Blog da Biblioteca do IES de Curtis: TIM ROBBINS PRESENTA A SÚA VERSIÓN TEATRAL DE 1984

30/9/09

TIM ROBBINS PRESENTA A SÚA VERSIÓN TEATRAL DE 1984


O actor e director norteamericano Tim Robbins leva a Barcelona a adaptación teatral que a súa compañía, actor 's Gang, fixo de 1984, o clásico no que o escritor George Orwell denunciaba os mecanismos controladores dos gobernos totalitarios.
Unha montaxe que a xeito de thriller psicolóxico pon en tea de xuízo os imperativos categóricos das sociedades modernas.

Tim Robbins volve empregarse detrás da escena para abordar os perigos da videovixilancia, a censura e a manipulación cunha proposta hiperrealista, e en versión orixinal, que ha de lerse entre liñas.

En rolda de prensa, Robbins asegurou hoxe que se perdeu a crenza de que a privacidade é íntima, e criticou o "case exhibicionismo" que profesan os mozos que pousan nus nas fotos que colgan "para sempre" en Internet. "Parece que estamos encantados de ver persoas humilladas, sen privacidade,", engadiu, tamén en alusión a programas como Grande Irmán.

Tim Robbins seguirá afondando así na súa faceta de director, tras protagonizar decenas de películas, entre elas Mystic River, pola que gañou o Oscar ao mellor actor de reparto e La vida secreta de las palabras de Isabel Coixet.

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas