Blog da Biblioteca do IES de Curtis: O Xerais de novela e o de literatura xuvenil para Rosa

7/6/09

O Xerais de novela e o de literatura xuvenil para Rosa

En 1999 Rosa Aneiros publica Eu de maior quero ser, novela na que debullaba as arelas dun grupo de universitarios composteláns a piques de pasar da idade moza á adulta. Desde esta súa primeira obra ata agora, transcurriron dez anos nos que a xornalista Rosa Aneiros tense convertido nunha das escritoras máis premiadas e de verba máis refinada da literatura galega.
Dende que o Premio Xerais ten diferentes categorías nunca sucedera que un autor gañase en máis dunha. Rosa Aneiros fíxose onte con dous premios na illa de San Simón, onde se fallaron as tres categorías dos galardóns que promove Edicións Xerais de Galicia. A escritora gañou o premio de novela e máis o de literatura xuvenil.
Dúas novelas mui diferentes ; En Ás de bolboreta. A historia acontece nunha mañá nunha cafetería na que se cruzan historias que abordan moitos problemas dos nosos días como a violencia de xénero, o terrorismo, a soidade dos vellos, as adopcións internacionais ou a inmigración. En Sol de Inverno Aneiros retrata a vida dunha nena que foxe da crueldade da guerra do 36 para vivir acontecementos mundiais como a revolución cubana ou o maio do 68 en París, nunha historia de exilio na que aparecen tamén Castelao, Carmen Muñoz, Rafael Dieste ou o espíritu de Silvia Mistral. Rosa aclara que Sol de inverno non é unha novela histórica sinon unha obra que fala da recuperación dos paraisos perdidos.
Noticia ; El país http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Rosa/Aneiros/gana/Xerais/obra/exilios/elpepiautgal/20090607elpgal_10/Tes
Noticia ; Xornal
http://www.xornal.com/artigo/2009/06/06/cultura/rosa-aneiros-gana-xerais-novela-literatura-xuvenil/2009060623395375491.html

1 comentario:

Curtisbiblio dijo...

O discurso de Agustín
http://bretemas.blogaliza.org/files/2009/06/discurso_agustin_-2009.pdf

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas