Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Respostas Concurso Mulleres (venres)

16/3/09

Respostas Concurso Mulleres (venres)

BERTHA VON SUTTNER
(1843-1914)



A baronesa Bertha von Suttner, aristócrata austriaca nacida
a mediados do século XIX, foi unha escritora comprometida co
ideal pacifista que defendeu a través das súas obras, o que lle
valeu o premio Nobel da Paz en 1905.
En 1889 publicou a novela Die Waffen nieder! (¡ Abaixo as
armas!), que se converteu rapidamente nun clásico do
movemento pacifista internacional. Traduciuse inmediatamente a
innumerables linguas. A tradición militar da familia de Bertha- o
seu pai fora mariscal de campo do Imperio e conselleiro militarpode
ser unha das razóns do seu forte compromiso pacifista.
A novela Die Waffen nieder! tiña como obxectivo principal
contribuír a parar as guerras, mostrando as causas, os horrores e
as consecuencias. Abaixo as armas! denuncia a ideoloxía
militarista, a asociación de heroísmo con virilidade e o apoio que
a Igrexa dá á violencia bélica. A súa protagonista, Martha Tilling,
alter ego de Bertha , toma a determinación de loitar pola paz, tal
como o fixo a escritora.
Von Suttner foi unha das máis destacadas figuras do
movemento internacional pola paz; difundiu a ideoloxía do
mesmo en numerosas conferencias por toda Europa, e creou
unha asociación para promovelo en Austria.

MARÍA MONTESSORI
(1870-1952)


Foi unha educadora, científica, médica, filósofa, psiquiatra,
psicóloga, feminista e humanista italiana. Estudiou enxeñería aos
14 anos, logo estuda bioloxía e entra na Universidade de Roma,
Escola de Mediciña, a pesar da oposición paterna. Graduouse en
1896 como a primeira muller médica de Italia. Máis tarde estuda
Antropoloxía e consegue un doctorado en Filosofía. Tiña unha
conciencia social importante. Participa en dous congresos
internacionais para mulleres.
Foi mestra de antropoloxía pedagóxica na Universidade de
Roma (1900-1907) e é invitada a organizar escolas infantís en todo
o territorio romano. A súa primeira “Casa de Bambini” foi
inaugurada en 1907.Esta casa fogar é a orixe do método
educativo Montessori.
O método Montessori está baseado en observacións
científicas feitas pola mesma Montessori relacionadas coa
capacidade (case sen esforzo) dos nenos, para absorber o
coñecemento do seu arredor, así como o interese que estes tiñan
polos materiais que se puideran manipular.

JULIA MINGUILLÓN
(1906-1965)


Naceu en Lugo. De moi nena mostrou interese pola
pintura pois realizou as súas primeiras obras con nove
anos. Pasou unha temporada en Burgos e Valladolid,
nesta última cidade recibiu clases particulares do pintor
José Castrocires. De regreso a Galicia consegue unha
bolsa para estudar na Escola Superior de San Fernando
en Madrid, a onde se traslada en 1926.
En 1933 participará por vez primeira nunha
exposición colectiva, un Concurso de Retratos celebrado
en Madrid. Participou en exposicións nacionais e
internacionais.
A súa obra caracterízase polo equilibrio das súas
composicións trianguladas, as gamas austeras e a
singularidade de cada figura, trazos que se observan nas
súas obras máis notábeis: Xesús con Marta e María (1934),
A escola de Doloriñas (1941), A miña familia (1944), etc.
Son moitos os críticos e escritores que se ocuparon
da vida e obra desta pntora falecida en Madrid en 1965.

MARÍA JOSEFA WONENBURGER
(1927- )
María Wonenburger naceu en A Coruña en 1927. Estudou a
licenciatura de Matemáticas (1945-50) en Madrid tendo como
profesores aos discípulos de Rey Pastor.
En 1953 foi a primeira bolseira Fullbright española en
Matemáticas e doutorouse en Yale en 1957 baixo a dirección de
Nathan Jacobson. De regreso a Madrid traballou con Germán
Ancochea ata 1960. Posteriormente trasladouse a Canadá, onde
permaneceu seis anos, primeiro como bolseira postdoutoral con
Israel Halperin en Kingston e logo como profesora na
Universidade de Toronto.
A súa segunda etapa en EE.UU comeza en Buffalo e continúa
como full profesor na Universidade do Estado de Indiana (1967-
1983). En 1983 abandonou por motivos persoais a súa actividade
profesional e trasladouse a casa familiar de A Coruña onde
reside.
É considerada como “a nai” da teoría das álxebras de Kac-
Moody. Publicou en prestixiosas revistas internacionais
numerosos artigos que continúan sendo citados na actualidade.

FRIDA KAHLO
(1907- 1954)

Pintora mexicana (Coyoacán, 1907-Ciudad de
México,1954). Comezou estudos de medicina, que tivo que
abandonar tras un accidente que a deixou inválida (1925), Kahlo,
admirada por Picasso, Breton e Trotski, entre outros, utilizou a
pintura como un medio de explorar a realidade do seu propio
corpo mutilado e seu mundo interior. As súas pinturas
caracterizáronse por elementos expresionistas e surrealistas
cunha temática folclórica, popular e autobiográfica. A violencia
erótica, predominante na obra dos artistas surrealistas, é un
elemento recorrente nos seus cadros sobre a maternidade: O
hospital Henry Ford (1932). En A columna truncada (1944) fixo
uso do espello para afirmar a dualidade vital de ser unha mesma
observada e observadora. Kahlo, que mantivo unha relación
tormentosa co seu marido, o pintor Diego Rivera, co que casou
dúas veces, foi redescuberta nos últimos anos e convertida nun
mito contemporáneo, non só por súa produción artística, de gran
orixinalidade, senón tamén por posuír unha personalidade
altamente carismática e por ter sido víctima dunha serie de
circunstancias morbosas que marcaron a súa vida. Hospedou na
súa casa ao axente stalinista Ramón Mercader sen sospeitar que
traía a misión de asasinar ao seu íntimo amigo Trotski. Entre as
súas obras destacan As dúas Fridas (1939) e Autorretrato(1945).

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas