Blog da Biblioteca do IES de Curtis: O libro en Internet

23/4/09

O libro en Internet


Este martes 21 de abril abriu oficialmente a Biblioteca Dixital Mundial (WDL), unha iniciativa impulsada pola Unesco para acceder de balde, a través da internet, a fondos de grandes bibliotecas do mundo en diversos idiomas.
Xa existe dende hai algúns meses a biblioteca europea Europeana, máis centrada na cultura do continente.
En galego temos a Biblioteca Virtual Galega, impulsada pola Deputación da Coruña e pola UDC. Tamén están dispoñíbeis obras da literatura universal traducidas ao galego en Bivir.com, creada pola Asociación de Tradutores Galegos.
Outra importante fonte de contidos é Archive.org, onde tamén hai dispoñíbeis todo tipo de documentos multimedia e versións gardadas de moitas webs da internet co aspecto que tiñan hai máis dun ano.
Na internet é posíbel acceder a moitas tendas de libros electrónicos, que se poden ler no ordenador ou en lectores de e-books. Dende elas pódense mercar versións dixitais das últimas publicacións e tamén de material clásico. Porén, existen fontes para acceder de balde a obras liberadas de dereitos de autor, como o Proxecto Gutenberg.
Por último, podemos subliñar o labor de Google, que está a dixitalizar libros de todo o mundo. Pódense acceder a estas obras dende o seu buscador de libros, que ofrece versións completas ou parciais daquelas obras protexidas con dereitos de autor, aos que tamén se lles dedica a data que se conmemora este 23 de abril.

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas