Blog da Biblioteca do IES de Curtis: "El tambor de hojalata" , a primeira novela de Günter Grass, cumpre cincuenta anos

14/9/09

"El tambor de hojalata" , a primeira novela de Günter Grass, cumpre cincuenta anos



"El tambor de hojalata" -a primeira novela de Günter Grass que, para moitos, cambio o rumbo da literatura alemá da postguerra- cumpre o seu cincuentenario.

A novela xerou, dende o comezo, unha discusión como ningunha outra obra da literatura alemá en toda a historia da postguerra.

Aínda antes da súa publicación, cando leu algúns apartes do manuscrito nun congreso do célebre Grupo do 47, a obra foi recibida con entusiasmo por parte do mundo literario.Non obstante, no medio do ambiente pudibundo dos anos cincuenta alemáns houbo reaccións negativas, Grass foi acusado entre outras cousas de pornógrafo e de blasfemo por algunhas escenas do libro que sen dúbida rompían moitos tabús da época.

Do outro lado de Alemaña, o presidente da Unión de Escritores da extinta República Demócrata Alemá (RDA), Hermann Kant -que despois se arrepentiría do dito- acusou a Grass de ter unha insá preferencia polas anormalidades.

En 1979, Volker Schlöndlorff dirixiu unha película co mesmo título baseada na novela, gañadora da Palma de Ouro do Festival de Cannes e do Óscar á mellor película de fala non inglesa dese mesmo ano.

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas