
O 3 de abril de 1959 publicouse en Bos Aires A Esmorga; foi na Editorial Citania, grazas ao impulso de Luís Seoane, que tamén ilustrou esta primeira edición da novela. As aventuras do Bocas, Cibrán e o Milhomes sorprenderon pola súa estrutura, e converteron A Esmorga, aínda hoxe, nunha das grandes obras da literatura galega de todos os tempos.No Concello de Ourense é posible facer un percorrido polo roteiro de A esmorga. O roteiro discorre polos principais enclaves da cidade que aparecen no libro de Blanco Amor e foi creado hai anos polo Clube Alexandre Bóveda.
No hay comentarios:
Publicar un comentario