Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Libros para o verán

29/7/09

Libros para o verán


Quen son de verdade Dedo Polvoriento, Capricornio ou Lengua de Brujo ? Saberao Meggie polas respostas que atope nun vello pobo das montañas de Liguria... e tamén nun libro. Cando Mo, o pai de Meggie, saúda a un estraño visitante que aparece na súa casa, a nena sente que daquela persoa emana un perigo, quizá unha gran ameaza contra o seu pai... e entón foxen ao sur, á casa de tía Elinor, propietaria dunha das máis fascinantes bibliotecas que un poida imaxinar. Meggie descubrirá que os forasteros que misteriosamente aparecen e desaparecen, como aquel visitante nocturno, chaman ao seu pai Lengua de Brujo, xa que ten o don de dar vida aos personaxes dos libros cando le en voz alta.
A autora é Cornelia Funke , a novela está emparentada con A Historia Interminábel de Michael Ende e con O País dos Risos de Jonathan Carroll, é unha homenaxe á literatura, á fantasía, unha novela dentro doutra novela.Quizais a trama é inxenua, sinxela, previsible ,ás veces repetitiva.
O libro comeza cada capítulo con citas de obras clásicas infantís e xuvenís, que sempre están relacionadas co que sucede.

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas