Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Portal Pórtico

20/4/09

Portal Pórtico







As bibliotecas das tres universidades galegas, en colaboración co Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia (Bugalicia), veñen de lanzar un portal unificado de busca e procura de información en liña que permite acceder a tódolos seus recursos directamente dende a Rede e que contribúe favorablemente á mellora das condicións de estudo e traballo dos nosos universitarios e universitarias, en tódalas actividades científicas, docentes e de formación que precisen levar a cabo.A plataforma Pórtico, que así se fai chamar a ferramenta, inclúe un metabuscador que permite organizar, diseminar, recuperar e acceder á información académica “nun ambiente heteroxéneo” de revistas, bases de datos electrónicas, libros, catálogos bibliográficos, teses, patentes, normas, enciclopedias e outros recursos dispostos na Rede, de xeito doado e rápido.A través de Pórtico, os usuarios poden coñecer os recursos dispoñibles na súa área de coñecemento e lanzar sobre eles consultas simultáneas, o que permite un primeiro achegamento ao seu principal tema de interese, máis en ningún caso substitúe as amplas funcionalidades de busca que ofrecen os portais e bases de datos na súa interfaz orixinal.Asemade, a través deste motor de búsqueda, os usuarios e usuarias poden acceder a outros servizos adicionais integrados na plataforma como son o xestor de ligazóns SFX, que xera dinámicamente ligazóns entre os compoñentes da biblioteca dixital e permite incluso obter o texto completo, sempre que este estea dispoñible en liña. No caso de que sexa do seu interese, o usuario ou usuaria pode solicitar o exemplar a través do servizo de empréstito interbibliotecario tradicional.Porén a principal vantaxe de Pórtico é que permite acceder dentro dun mesmo menú a servizos que antes estaban dispostos en distintas webs, facilitando así o labor de todas as persoas usuarias das bibliotecas universitarias galeg

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas