Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Eliacer Cansino: VI Premio Anaya de Literatura Xuvenil

2/4/09

Eliacer Cansino: VI Premio Anaya de Literatura Xuvenil

Unha novela xuvenil para todos os públicos. Así definiu Eliacer Cansino (Sevilla, 1954) "Una habitación en Babel", o libro que lle valeu o VI Premio Anaya de Literatura Xuvenil. O autor de "El misterio Velázquez", entre unha ducia de títulos máis, achégase nesta ocasión ao universo da inmigración e ao dos mozos con esta novela que se impuxo a un centenar de propostas chegadas de España e Latinoamérica. No seu relato hai "inmigración, pobreza, vileza, desasosego, inxustiza e indixencia" e "un afán por responder á cuestións éticas da vida", realidades que poñen de manifesto que, para este autor, "o xénero xuvenil non ten que ser ñoño" e moito menos "edulcorado". De feito, Cansino renega da etiqueta de novela xuvenil como xénero menor: "Pode ser lida por todos os públicos, igual que Robinson Crusoe non é unha novela para adolescentes por moito que se considerase así co paso do tempo".
O protagonista de "Una habitación en Babel" é un profesor de Filosofía, igual que Cansino, que chega a un instituto de Secundaria en Alfarache, "unha copia de San Juan de Aznalfarache", unha das poboacións do cinto metropolitano de Sevilla con maior porcentaxe de poboación inmigrante. Ángel, como se chama o protagonista, decide instalarse na zona onde viven os seus alumnos máis necesitados, unha torre de pisos. Babel, como o chama na novela, é un edificio "tumultuoso, cheo de vida e problemas" no que conviven a partes iguais "a conquista dos grandes desexos coa frustración por non os lograr".

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas