Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Dos puntos de vista

2/10/09

Dos puntos de vista


Ésta, con Olga

http://www.youtube.com/watch?v=wPJlBxkWuj4

Y ésta, con Marta
http://www.youtube.com/watch?v=sodOWNlvq3o

La original; Doña Concha

http://www.youtube.com/watch?v=Y_VqHglTRkk

A poesía leva por estraños camiños, e non sei ben como cheguei a esta canción a partir da lectura deste poema de Marta Dacosta, hoxe, no seu blog.


Tamén eu de ollos verdes prendidos
ignorando a vertixe da fervenza
e a certidume dos pozos
(inmensos pegos)
andei o camiño de leite que Lúa deu
e convertinme para sempre en afogada,
tamén eu,
que coñecía as lendas e os perigos

tamén eu andei na Poza Maior
e aínda que os meus cabelos non eran negros
quixen o corpo esvelto
que Lúa levou sen présa
ao fondo da poza
ao silencio definitivo da auga

a illa estaba
do outro lado da noite

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas