Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Xogo e placer para un lector cómplice e esixente

22/7/09

Xogo e placer para un lector cómplice e esixente



Los demonios del lugar é un conxunto de relatos sobre situacións extremas, inquietantes ou pavorosas, unha reflexión sobre o mal. Son 49 relatos moi breves -entre unha e tres páxinas a maioría, a cohesión temática entre eles é seu argumento fantástico.

Nos relatos atopamos as resonancias de Poe, Kafka, Borges, Cortázar..., atopamos o horror psicolóxico, o oriental, o macabro, o metafísico, o erótico, o sobrenatural,o cósmico, o infantil, o bélico, o onírico, o humorístico, etc.

Con unha prosa densa, poética e plástica , unha escritura espléndida, plagada de imaxes de atinado impacto visual, adxetivacions que se suceden nunha cadea con disposición milimétrica na que pouco ou nada sobra.A utilización do adjetivo exacto acompaña o emprego do sustantivo preciso, da frase sinuosa, fermpsa, curta e contundente.

Ángel Olgoso é un creador de climas, e á vez ,un buscador do tesouro precioso das palabras, un constructor da linguaxe.

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas