nasce en Madrid no ano 1940. Combina os estudos de Xornalismo e Direito e, finalmente, licencia-se en Guión pola “Escola Oficial de Cinematografía”. Despois dunha longa etapa como realizadora en Televisión Española, dirixe o seu primeiro filme en 1976, A petición.A sua celebridade inicia-se con O crime de Cuenca (1975). Este filme será proibido polo governo da UCD xa que contiña unhas escenas nas que se mostraban as torturas cometidas pola Garda Civil. Isto tamén motivará que a directora teña que comparecer ante un tribunal militar.
En 1982, unha vez chega ao poder o PSOE, é nomeada Directora Xeral de Cinematografia. Dimitirá deste cargo en xaneiro de 1986 despois de pór en práctica a sua política de subvencións anticipadas, semellante ao modelo francés “Avance sur recette”, coñecida como a Lei Miró (as subvencións entregaban-se antes da realización do filme). Os seus sucesores desmantelaron esta política en tan só dez anos.
Pilar Miró será directora de RTVE entre 1986 e 1989 (segundo algunhas voces, a mellor época da cadea pública). Da rtve marchará debido a un escándalo relacionado co seu vestiário. Ao parecer este caso de suposta corrupción era máis ben unha vinganza política.
A crítica considera que o seu mellor traballo é Beltenebrós (1991), baseada na novela homónima de Antonio Muñoz Molina. Con este filme gañará un Oso de Prata no Festival de Berlin. Segundo a crítica detrás dunha trama policíaca agocharia-se un persoal axuste de contas tanto coa política como co PSOE.
Miró dirixirá tamén, con regularidade, teatro, sobre todo clásico, ópera e algunhas retransmisións especiais de televisión.
Pilar Miró falece en Madrid no ano 1997.

No hay comentarios:
Publicar un comentario