforman así unha ampla panorámica da nosa creación poética: Fernando Esquío, Rosalía de Castro, Manuel Antonio, Uxío Novoneyra, Cunqueiro, Pimentel, Xohana Torres, Neira Vilas, Manuel María, Luz Pozo, Ferrín, Díaz Castro, Celso Emilio, Avilés de Taramancos, Álvarez Torneiro, Pilar Pallarés, Chus Pato ou Ana Romaní.
Poderase ver Biblioteca Miguel González Garcés da Coruña o venres 20 de marzo ás 20.30 horas, con entrada libre. A Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural lembra así o Día Internacional da Poesía, fixado no 21 de marzo en que comeza a primavera e data recollida no Calendario das Letras que vertebra a actividade de promoción do libro e da lectura.

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas