- Agarda! Estás ferido!- hai sangue na perneira de Read.
- Non. Non te preocupes, será doutro- acontece a miúdo. O sangue mistúrase sin dono pola roupa toda. E as feridas deitan o seu canda as hai
http://pirata.blogaliza.org/2009/06/17/as-minas-mans/#comments
Páxinas
"Non hai ningunha lectura perigosa. O mal non entra nunca pola intelixencia cando o corazón está san"
Jacinto Benavente
Jacinto Benavente
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas
4 comentarios:
Baixa os pantalons cheos de sangue. Quita os calzons e a tea engurrada que xa non é capaz de chuchar máis nada. Ve o regueiro de sangue á correrlle pola perna. Ao seu caron un caldeiro con auga. Está xeada pero non queda máis remedio, e Mark bota a auga por riba que lle encolle ata o corazón. Vaise limpando como pode.Sente ainda máis forte as cambras, pero a dor é algo a que está afeita. Nota o frio mortal da auga. Ese pano ensanguentado xa non vale para nada. Tirao como outras veces onde o refugallo do hospital de campaña, faran lume con él. Aquí outra cousa non haberá pero sangue a esgalla
Mark Read colle o pano seco que leva atado ao brazo e axéitao nos calzons longos que leva de recambio no seu faro. Ten que poñer unha corda ao redor da cintura para enganchar o pano, claro que a corda, como pasou na batalla, non sempre é fiable e o pano acábase desenganchando e desaparecendo no fondo dos calzons.
Mary Read,xunto con Anne Bonny foron as dúas mulleres piratas máis famosas do século XVIII, aínda que non foron as únicas da historia. Había tamén a irlandesa Grace Ou'Malley, chamada "Graine Mhaol" debido ao seu pelo curto; Ching Shih, a raíña dos piratas chineses que tomou o control da enorme flota pirata do seu último marido cando o mataron nun tifón en 1807; Charlotte De Berry de Inglaterra; Fanny Campbell de Massachusetts; e a despiadada Ann Mills.
http://www.redcaribe.com/literatura/depiratasycorsarios/MujeresPiratas/MaryRead.asp
Publicar un comentario