Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Máis premios

10/5/09

Máis premios

A Asociación de Escritores en Lingua Galega celebrou este sábado a Cea das Letras, un dos actos máis importantes da organización, na que deu a coñecer e entregou os premios ás mellores obras publicadas no ano 2008.Da suma de votos emitidos nunha primeira quenda polas persoas asociadas á AELG, coa participación de Gálix para escoller a mellor obra de literatura infantil e xuvenil e do Colexio de Xornalistas para o de mellor traxectoria xornalística, elaborouse unha listaxe de obras finalistas, sobre a que se elixiron as seguintes gañadoras:
Ensaio: Miguel Anxo Murado, pola súa obra Fin de século en Palestina (Galaxia)
Literatura Infantil e Xuvenil: Xavier P. DoCampo, pola súa obra O libro das viaxes imaxinarias (Edicións Xerais de Galicia)
Poesía: Xulio L. Valcárcel, pola súa obra A melancolía dos corpos (Ediciones de la Sociedad de Cultura Valle-Inclán)
Narrativa: Inma López Silva, pola súa obra Memoria de cidades sen luz (Galaxia)
Tradución: Gonzalo Navaza, pola tradución da obra As flores do mal, de Charles Baudelaire (Galaxia)
Teatro: Teresa Moure, pola súa obra Unha primavera para Aldara (Deputación Provincial de A Coruña)
Mellor traxectoria xornalística: Ana Romaní
Blog Literario: Marcos Valcárcel, polo seu blog As uvas na solaina
Institucións: Sección de Literatura do Liceo de Ourense
Escritora Galega Universal: Elena Poniatowska

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas