Iste vaise, aquel vaise e..
09:43 13/10/2009
Este verán lin no blog CROQUES —é onde me informo do que pasa na Galiza— que don Alfredo Conde fóisenos, por fin, para o castelán, farto de tanta incomprensión. Semella ser o camiño inevitable das grandes plumas. Antes ca el xa o fixeron Rivas, De Toro, Caneiro, Michel Salgado e un tal Cunqueiro. E digo por fin, porque don Alfredo xa non é un rapaz e leva xa contribuído abondo á literatura galega.
Se eu levara no sangue o vicio da escrita, seguramente tamén me iría cara o castelán ou cara o francés ou cara o inglés. Pero fraquéame a determinación, xa que tanto quero un día ser escritor, coma o día seguinte físico nuclear e o outro mais, ciclista de podio no Tour. O mercado galego é o que é, e por riba, case hai tantos escritores coma lectores. E como as tiradas son cativas, ós escritores só lles queda pelexar a dentadas por uns premios literarios que xamais te van sacar do traballo do que vives.Neste asunto enfróntanse o compromiso co idioma e a vocación da escrita, dúas forzas que poden seren compatibles ou non dependendo de cal estea por riba. Se un ghicho nacido nas beiras do Arnego leva na alma o bicho da tauromaquia, seguramente non lle abondaría con amosar a súa arte na Praza de Pontevedra, só unha vez cada ano, e así un ano tras outro. Poida que rematase marchando na procura dos cartaces das Ventas, da Maestranza ou do Relicario de Puebla. Penso que o comprenderiamos, aínda que nos doera. E así comprendo eu a don Alfredo.O que xa entendo menos é o artigo co que comezou a súa nova andaina cervantina. Cando un se vai, pois vaise e xa. Non se pon un da outra beira do río laiándose do mal que o trataron os de enfronte. Non é nada elegante e non cadra coa aseada fasquía do señor Conde. Ninguén cruza o río sen mais nin mais, así ás tolas; e todos os que o fan han ter mil e unha razóns para facelo. Mais non é de cabaleiros falarlle mal da “ex” á nova parella. Nin é prudente, xa que esta pode pensar que viñeches a ela por despeito e non por puro amor e desenfreo.
http://www.vieiros.com/opinions/opinion/991/iste-vaise-aquel-vaise-e

No hay comentarios:
Publicar un comentario