Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Francisco Castro en procura da vida real

1/6/09

Francisco Castro en procura da vida real



O novo libro de Francisco Castro, Chamádeme Simbad, aborda a enfermidade, a morte e o Alzheimer . A obra é “unha denuncia da hipocrisía dos adultos, en contraste coa mirada limpa dun neno" . Noutras dúas obras súas aborda a violencia neonazi ( Un bosque cheo de faias ) e as catástrofes ecolóxicas ( O ceo dos afogados ), nesta última destaca unha escena - o ataque dunha manda entolecida de golfinos sobre un mergullador ao que esnaquizan
Francisco Castro opina que hai un exceso de "boísmo" e do "politicamente correcto" en moitos dos libros que se escriben, e, sobre todo, que se prescriben nos centros de ensino.

Cree o autor que na literatura actual esquécese que, noutros tempos, nos libros para a mocidade había morte, e ogros, e bruxas que mataban por ciumes, e traizóns, e sangue. É dicir, que atopábamos neles a vida real.
Dous, son para Castro os tabús fundamentais da literatura galega; a sexualidade, sobre todo, a feminina, e a política, na que os conflitos non se tratan con naturalidade".

"existe acoso escolar entre os rapaces e existe indiferenza cara os marxinados, pero, ao ler moitas novelas, semella que están tolos por entrar en onegués".

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas