Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Día mundial do teatro

27/3/09

Día mundial do teatro


O Día Mundial do Teatro foi creado en 1961 pola Unesco. Para celebralo cada ano encárgaselle a unha persoa a redacción dun manifesto, que se le en todo o planeta; en 1962, a primeira destas mensaxes foi escrita por Jean Cocteau. Nesta ocasión o texto pertence ao brasileiro Augusto Boal, dramaturgo e director, creador do Teatro do Oprimido, método e formulación dun teatro democrático e para o pobo. Na súa mensaxe, Boal aposta polo teatro como vía de transformación da humanidade e do actual sistema económico.

Na gala dos María Casares Gustavo Pernas leu o 'Manifesto do Teatro Galego', no que reclamou o teatro como "espazo crítico", como "provocación", como "creación colectiva" que "depende do mercado, pero que non pode ser unha mera mercancía" e que "non debe caer na tentación dos museos e dos mausoleos". Podes ver a Gustavo Pernas lendo o manifesto no vídeo.

No noso país celébranse varios actos co gallo do Día do Teatro, como por exemplo a convocatoria realizada pola Sala Nasa, ás seis e media da tarde na Praza do Obradoiro, para 'ridiculizar' as delcaracións realizadas polo PP contra as actividades deste espazo cultural.

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas