Naceu en Alexandía(Exipto) no ano 370 d.C. A súa vida corre paralela á cidade e á biblioteca de Alexandría, punto crucial do pensamento antigo. Foi filla dun célebre matemático e astrónomo que traballaba na devandita biblioteca. Nela desenvolverá unha carreira de estudo científico, nos campos da astronomía e as matemáticas, moi influída polos ideais do neoplatonismo.
Temos noticia de moitas das súas contribucións científicas como a invención de aparellos como un planisferio, un aparato para medir o nivel da auga, outro para destilar auga, un astrolabio para localizar a altura dos astros sobre o horizonte…
Era unha muller culta e tolerante cunha inmensa sede de coñecementos. A súa casa converteuse en lugar de ensino e reunión para aqueles interesados en ciencia, filosofía e outras disciplinas.
Pero naqueles tempos co auxe do cristianismo en Alexandría algúns fanáticos relixiosos non comprenderon a unha muller coa súa sabedoría e tolerancia. Ela non era crente e foi asasinada e as súas obras destruídas.

1 comentario:
Una vez más, la Antiguëdad sorprende en el mejor y en peor sentido.
Publicar un comentario