Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Vaticano

9/3/09

Vaticano


Máis alá da pílula anticonceptiva, da incorporación laboral ou o acceso á educación, para a revista do Vaticano, Osservatore Romano, a verdadeira artífice da emancipación feminina é a lavadora. Así o asegura nunha reportaxe titulada "A lavadora e a liberación da muller. Pon o deterxente, pecha a tapa e reláxate", publicada con motivo da celebración do oito de marzo.Na información, elaborada por unha muller (Giulia Galeotti) pregúntase: "no século XX, que foi o que tivo máis influencia na emancipación das mulleres occidentais?" E contesta: "o debate segue aberto. Algúns din que a pílula, outros a liberalización do aborto, ou mesmo traballar fora do fogar. Non obstante, outros van aínda máis lonxe e propoñen: a lavadora", asegura. A seguir, repasa a historia deste electrodoméstico, comezando cun modelo de 1767 en Alemaña e rematando nas lavanderías actuais, onde "unha muller pode tomar o café coas súas amigas mentres o tambor dá voltas".

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas