Blog da Biblioteca do IES de Curtis: A MIÑA CLASE LLAMASE MANUEL ANTONIO PÉREZ SÁNCHEZ

15/5/09

A MIÑA CLASE LLAMASE MANUEL ANTONIO PÉREZ SÁNCHEZ




A clase de terceiro eso C ten o nome de MANUEL ANTONIO PÉREZ SÁNCHEZ e ao lado da porta da clase atópase un cuadro coa sua historia. O seu día das letras galegas foi no ano 1979 pola sua figura e obra. Destaca polos seus comentarios literarios. De neno viveu en Padrón coa sua avoa. Os 13 anos comeza os seus estudos en Santiago. No 1920intenta alistarse no exército francés, plan que fracasa por ser preso no Irún. Mentres, esta temporada, escribe poemas. A partir do ano 1926 e ata a sua morte, realiza constantes viaxes como mariño mercante. En 1929 a sua saúde agrávase e dende Cádiz cidade na que desembarcara do seu último viaxe, retírase a sua casa de Asados(Rianxo) onde morre de tuberculosis o 28 de Xaneiro de 1930.
Todo está lonxe de nós. Todo
nos pode ser alleo se non
abrimos os ollos á vida
e ao amor. Somos o mesmo
que un castelo sen portas
nin xanelas: podemos podrecer
e perecer roídos pola couza.
Abonda tan só abrir un oco
para que o ar e a luz
entren en nós. E nos posúan.

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas