Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Indo a máis na lectura

19/5/09

Indo a máis na lectura





Moitos lectores e lectoras en Galicia teñen dificultades para se desprazaren a miúdo á biblioteca, e moitos outros non contan cun clube de lectura máis ou menos próximo. Para paliar estes atrancos a rede ofrece boas opcións, como saben xa os integrantes do Club Virtual de Lectura do sistema de bibliotecas municipais da Coruña. Todos os usuarios e usuarias deste clube escollen os libros, seguen as actividades e comparten as súas análises e comentarios a través do blog do club virtual, grazas ao cal non lles é preciso xuntarse fisicamente. Só deben achegarse á súa biblioteca para solicitar un exemplar do libro escollido para a lectura colectiva.

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas