Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Sergio Ares ; Polos fillos dos fillos

13/6/09

Sergio Ares ; Polos fillos dos fillos

Este libro suscitou o meu interese a raíz dunha noticia que falaba de que o xuíz Baltsasar Garzón daba a súa autorización para levantar os cadáveres que se atopaban en fosas comúns de persoas que foran asasinadas en circunstancias ... durante o réxime franquista. O comentario de miña nai, que escoitar falar a seu avó sobre algo diso sucedido cerca da aldea de meus avós e unha pedra recordando aos asasinados que vin un día o ir de romaría á citada aldea aumentaron a miña curiosidade sobre o tema. Unha amiga de miña nai comentoulle que lera un libro sobre estes sucesos. A lectura deste libro levoume a entender algo da situación naquela época, como que era ser “roxo”, que era a Falanxe, o que significaba o verbo “pasear” (asasinar), expresións como “dar café” (asasinar á alba) asasinar á alba, un toque de queda, etc.
O libro de Xosé Manuel Sarille narra o asedio que viviu Montecubeiro, unha aldea do concello de Castroverde (situada na montaña lucense) por persoas afíns o réxime
Dicían que a aldea era un niño de víboras porque había familias con ideas republicanas. Pero cebáronse non só con estas , senón tamén con persoas humildes que non tomaban parte parte na política da época e que atendían os seus labores como calquera labrego hoxe, só que pasando moitos máis traballos.
O fenómeno da emigración estivo moi presente nesta época en toda Galicia, pero na
aldea de Montecubeiro non só marcharon pola escaseza senón fuxindo do terror que se instalara na aldea.
A historia comeza cando ns Gardas Civis se enfrontan a unha partida de guerrilleiros nun concello limítrofe; foron detidos e algún confesou que en Montecubeiro había outros tantos. Os gardas civís presentáronse na aldea indo a procura deles. Cando un deles tentaba fuxir disparóuselle a escopeta, e produciuse un enfrontamento cos gardas no que morreu un deles e outro resultou ferido. Dende aquela a paz na aldea acabouse.
Había unha listaxe na alcaldía dunhas sesenta e cinco persoas. O párroco de Montecubeiro colaborou na elaboración. Posteriormente engadíronse vinte e cinco nomes máis. Os falanxistas e os cregos participaron na escolla macabra.
O libro conta algúns destes casos, destas vidas marcadas pola intolerancia e o fanatismo. Para min esta obra faite reflexionar sobre a inxustiza, a liberdade , a España dividida, a miseria que se viviu na posguerra, etc. É, sen dúbida, unha parte da nosa historia que debemos coñecer e que non debemos esquecer.
Sergio Ares 4º ESO A

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas