Blog da Biblioteca do IES de Curtis: O IES DE CURTIS ACUDIU Á NOVENA EDICIÓN DO CORRELINGUA

22/5/09

O IES DE CURTIS ACUDIU Á NOVENA EDICIÓN DO CORRELINGUA






A última cita desta novena edición do 'Correlingua' tivo lugar na cidade da Coruña onde 5.500 escolares fixeron un percorrido reivindicativo que partiu da Torre de Hércules e recorreu lugares tan emblemáticos da cidade como a Praza de María Pita. Foron os Xardíns de Méndez Núñez onde concluíu a festa e onde estudantes de Laracha leron o manifesto que reclama unha maior atención e respecto cara o galego no ámbito escolar.

Unha significativa representación do alumnado dos diferentes niveis educativos do noso IES acudiu o pasado venres a esta actividade, en apoio ao uso do galego.

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas