Blog da Biblioteca do IES de Curtis: As linguas suman

22/6/09

As linguas suman

O galego serve para entendernos
José Manuel Atanes Limia

Puxémoslle nome ás persoas: Suso, Maruxa,... apelido: Vázquez, Nogueira, .... e alcume: o Bichoguizo, a Rachaoferro, ....Puxémoslle nome ás nosas árbores: amieiro, freixo,... e apelidos: Carballa da Rocha, Castiñeiro da Capela,...Botamos aturuxos, arroutadas,.... e damos colo, apertas, ....Puxémoslle nome ás froitas: pexego, mazá, ....Aos arbustos: silva, xesta, ....Ás nosas herbas: camariña, herba de namorar, ...Ás comidas: grelos, cacheira, .....Puxémoslle nome aos insectos: vagalume, escornabois, ......Aos peixes: xouba, ollomol , .... e aos mariscos: vieira, zamburiña,....Ás nosas praias: de Rodas, A Rapadoira, ....Ás serras: O Larouco, A Capelada, ...Aos montes: A Zapateira, O Galiñeiro, ...As rochas: Pena Corneira, A Pedra de Avalar, ...Aos ríos: Toxa, Xallas,..Aos pobos: Soutelo, Peroxa, ....Aos males: Mal de Ollo, O Arangaño,...Aos nosos medos: A Santa Compaña, O Negro Meigallo,...Aos nosos heroes: O Foucellas, Roi Xordo,..Aos monstros: Sacauntos, Fendetestas, ...As vacas: Marela, Xeitosa, ....Aos disfraces: Peliqueiro, Boteiro, ..Aos sentimentos: morriña, agarimo, ...Aos santos: A Franqueira, O Corpiño, ..Ás nosas festas: A Rapa das Bestas, O Magosto, ...Á musica: os alalás, a chouteira, .......Aos xogos: a billarda, a porca, ......Ás partes do corpo: as costas, os xeonllos, ..Aos paxaros: paporrubio, rula,...Ao vestido: saia, polaina,.......e agora veñen que para que serve o galego, pois e obvio, para entendernos.
http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009062100_20_340466__Cartas-galego-serve-para-entendernos







No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas