Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Lendo /Lido

6/4/09

Lendo /Lido


Corredores de sombra fala dun esqueleto descuberto nunhas obras de restauración do pazo pertecente á familia da narradora. E ainda que o final adiviñase sen problemas deseguida, a lectura é agradable e manten o interés hasta o final .Ten un desenvolvemento perfecto, silandeiro, coma as tardes que pasa a protagonista no seu mirador, en silencio, lendo. Case semella que estamos vivindo todo canda ela.Agustin Fernandez Paz fai sempre unhas personaxes estupendas. Ainda que os seus libros son curtos, sabe que rasgo de identidade dar a coñecer en cada intre para que asi nós sexamos os que adiviñemos o resto. Igualiño que coma cando se coñece a alguen.Isto provoca que cando rematamos o libro, os botemos a faltar.E bueno, este libro cumple con todo iso, claro. Ademais de tratar os segredos de familia, o madurar dunha rapaza, as vidas nos pobos, a Guerra Civil, as tradicións…

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas